O
sábado 21 de decembro, ás 19:00 horas, na Libraría Nova Colón (Rúa San Andrés, 112) da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas, publicado en Xerais.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
A Coruña: presentación de Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira
O
venres 20 de decembro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32, baixo) da Coruña, preséntase Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira, publicado en Xerais, nun acto que contará coa presenza do autor.
Arteixo: presentación de As voces baixas, de Manuel Rivas
O
xoves 19 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3, baixo) de Arteixo, preséntase As voces baixas, de Manuel Rivas, publicado en Xerais. No acto terá lugar unha conversa do autor co público asistente.
Vigo: presentación de Presente continuo, de María Reimóndez
O
xoves 19 de decembro, ás 20:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Presente continuo, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participa Ramón Nicolás.
Cangas: presentación de Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira
O
xoves 19 de decembro, ás 20:30 horas, na Libraría Maraxe (Avenida de Marín, 9), de Cangas, preséntase Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira, publicado en Xerais, nun acto que contará coa presenza do autor.
Santiago: presentación de Ámote Leo A. Destino Xalundes, de Rosa Aneiros
O
mércores 18 de decembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela (Avenida Xoán XXIII, s/n), preséntase Ámote Leo A. Destino Xalundes, de Rosa Aneiros, publicado en Xerais. Previamente, a partir das 18:00 horas, a autora manterá un encontro coas lectoras e lectores do Clube de Lectura Xuvenil da Biblioteca e o Clube de Lectura CleCa de Santiago de Compostela.
Betanzos: sinatura de Manuel Rivas e presentación de A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar
Rosa Aneiros: “Unha road movie marcada polo optimismo. Conversa sobre Ámote Leo A“
Entrevista
de Ramón Nicolás a Rosa Aneiros en Qué Leer, desde o seu blogue Caderno da crítica:
“(…) – Ramón Nicolás (RN): Resistencia foi unha novela moi reeditada. Confiaba no feliz percorrido que gozou e goza este libro?
– Rosa Aneiros (RA): Era a primeira vez que escribía unha novela de adultos e bastante esforzo foi aprender a construíla como para imaxinar o eco que traería consigo. Se o chego a saber, talvez me tería condicionado máis a súa escritura pero foi algo espontáneo e por iso o resultado tan gratificante.
– RN: Intérnase agora, de novo, no ámbito da literatura xuvenil: un xénero no que se sente cómoda?
– RA: Os mozos son un público agradecido, xeneroso e entusiasta que vive cada historia coma se fose a última. Están nunha fase da vida en que todo resulta un descubrimento e esa alegría de vivir contáxiana ás lecturas polo que creo que as miñas obras son máis grandes cando eles as len. Unha tamén busca egoistamente a beleza das súas obras e, a través das súas lecturas, estas crecen e supéranse a si mesmas. Claro que ese é mérito seu como público e non meu como autora.
– RN: Ámote Leo A. é o primeiro volume dunha triloxía para novos lectores. Que significa o proxecto para vostede e por que esta estrutura?
– RA: Cada proxecto literario supón un reto para min. Neste caso, quixen construír unha triloxía na que teñen especial peso os diálogos, as viaxes, as redes sociais e as aventuras. Trátase dunha especie de road movie marcada polo optimismo e pola necesidade de loitar para conseguir os teus soños. A medida que a protagonista, Leo, devora quilómetros descubrimos como afronta as vicisitudes da viaxe máis fascinante da vida: ao interior de si mesma. E todo iso pasando por Istanbul, Venecia, Bos Aires, París, O Cairo, Ushuaia… (…)”
A Coruña: presentación de A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo
México: actividades de Elena Gallego na Feira Internacional do Libro
Información
enviada por Elena Gallego:
“A triloxía Dragal foi a gran protagonista destes encontros con lectores, na Preparatoria Regional de Arandas e Líderes del Siglo (situada no coñecido Cerro del Cuatro). A maxia do dragón serviu de ponte para achegar a cultura galega aos rapaces e rapazas destes centros de ensino secundario e para lembrar as nosas orixes comúns (O actual estado de Jalisco foi denominado Reino da Nova Galicia e a súa capital, hoxe Guadalajara, foi fundada co nome de Santiago de Compostela. Coma nós, na mitoloxía local de Jalisco tamén teñen dragóns).
A FIL é unha festa que conta cunha gran implicación da comunidade educativa da rexión. Trátase dun grande acontecemento para profesores e alumnos. Nestes encontros falamos do dragón galego, falamos de Galicia… Pero sobre todo da importancia que ten a lectura para descubrir outros mundos e achegar as nosas culturas. (…)
A presenza da triloxía Dragal (Xerais) no stand de Galicia acadou unha notable atención dos medios de comunicación locais. Unha mostra do interese que xerou a presenza de Dragal na FIL (este ano asistimos 656 autores de 28 países e 22 idiomas) foi o eco que tivo en diversos medios de Guadalajara,como o xornal El Informador ou o diario Mural.


