Arquivos da etiqueta: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
Carballo: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
O
luns 13 de maio, ás 20:30 horas, no Casino de Carballo, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística de Bergantiños.
Santiago: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
Pontedeume: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
Taboleiro do libro galego (VIII), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí os libros galegos máis vendidos na última quincena segundo os datos ofrecidos por dezaseis librarías galegas: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith e Livraria Suévia. A todas elas a miña gratitude.”
NARRATIVA
1º-. As crónicas de Bran, de Xosé Duncan. Contos estraños.
2º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
3º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.
4º-. A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa, Edicións Xerais.
5º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais.
6º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.
POESÍA
1º-. Cantares gallegos, Rosalía de Castro, Edicións Xerais (ed. Anxo Angueira).
2º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
3º-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
2º-. Obras completas I e II, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
3º-. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Edicións Xerais.
4º-. Un chapeu negro e un nariz de pallaso, Montse Pena e Gonzalo Enríquez, Galaxia.
5º-. Tastarabás, de Antón Cortizas, Edicións Xerais.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, Galaxia.
2º-. A nena á que non deixaban ser feliz, Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, A porta verde.
3º-. O corazón de Xúpiter, Ledicia Costas, Edicións Xerais.
4º-. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Galaxia.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
2º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
3º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
4º-. Man, o alemán de Camelle, Beatriz Maceda e Laura Veleiro, Galebook.
5º-. Rosa Caramelo, Adela Turín, Kalandraka.
BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Marcopola, Jacobo Fernández Serrano, Edicións Xerais.
3º-. O pobre tolo, Inacio / Iván Suárez, Demo Editorial.
Cee: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
O
sábado 27 de abril, ás 20:00 horas, na Restaurante Insua (Avenida de Fisterra) de Cee, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado polo BNG de Cee.
A Coruña: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
O
mércores 24 de abril, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Ermitas Valencia e Manuel Bragado.
As Pontes: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
O
luns, 22 de abril, ás 20:30 horas, na Biblioteca Municipal das Pontes, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística das Pontes, coordinada por Mónica da Silva.
Carlos Callón: “O obxectivo é facer que os galego-calantes pasen a ser galego-falantes”
Entrevista
a Carlos Callón en Radio Redondela:
“O filólogo e presidente da Mesa pola Normalización Linguïstica salientou, durante a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez “a necesidade de animar a todos aqueles galegos que aman o galego a que dean o paso de falalo”.
O libro, editado por Xerais, ofrece de xeito desenfadado e mediante anécdotas diferentes consellos útiles para todos aqueles que queiran dar o paso de usar o galego e mellorar na súa calidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos, moitas veces, non son de orixe gramatical senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na lingua galega, desde persoas que queren comezar a falala ata estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala.
No transcurso da charla Callón aproveitou para lembrar que un idioma pode ir esmorecendo de xeito radical pola adopción de políticas lingüísticas e puxo como exemplo o cambio de sinalización nas estradas que nestes días fai que na AP-9 os sinais de “Peaxe” se cambien por outros de “Peaje” ou ben de xeito paulatino por comportamentos individuais froito da presión social que fan que a lingua deixe de estar presente na relación dos máis vellos coas novas xeracións.” (…)”.



