Arquivos da etiqueta: Concello da Pobra do Caramiñal
Xornadas de Divulgación Histórica e Patrimonial A Pobra do Caramiñal no tempo, os 28 e 29 de setembro
A Pobra do Caramiñal: presentación de Oídos de espeleóloga, de Ciro Briones
Bases do VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro
A Pobra do Caramiñal: presentación de A pousa da libélula, de Esperanza Mariño Davila
A Pobra do Caramiñal: palestra sobre As escumas da letra. Biobliografía de Luísa Villalta, de Esperanza Mariño Davila
A Pobra do Caramiñal: presentación de Da caverna a acrópole, de Ciro Briones
José Luis Baños de Cos gaña o VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro
Desde Galaxia:
“O autor gañou o premio pola obra presentada baixo o título de Fóra de xogo.
No concello da Pobra do Caramiñal, a 29 de decembro, reunidos os membros do xurado do VI Premio de Literatura infantil Carlos Mosteiro, composto por María Xesús Blanco, presidenta da Asociación Cultural Barbantia, María Canosa, escritora, gañadora da anterior edición, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
Despois das correspondentes deliberacións, o xurado decide por maioría outorgar o premio a á obra presentada baixo o título de Fóra de xogo, baixo o lema De pombas, aguias e señores corvos, que, unha vez aberta a plica, resultou da autoría de José Luis Baños de Cos, nado en 1977, licenciado en dereito e antropoloxía social, gañador en 2020 e 2022 do Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, coas obras A cámara escura, e Lume, publicadas pola editorial Galaxia.
O xurado valora desta obra o seu contido social, o tratamento dos seus personaxes femininos protagonistas e o alento poético dunha historia que reivindica os dereitos das nenas a través do deporte, a amizade e os soños compartidos nunha situación de discriminación e desesperanza.”