Arquivos da etiqueta: Concello da Coruña
A Coruña: visita guiada á exposición As xeracións do Montserrat, de Xesús Fraga
O 9 de xaneiro, ás 19:00 horas, Xesús Fraga fará unha visita guiada á exposición As xeracións do Montserrat. Memoria emocional dos emigrantes galegos no Reino Unido no Quiosco Afonso da Coruña, organizada polo Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello da Coruña, comisariada polo autor, con deseño expositivo de Pepe Barro. As persoas interesadas poden inscribirse previamente nesta ligazón da A. C. Alexandre Bóveda.
Crónica fotográfica do Roteiro literario polo barrio de Monte Alto, con Bea Lema
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro literario polo barrio de Monte Alto, con Bea Lema, celebrado o pasado 25 de novembro. A crónica fotográfica completa (obra de Diana Varela Puñal) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
A Coruña: recital de Andrea Nunes Brións e Gioconda Belli no Ciclo Poetas Di(n)versos, o 4 de decembro
A Coruña: inauguración da exposición “Encontros”, de François Davo e Gustavo García Roig
A Coruña: 26 Memorial Ibán Toxeiro. “Quéroche un conto”, o 29 de novembro
Crónica fotográfica do Roteiro 2º de Poeta, con Lucía Aldao
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro 2º de Poeta, con Lucía Aldao, celebrado o pasado 18 de novembro. A crónica fotográfica completa (obra de Diana Varela Puñal) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
A Coruña: recital de Xosé Iglesias e Viggo Mortensen no Ciclo Poetas Di(n)versos, o 20 de novembro (entradas esgotadas)
A Coruña: Roteiro literario polo barrio de Monte Alto, con Bea Lema, o 25 de novembro
O Roteiro literario polo barrio de Monte Alto, guiado por Bea Lema é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Terá lugar o sábado 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña, tendo como punto de saída a Igrexa de San Xosé, en Monte Alto.
Agradecemos que as persoas interesadas se inscriban previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.



















