Radiocrítica do 20-04-2015, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 20 de abril en Ames Radio (107.2 FM). Nesta ocasión falei con Nazaret López de A antesala luminosa de Antonio Tizón (00:20), As cicatrices do sol, de Luís Valle (6:30), O caminho poético de Santiago, de Yara Frateschi Vieira, Isabel Morán Cabanas e José António Souto Cabo (11:15) e Cor animal, de Maya Hanisch e Agustín Agra (17:40).”

Bertamiráns (Ames): presentación de Amor en alpargatas, de Manuel Portas

OManuel Portas luns 18 de maio, ás 20:30 horas, na Cervecería New York en Bertamiráns (Ames), terá lugar a presentación da novela Amor en alpargatas, de Manuel Portas, publicada en Xerais. No acto, organizado por Ames Novo, participa, xunto ao autor, María López Sández.

Vigo: Paseos polo Vigo literario, o 16 e 23 de maio

Paseos polo Vigo literario Paseos polo Vigo literario 2015é unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Todos os paseos con saída ás 11:30 horas.
Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán).
Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas: 50.

Sábado, 16 de maio: María Reimóndez
Saída: Praza de Independencia – Parada de taxis de Álvaro Cunqueiro.
Fronte ao desenraizamento, ela escolleu transplantarse, botar raíces aéreas e traer canda a si a montaña ao mar. Gaia, a protagonista de En vías de extinción, percorre diferentes espazos mais a súa vida aséntase xa de forma definitiva na cidade ampla que acolle, de brazos abertos, o indómito e biodiverso. Vigo é tamén o espazo de intersección entre o ficcional e o vital para María Reimóndez quen neste percorrido nos levará polos espazos desta obra e compartirá tamén en exclusiva fragmentos da súa próxima novela A música dos seres vivos. (Prégase traer calzado cómodo. Cans benvidos).

Sábado, 23 de maio: Francisco Castro
Saída: Praza da Constitución.
Desde a Praza da Constitución desprazarémonos ata a Porta do Sol, ao edificio onde estaba ubicado El Pueblo Gallego, que serviu de inspiración para recrear o Eco de Vigo, o xornal onde traballa o pai do protagonista. Baixaremos cara o Teatro García Barbón, para parar na antiga sede da churrería ‘Bonilla’ de camiño cara á rúa Luis Taboada, rúa que albergaba a enigmática imprenta da novela Tes ata as 10. A Praza de Compostela-Alameda e o Porto Deportivo encamiñarannos cara á estatua de Xulio Verne, protagonista da cidade e da novela Tes ata as 10.

Lugo: Paco Martín na Feira do Libro, o sábado 16

OFeiras do Libro 2015 sábado 16 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h. Dentro das súas actividades, destaca:
19:00 h. Paco Martín presenta A rula, o peluche e a nena, ilustrado por Belén Martín, e publicado por Xerais. No acto participan, xunto a autor e ilustradora, Manuel Bragado.

Lugo: Xurxo Souto na Feira do Libro o venres 15

OFeiras do Libro 2015 venres 15 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h. Dentro das súas actividades, destaca:
20:00 h. Xurxo Souto presenta Océano para terrícolas,  espectáculo baseado no seu libro Contos do mar de Irlanda, publicado por Ed. Xerais.

Vigo: presentación de Son noxento, de María Xosé Queizán

OMaría Xosé Queizán venres 15 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Son noxento, de María Xosé Queizán, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Manuela Pena e Manuel Bragado.