O
mércores 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Novos pasos por Bretaña, de Pemón Bouzas, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Eva Millán, Xurxo Fernández e Manuel Bragado.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Castro Ribeiras de Lea: presentación de A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo
O
luns 17 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea (terra natal do autor), terá lugar a presentación de A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, publicado en Xerais.
Vigo: presentación de Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez
Compostela: presentación de A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo
O
xoves 13 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas, publicada por Xerais. No acto, xunto aos autores, participan Xavier Senín e Manuel Bragado.
Cangas: presentación de Sete caveiras, de Elena Gallego
O
mércores 12 de febreiro, ás 20:00 horas, na sede de FECIMO (Avenida de Vigo, 91) de Cangas, preséntase Sete Caveiras, de Elena Gallego, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Xosé Bangueses e Manuel Bragado.
Dúas obras galegas entran na lista de honra do IBBY
Desde
Cultura Galega:
“A lista de honra IBBY, cosiderada unha referencia internacional na Literatura Infantil e Xuvenil, conta na súa nova edición con dúas obras editadas en Galicia. Palabras de auga, de Marcos Calveiro e publicada por Xerais, foi seleccionada dentro da modalidade de escritores. De xeito paralelo, a versión en galego que fixo para Kalandraka Carlos Acevedo dos Contos por teléfono de Gianni Rodari foi seleccionada no apartado de traducións. As dúas obras eran as únicas galegas que a Organización Española para o Libro Infantil propuxera para a lista.”
Radiocrítica do 03-02-2014, por Armando Requeixo
Desde
o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 3 de febreiro en Ames Radio (107.2 FM). Nesta ocasión, falei con Nazaret López sobre a novela O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila (I, 00:48); o volume de artigos Coa lingua na Terra de Héitor Picallo Fuentes (I, 6:58); o relato infantoxuvenil O castañeiro de abril de Antonio Manuel Fraga (II, 00:00) e mais o poemario As lavandas adáptanse a todo erro de navegación de Ramón Neto (II, 4:59).”
Vigo: presentación de Sete Caveiras, de Elena Gallego
O
xoves 6 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase Sete Caveiras, de Elena Gallego, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan César Jiménez Callaba e Manuel Bragado.
Taboleiro do libro galego (XIX), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Primeira entrega deste ano do Taboleiro do libro galego que recolle, segundo os datos obtidos dalgunhas librarías galegas, as novidades editoriais máis vendidas en lingua galega ao longo do mes de xaneiro. O meu agradecemento, nesta ocasión, ás seguintes librarías: Biblos, Casa do Libro de Vigo, Torga, Couceiro, Andel, Aira das Letras, Pedreira, Á lus do candil, Carricanta, Suévia e Libros para Soñar.
NARRATIVA
1º-. A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, Edicións Xerais.
2º-. Vento e chuvia. Mitoloxia da antiga Gallaecia, de Manuel Gago e Manel Cráneo, Edicións Xerais.
3º-. Sete Caveiras, de Elena Gallego, Edicións Xerais.
4º-. O corazón da Branca de Neve, de Francisco Castro, Editorial Galaxia.
5º-. Legado nos ósos, de Dolores Redondo, Editorial Xerais.
6º-. O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila, Editorial Galaxia.
POESÍA
1º-. Moda galega reloaded, de María Reimóndez, Positivas.
2º-. Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias, Xerais.
3º-. Ningún precipicio, de Olalla Cociña, Toxosoutos.
4º-. Nimbos, de Xosé María Díaz Castro, Galaxia.
5º-. Sobre ruínas, de Xesús Rábade Paredes, Ed. Alvarellos.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira, Edicións Xerais.
2º-. Exhortación á desobediencia, de Xosé Manuel Beiras, Laiovento.
3º-. O valego, de Xosé-Henrique Costas, Edicións Xerais.
4º-. Outra idea de Galicia, de Miguel Anxo Murado, Debate.
5º-. Emigrados, exilados e perseguidos, de Dionisio Pereira, Através Editora.
6º-. Para que nos serve Galiza?, de Xaime Subiela, Editorial Galaxia.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. Todos somos, de Marcos Calveiro, Edicións Xerais.
2º-. Mortos de ningures, de Pere Tobaruela e Ledicia Costas, Everest (ilustracións de Andrés Meixide).
3º-. A illa de todas as illas, de Xabier P. Docampo, Edicións Xerais (ilustracións de Xosé Cobas).
4º-. O raposo e a mestra, de Manuel Rivas, Xerais (ilustracións de Jacobo Fernández).
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Pan de millo, de Migallas, Kalandraka.
2º-. Toc Toc, de Pablo Díaz, ilustracións de Nuria Díaz, Galaxia.
3º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
4º-. Mamá, de Mariana Ruiz Johnson, Kalandraka (tradución de Manuela Rodríguez).
BANDA DESEÑADA
1º-. Astérix e os Pictos, René Goscinny (autor), Albert Uderzo (ilustrador), Jean-Yves Ferri (autor), Didier Conrad (ilustrador), Xavier Senín e Isabel Soto López (tradutores), Edicións Xerais.
2º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
3º-. 36-39. Malos tempos , de Carlos Giménez, El Patito Editorial.
OUTROS
1º-. CoraSons, colectivo CoraSons, Kalandraka.
2º-. Revista Luzes, nº 2.
Gondomar: Manuel Rivas participa en Espazo Lectura para falar da súa obra O raposo e a mestra
O
sábado 1 de febreiro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, vaise celebrar unha nova sesión do club de lectura compartida en familia Lendo contigo, actividade que organiza a asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión contarase coa presenza de Manuel Rivas, que falará do seu último libro infantil: O raposo e a mestra (Xerais, 2013). Ao remate da sesión, haberá unha interpretación das cancións do libro a cargo da Banda dos Cueiros no que se poderán aprender e cantar pezas tan coñecidas como Frère Jacques, Des kleine krokodil ou I can sing a rainbow. Aqueles nenos e nenas que queiran participar de maneira activa na actividade, formando parte do coro da Banda, teñen que estar a partir das 11:00 horas na Biblioteca de Gondomar para un divertido ensaio xeral.
