O xoves 24 de xaneiro, ás 20:15 horas, na Librería Biblos (Rúa Salvador de Madariaga, 1, local 4) de Lugo, preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Carmen Blanco e Fran Alonso, co acompañamento musical de Carlos Arias.
Arquivos da etiqueta: Carmen Blanco
Santiago: homenaxe a Isaac Díaz Pardo
Desde Praza:
“En 1954 Lorenzo Varela, grande amigo de Isaac Díaz Pardo e homenaxeado nas Letras Galegas de 2005, publicou un poema no seu libro Lonxe titulado Compañeiros da miña xeneración mortos ou asasinados. Nel, Varela escribe que “gardo, coma un morto, no centro do silenzo, da sede, da agonía, o día que vos poda levar á sepultura unha cesta de pombas e mazás”.
Iso é o que un grupo de amigos e admiradores de Isaac queren facer este sábado 5 de xaneiro a partir das 12:30 h. do mediodía no cemiterio compostelán de Boisaca, onde Díaz Pardo foi soterrado hai agora un ano. O acto cívico, organizado pola Academia Real Isaac Díaz Pardo, contará coa participación de poetas, escritores e outras figuras destacadas, unidas pola estreita relación que tiñan co intelectual. Falarán Carmen Blanco, David Otero, Laura Pérez Landeira, Luz Pozo, Julián Rodríguez, Claudio Rodríguez Fer, Helena Villar Janeiro, Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Axeitos, Xosé María Dobarro Paz, Inma López Silva, Martiño Noriega, Charo Portela, Xesús Redondo Abuín ou Fernando Salgado. E porán a música A Quenlla, as gaitas de Manuel Castro Basteiro e Elisardo González López e os violins de Laura e Marina Quintillán.
O poema de Lorenzo Varela será recitado por Xosé Ramón Fandiño. E como afirma Xesús Alonso Montero “morrese Díaz Pardo de morte morrida ou de morte matada, Lorenzo Varela non lle furtaría o agasallo das mazás e das pombas”. E Alonso Montero conclúe “nese intre as pombas recuperarán a liberdade e as mazás, co seu recendo, traducirán , ao seu xeito, o agarimo e a admiración dos asistentes ó acto. Valle Inclán, soterrado a poucos metros, aplaudirá sen reservas a nosa admiración e o noso agarimo, que serán perpetuos”.”
Santiago: presentación da Axenda Feminista 2013: Escritoras Galegas
O venres 14 de decembro, ás 20:30 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7), en Santiago de Compostela, preséntase a Axenda Feminista 2013: Escritoras Galegas. “Libre é a miña alma, e libre é o meu pensamento…”, publicada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, e que conta con aportacións de Teresa Moure, María Xosé Queizán, Begoña Caamaño, Aurora Marco, Marilar Aleixandre, María Reimóndez, María do Cebreiro, Carmen Blanco, Marta Dacosta, Marica Campo, Begoña Paz e Eva Moreda. No acto participan Aurora Marco, Carmen Blanco e Begoña Caamaño.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colaborou na elaboración desta Axenda.
Viveiro e Ribadeo: presentacións da Axenda Feminista 2013: Escritoras Galegas
O sábado 8 de decembro, ás 12:30 horas, na Libraría Porta da Vila (Rúa Pastor Díaz, 31) de Viveiro, preséntase a Axenda Feminista 2013: Escritoras Galegas. “Libre é a miña alma, e libre é o meu pensamento…”, publicada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, e que conta con aportacións de Teresa Moure, María Xosé Queizán, Begoña Caamaño, Aurora Marco, Marilar Aleixandre, María Reimóndez, María do Cebreiro, Carmen Blanco, Marta Dacosta, Marica Campo, Begoña Paz e Eva Moreda.
O mesmo sábado, ás 20:30 horas, terá lugar a presentación na Libraría Casa das Letras (Rúa Rodríguez Murias, 8) de Ribadeo, onde participará Carmen Blanco.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colaborou na elaboración desta Axenda.
