Entrevista a Yolanda Castaño no Diario Cultural da Radio Galega:
“O poemario Materia, publicado por Edicións Xerais en 2023, é o cuarto Premio Nacional para a poesía galega, despois dos recibidos por Manuel Álvarez Torneiro, Pilar Pallarés e Olga Novo. O xurado destacou a “extraordinaria forza evocativa e sensorial” do libro e a súa exploración non compracente de temas como a familia e a maternidade. Conversamos coa poeta, que recibiu a noticia da concesión do premio desde o estado mexicano de Chiapas, onde participa nun festival de poesía. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Diario Cultural
“Celebramos o Día das Escritoras coas Comadres das Letras”
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“No Día das Escritoras falamos da escrita como ferramenta de expresión, comunicación, sororidade e autocoidado. Conversamos coa matrona Marta Conde e a docente Eva Teixeiro, que forman parte do colectivo ‘Comadres das Letras’, un grupo de mulleres que escriben, que xa publicou o volume Contármonos. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Entrevista a Xavier Rodríguez Baixeras sobre Onde ferve a memoria
Entrevista a Xavier Rodríguez Baixeras no Diario Cultural da Radio Galega:
“Morcegos e anguías protagonizan o novo libro de poemas de Xavier Rodríguez Baixeras, Onde ferve a memoria. “O libro ten un carácter alegórico. Son símbolo de marxinación, escuridade, pavor e morte” . A entrevista pode escoitarse aquí.”
Entrevista a Xabier Quiroga sobre Coa man esquerda
Entrevista a Xabier Quiroga no Diario Cultural da Radio Galega:
“”Nas pretensións dunha nova novela tiña anotado no meu caderno: breve, intensidade, orixinalidade, sinxeleza e introspección”. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Miguel Sande: “Síntome un pouco máis libre agora. Unha liberdade bonita”
Entrevista a Miguel Sande no Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor Miguel Sande publica Brinde e desespero, a obra gañadora do XXV Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Xabier López publica Cocaína, historias da posguerra en formato breve
Entrevista a Xabier López no Diario Cultural da Radio Galega:
“A editorial Menino Morreu publica a última achega narrativa de Xabier López, desta vez en formato breve. Cocaína lévanos á Asturias da posguerra a través de historias sobre un futbolista de terceira división, un guerrilleiro cunha misión insólita ou un médico autodestrutivo. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Ramón Villares: “Manuel Murguía está vivo na súa mensaxe e no que representou”
Entrevista a Ramón Villares no Diario Cultural da Radio Galega:
“O académico Ramón Villares revisa a figura de Manuel Murguía na apertura dos actos do Centenario de Manuel Murguía. A entrevista pode verse aquí.”
Murguía. Un século despois, entrevista con Henrique Rabuñal
Entrevista a Henrique Rabuñal no Diario Cultural da Radio Galega:
“Henrique Rabuñal percorre neste libro publicado por Laiovento a biografía cultura, intelectual e ideolóxica de Manuel Murguía, un século despois do seu pasamento. Murguía foi unha figura clave na construción cultural e política de Galicia na segunda metade do século XIX e primeiro presidente da Real Academia Galega. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Lugo Philadelphia, poemas e fotografías na procura dos Stones
Entrevista a Lois Pérez e Alba Díaz no Diario Cultural da Radio Galega:
“O poeta Lois Pérez e a fotógrafa Alba Díaz preséntannos Lugo Philadelphia, a crónica poética e en imaxes dunha viaxe aos Estados Unidos na procura dos Rolling Stones, con Lugo e A Terra Chá sempre presentes. Publícaa Edicións Xerais. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Fran Alonso: “Este é o meu libro máis introspectivo”
Entrevista a Fran Alonso no Diario Cultural:
“Fran Alonso publica Poemas inmóbiles de movemento estático. A entrevista pode escoitarse aquí.”