Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Vigo: presentación de Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo
O
venres 24 de abril, ás 20:00 horas, na JT Photogallery (Rúa Abeleira Menéndez, 13) de Vigo, preséntase Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, XXXII Premio Blanco Amor de novela, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Belén Regueira e Manuel Bragado.
Entrevista a Gonzalo Hermo e Xabier Quiroga
Desde
o
Diario Cultural da Radio Galega:
“Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga e Celebración, de Gonzalo Hermo Premios da Crítica en lingua galega. As entrevistas poden escoitarse aquí.”
A Coruña: presentación de Funambulistas, de Mercedes Leobalde
Entrevista a María Xosé Queizán sobre Son noxento
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“A escritora María Xosé Queizán fálanos da súa nova obra, a novela curta Son noxento, que publica Xerais. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Gonzalo Hermo e Xabier Quiroga, Premios da Crítica en poesía e narrativa en galego
Desde
Sermos Galiza:
“O xurado nomeado pola Asociación Española de Críticos Literarios xuntouse en Pontevedra para escollerenos gañadores dunha nova edición do Premio Nacional da Crítica. No apartado de lingua galega, os gañadores foron Gonzalo Hermo por Celebración, primeiro libro da editorial Apiario que promoven as poetas Antía Otero e Dores Tembrás e Xabier Quiroga con Zapatillas rotas (Xerais) en narrativa. (…)”
Mondoñedo: presentación de Galicia Encantada, en edición de Antonio Reigosa
O
venres 17 de abril, ás 20:30 horas, no Centro Comarcal de Mondoñedo, preséntase o libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, publicado por Xerais. No acto, organizado pola editora e o Concello de Mondoñedo, participan, xunto a Antonio Reigosa, Orlando González Cruz; Francisco Piñeiro e Fran Bouso, colaboradores da publicación; e Lois Pérez, narrador oral.
Cee: presentación de oso, mamá, si?, de María Lado
O
venres 17 de abril, ás 19:30 horas, na Librería Ler (Avenida Fernando Blanco, 61) de Cee, terá lugar a presentación do poemario oso, mamá, si?, de María Lado, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Suso Bahamonde e Fran Alonso.
Pontevedra: actividades do xoves 16 na Feira do Libro
O
xoves 16 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Feira do Libro de Pontevedra 2015:
– 19:00 h. Manuel Lourenzo González asinará na caseta da Libraría Paz.
– 20:00 h. Elena Gallego Abad presenta Dragal IV. A estirpe do dragón, publicado en Xerais. Participan, xunto á autora, Manuel Bragado e Pablo García Freire (de Lectureka).
Manuel Portas: “Amor en alpargatas é unha historia de amor co país ao fondo”
Desde
o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
“As palabras que titulan o apuntamento non son miñas, pertencen a Manuel Portas, e deixounas por escrito nunha dedicatoria persoal de Amor en alpargatas; compártoas aquí pois esencializan o espírito do libro. Portas visitou onte o Club de Lectura “Lendo no Galiñeiro” do IES Valadares de Vigo e a súa presenza serviu para coñecer algunhas das claves deste libro que, ao meu parecer, está a pasar con certo e inxustificado silencio entre nós cando son dos que pensa que é un libro suxestivo, moi ben escrito, e que aborda con afouteza asuntos que aínda son tabú entre nós como, por exemplo, o independentismo. Disto falouse neste encontro, mais tamén do perfil de quen escribe, da concepción do traballo creativo e dese paso que nun momento dado o autor deu e que o converteu de lector a escritor.
Portas insistiu que esta non é unha novela política, basicamente é unha novela de amor, mais ao tempo é tamén unha proposta na que por toda ela paira o nacionalismo, testemuñando o que fixo unha xeración que lle leva a el uns dez anos, afondando nos seus éxitos e nos seus fracasos. Falouse, asemade, do mundo do libro -tan presente en Amor en alpargatas-, do intento que realizou para romper o mito xudeo-cristián do amor único e doutros temas como foron os seus novos proxectos, a presenza de Teis na novela, o mundo académico do escuro franquismo que se retrata, etc., todos eles agromando nun diálogo rico e intenso. Grazas, Portas, pola túa visita. (…)”