Santiago: presentación de Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
O venres 16 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda presenta o libro Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012). No acto participan cinco dos seus autores, Xosé María Álvarez Cáccamo, Carmen Blanco, Ánxeles Penas, Claudio Rodríguez Fer e Alberte Suras.
Lugo: presentación de Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
O mércores 31 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda presenta o libro Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012). No acto participan cinco dos seus autores, Carmen Blanco, Darío Xohán Cabana, Ánxeles Penas, Claudio Rodríguez Fer e Alberte Suras.
A Coruña: presentación de Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
O venres 21 de setembro, ás 20:00 horas, no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), en que participaron Isaac Alonso Estraviz, Xosé María Álvarez Cáccamo, Carmen Blanco, Vicente Araguas, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, Lois Diéguez, Xesús Rábade Paredes, Ánxeles Penas, Claudio Rodríguez Fer, Alberte Suras e Luz Pozo Garza, xunto coa colaboración gráficas de Felipe Senén. No acto, onde estarán presentes grande parte dos autores, haberá unha actuación musical de Xiana Lastra.
“As letras de primeira man”
O crítico literario Ramón Nicolás vén de abrir no seu popular blog Caderno da Crítica un espazo para a publicación de manuscritos inéditos de autores e autoras galegas. Celso Emilio Ferreiro inaugurou a sección, na que tamén se poden atopar textos de Agustín Fernández Paz, Marta Dacosta, Claudio Rodríguez Fer, Neira Vilas, Carmen Blanco ou Arturo Casas. O pasado 3 de agosto Ramón Nicolás presentaba o espazo, titulado Manuscritos, co obxectivo de “lanzar á rede todo tipo de textos -cartas, avisos, apuntamentos, capítulos, poemas, ensaios ou fragmentos de obras literarias-” para así “contribuír a visibilizar unha parte do traballo cotián” dos autores e autoras. A sección abríase cun breve texto da pluma de Celso Emilio Ferreiro: “Hoxe, máis que nunca, o poeta está obrigado a xustificarse como ser social”. Nas entregas seguintes atopámonos coa primeira páxina do borrador de Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz (o resto foille roubado en Madrid). Unha boa maneira de coñecer máis de preto o proceso creativo do premiado autor e en xeral de outourgar relevancia á palabra manuscrita e á caligrafía, nun momento no que se atopa en crise. A sección, en pouco máis de dez días, conta xa con achegas realizadas ex profeso, coma a da poeta Carmen Blanco. Tamén se poden atopar outros manuscritos, coma o facilitado por Xosé Neira Vilas, que cedeu a segunda páxina do orixinal de Aqueles anos do Moncho. Ou tamén os Haikus da aula dez de Arturo Casas: catro textos de finais dos noventa, escritos “mentres vixiaba algún exame na Facultade de Filoloxía compostelá”. (…)” Vía Praza.
Manuscritos: Carmen Blanco
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
Lugo: actos destacados do martes 15, mércores 16 e xoves 17 na Feira do Libro
Comeza a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior) con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h. As actividades máis destacadas do martes 15, mércores 16 e xoves 17 son as seguintes:
* Martes 15:
– 19:45 h. Inauguración oficial. Actuación dos alumnos de gaita e percusión de Tradescola. Pregón inaugural a cargo do escritor lucense Antonio Reigosa. Actuación dos alumnos de Tradescola.
* Mércores 16:
– 19:00 h. Valentín Paz Andrade na feira de Lugo. Lectura de textos do autor a cargo de Marina Cillero, Carmen Blanco, Amelia Balseiro e Tonina Gay, nun acto coordinado por Ángeles Fernández Maira.
* Xoves 17:
– 19:00 h. Presentación dos libros Os fillos do mar, de Pedro Feijóo e O misterioso Doutor Saa, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán, publicados por Edicións Xerais. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado.