Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural Ergueitas
Convocado o XV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño 2015
Sarria: entrega do XIV Premio Fiz Vergara Vilariño a Marcos Abalde
Santalla de Lóuzara: Lampíricos [Pola fronteira], por Antón Lopo
Sarria: presentación de A distancia do tambor, de Eva Veiga
Lóuzara: Roteiro Fiz Vergara Vilariño 2014, o domingo 8 de xuño
Marcos Abalde gaña o XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, con Oenach
“En
Sarria a 10 de maio de 2014.
Reuniuse o xuri do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, composto por Cristina Ferreiro, Xavier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo, actuando con voz e sen voto como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar.
Logo dunha intensa deliberación motivada pola cantidade e calidade dos poemarios presentados, o ditame final realizouse sobre dúas obras. A que acordamos por unanimidade é a gañadora desta edición do Fiz Vergara Vilariño, presentada baixo o lema Oenach e seudónimo Humus é a presentada baixo o lema Chegaron os xinetes das primeiras xeadas, da que aconsellamos a súa publicación.
Na obra gañadora, Oenach, destacamos a súa boa construción e alento poético, as recurrencias míticas e a denuncia da ignominia: Ceuta, Lampedusa, Tijuana, Guernika, San Simón… Hai neste libro unha feliz adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega. Hai poesía e hai terra.
Aberta a plica en acto público ás 13:30 horas a obra presentada baixo o lema Oenach resultou ser da autoría de Marcos Abalde Covelo.”
Mañá sábado coñecerase a obra gañadora do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño
O
sábado 10 de maio reúnese o xuri do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, formado por Cristina Ferreiro, Xavier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo, actuando como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar, ambos os dous con voz e sen voto.
A plica da obra gañadora abrirase ás 13:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Sárria e nese momento coñecerase quen é a persoa gañadora desta 14ª edición do Premio.






