Mondoñedo: II Encontro Álvaro Cunqueiro, os 1 e 2 de xullo

Compostela: roteiro “Os trobadores e a aristocracia no Reino da Galiza”, con José António Souto e Isabel Morán, o 27 de novembro

As prazas son limitadas polo que, por mor da situación sanitaria do momento, cómpre que se envíe a solicitude de inscrición ao correo electrónico comunicacion@ogalo.gal antes das 12:00 horas do xoves 25 de novembro de 2021, sendo imprescindíbel que cada persoa que se anote indique nese apuntamento: nome, dous apelidos, número do DNI e teléfono, por mor das normas Covid.

Radiocrítica do 20-04-2015, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 20 de abril en Ames Radio (107.2 FM). Nesta ocasión falei con Nazaret López de A antesala luminosa de Antonio Tizón (00:20), As cicatrices do sol, de Luís Valle (6:30), O caminho poético de Santiago, de Yara Frateschi Vieira, Isabel Morán Cabanas e José António Souto Cabo (11:15) e Cor animal, de Maya Hanisch e Agustín Agra (17:40).”

Leiras Pulpeiro, sempre na memoria, por Armando Requeixo

Reportaxeactas-leiras de Armando Requeixo no seu blogue, Criticalia:
“Escribo estas liñas en rematando o día do aniversario do pasamento de Manuel Leiras Pulpeiro, ao que honramos en Mondoñedo nunha xornada memorable con diversos actos que lembraron a súa figura e confirmaron, máis unha vez, a vixencia non só literaria, senón humana e cívica de quen foi republicano, federalista, laicista, filántropo e decido defensor da lingua nosa, das tradicións etnográficas propias, da idiosincrasia antropolóxica que máis xenuinamente nos caracteriza.
Pola mañá, ás 12:00 h., o Salón Nobre do Concello de Mondoñedo acolleu a presentación dun volume colectivo de interese para o coñecemento e análise da obra do persoeiro mindoniense: Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912). O poeta e o cidadán ao cabo dun século. O libro, que coordinaron Xe Freyre e Abel Vigo García e editou o Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo coa supervisión de Xoán Ramiro Cuba, reúne unha parte substantiva das conferencias e relatorios do congreso leirasiano que, por mor do cumprimento do centenario do autor, tivo lugar en Mondoñedo nos primeiros de novembro de hai dous anos.
Así pois, neste volume poden lerse traballos de Xe Freyre, Andrés García Doural, Xosé Manuel González Reboredo, Antón Meilán, Isabel Morán, Camiño Noia, Antonio Reigosa, Ramón Reimunde, Armando Requeixo, Alicia Tella-Villamarín e Xosé Ramón Veiga, textos e achegas que convidaron a coñecer no acto de presentación o propio Freyre, amais de Reimunde e Meilán, todos tres con alocucións complementarias, pois á acuidade na síntese de contidos do coordinador seguiu a reivindicación leirasiana do seu editor e aínda o discurso emotivo, vibrante e entregue de quen se criou na casa do poeta. (…)”

Mondoñedo: presentación de Manuel Leiras Pulpeiro. O poeta e o cidadán ao cabo dun século

O Xornadas Leiras Pulpeirosábado 8 de novembro, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Mondoñedo, preséntase Manuel Leiras Pulpeiro (1854–1912) O poeta e o cidadán ao cabo dun século, nado a raíz das xornadas celebradas en Mondoñedo sobre Leiras no 2012 conmemorando os 100 anos do seu pasamento, e que conta coa colaboración de Xe Freyre e Abel Vigo -como coordinadores-; pero tamén con Andrés García Doural, Xosé Manuel González Reboredo, Antón Meilán García, Isabel Morán Cabanas, Camiño Noia Campos, Antonio Reigosa Carreiras, Ramón Reimunde Noreña, Armando Requeixo, Alicia Tella Villamarín e Xosé Ramón Veiga.

Santiago: Roteiro da Lírica Medieval Galego-Portuguesa

O sábado 27 de outubro, a partir das 11:00 horas, terá lugar un Roteiro da Lírica Medieval Galego-Portuguesa baseado no libro O amor que eu levei de Santiago, publicado por Toxosoutos. Actuarán como guías Yara Frateschi, Isabel Morán e José António Souto, autores do libro, saindo desde a Praza de Cervantes.
A inscrición pódese realizar a través de Sandra Quintana no teléfono 981528740 e no correo electrónico squintanar@santiagodecompostela.org.