Arquivos da etiqueta: Bernardo Penabade
Foz: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 23 de agosto
O 23 de agosto continúa a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 18:00 h. Concerto-presentación de Canta miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
– 20:15 h. Presentación de O paraugas na raiola, de Paco Rivas, publicado por Baía Edicións. Con Bernardo Penabade e Belén López.
– 21:00 h. Presentación de Ficar, de Cristina Corral Soilán, publicado por Urutau. Acompañamento musical de Felipe Sánchez.
Viveiro: actividades destacadas na Feira do Libro 2019 para o 16 de agosto
O 16 de agosto continúa a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, de 12:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Contada de contos a cargo de Anxo Moure co proxecto Cuco. Contos para coidar a Terra.
– 20:00 h. Presentación cruzada de Remexido de patacas, de Eli Ríos e As fauces feroces de Emma Pedreira, publicados por Baía Edicións. Con Belén López, da editora.
– 20:45 h. Presentación de O paraugas na raiola, de Paco Rivas, publicado por Baía. Con Bernardo Penabade e Belén López.
Burela: presentación de O misterio do torque de Burela, de Antía Yáñez
Adolfo Caamaño faise co I Premio de novela Vilar Ponte
Desde Cultura Galega:
“O xurado da primeira edición do Premio de Novela Vilar Ponte, seleccionou esta fin de semana a Adolfo Caamaño Vázquez (Barro, 1959) como gañador deste certame que convoca o Concello de Viveiro. Da súa novela Matar o heroe destacou a “súa solidez narrativa, tanto da estrutura como da ambientación espacial cronolóxica e dos personaxes”, así como o seu “contido universalista” e “a defensa do pacifismo e a non violencia, en consonancia cos valores cívico-sociais defendidos polos irmáns Vilar Ponte na súa traxectoria vital”. Caamaño leva un premio en metálico de 4.000 euros, mentres Rocío Leira Castro obtivo os mil euros do segundo posto coa súa obra Veleno en familia.
O xurado estivo formado polo cronista oficial do municipio, Carlos Nuevo Cal, o profesor de lingua e literatura Bernardo Penabade Rey, e a xornalista Alba Porral Quintillán. A entrega dos galardóns realizouse o 30 de novembro no Teatro Pastor Díaz.”
Bases do I Premio de novela Vilar Ponte
O Valadouro: presentación de A raíña das velutinas, de Lionel Rexes
Foz: presentación de Mar…usía. Relatos salpresados, de Paco Rivas
Burela: presentación de A candidata, de Miguel Sande
Burela: actos destacados na Feira do Libro para o venres 26
O venres 26 de agosto comeza a Feira do Libro de Burela, que terá lugar na Praza da Mariña, con horarios de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para hoxe:
– 18:30 h. Presentación de Lourenço, Xograr, de Manuel Portas, publicado por Galaxia. Estará acompañado por Bernardo Penabade.
– 20:15 h. Presentación de Peixes e mariscos, de Benigno Campos, publicado por Galaxia, acompañado por Xulio Amigo.