O
luns 23 de abril, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Chantada, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá, xunto ao autor, André Sánchez Labandeira.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Ferrol: actividades do venres 20 na Feira do Libro
O
venres 20 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (no Cantón de Molíns), cos seguintes actos literarios:
– 19:00 horas. Sinatura de Luces, bicos e cores, de Concha Blanco, publicado en Embora.
– 19:30 horas. Presentación de Vento galerno, de Antonio Yáñez Casal e Vaia tropa!, de Antón Cortizas, publicados en Xerais. No acto, xunto aos autores, participa Manuel Bragado.
Barcelona: presentación de Poñente, de Pere Tobaruela
O
venres 20 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Carrer Provença, 276) de Barcelona, preséntase a novela Poñente, de Pere Tobaruela, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participará Helena González.
Pontevedra: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
xoves 19 de abril, ás 20:30 horas, no Pazo de Mugartegui de Pontevedra, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, interveñen, xunto ao autor, Miguel Anxo Fernández Lores e Nacho Carballal.
Vigo: presentación de Os fillos do mar, de Pedro Feijoo
O
mércores 18 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase a novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Marcos Calveiro, Manuel Bragado e Sergio Zearreta.
Lira: presentación de Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez
O
venres 13 de abril, ás 20:00 horas, no Local da Confraría de Lira (Portocubelo, Lira, Carnota), preséntase o libro Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Asociación Cultural Canle de Lira, participan, xunto ao autor, Manuel Bragado e o músico Xabier Díaz.
A poesía abre o apetito. Vídeo sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso
Desde
Xerais:
“Un grupo de nenos e nenas de 3º de Primaria da aula de música do CPI Virxe da Saleta, de Cea, elaboraron un vídeo, A poesía abre o apetito, a partir dun dos poemas de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, quen publica na súa web unha páxina de recursos didácticos sobre o libro que inclúe tamén esta ficha de traballo en pdf elaborado polo Club de Lectura do CPI O Rosal.
A Poesía abre o apetito para comer from cpivirxedasaleta on Vimeo.
Vídeo de Luz verde, curtametraxe baseada en Cemiterio de elefantes, de Fran Alonso
“Baseada no
relato 01 AM de Cemiterio de elefantes, de Fran Alonso, a curtametraxe Luz Verde pode ser visionada xa na rede. Cun reparto protagonizado por Dorotea Bárcena, César Cambeiro, Miguel Llanderas, Susana Álvarez, Carmelo Abollo, Uxío Couto e Martín Martínez, Luz Verde relata a historia dunha muller de Cabral, en Vigo, que chega ao centro da cidade, de madrugada, para mercar un medicamento nunha farmacia. A curtametraxe está producida por Urban Pig Films e dirixida por Sara Casal.” Vía Xerais.
Gondomar: Antón Cortizas falará sobre Vaia tropa!
O
sábado 24 de marzo, a partir das 12:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, terá lugar a sesión mensual do Lendo Contigo, dedicado a nenos e nenas de 8 a 12 anos, e seus pais e nais, organizado por Espazo Lectura. Nesta ocasión, o libro do que se vai falar é Vaia tropa!, de Antón Cortizas, publicado en Xerais, e contarase coa presenza do autor para charlar cos nenos e nenas que participen na actividade.
IX Curso de Formación Continua: Narrativas xuvenís no século XXI (2000-2010). Tendencias e correntes
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora, mediante o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa Universidade de Santiago neste curso de postgrao.
O presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas, diplomaturas e graos e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Tenta analizar estas literaturas dende un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico. Nesta edición, o tema específico a tratar é NARRATIVAS XUVENÍS NO SÉCULO XXI (2000-2010). TENDENCIAS E CORRENTES.
– Directora: Blanca-Ana Roig Rechou, da Universidade de Santiago de Compostela.
– Coordinación e Secretaría: Marta Neira Rodríguez, da Universidade de Vigo, e Isabel Soto López, da Universidade de Santiago de Compostela.
– Carga lectiva e número de prazas: 60 horas (2 créditos de libre configuración, non acumulativos) para licenciaturas e diplomaturas. Número de prazas: 125.
– Datas de realización:
* Parte virtual: Do 28 de xuño ao 31 de xullo de 2012.
* Parte presencial: Do 4 ao 7 de setembro de 2012.
– Lugar:
* Parte virtual: Inauguración: 28 xuño de 2012, de 9:00-14:30 e 16:00 a 20:30 h. Facultade de Filoloxía (Campus Norte). Salón de Graos.
* Parte presencial: Biblioteca NovaCaixaGalicia, Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16. 15701. Santiago de Compostela
– Requisitos de acceso: Profesionais do ensino, alumnado das facultades de Ciencias da Educación, da Comunicación, Xornalismo, Audiovisual, Publicidade), Maxisterio, Xeografía e Historia, Humanidades, Filoloxías, Tradución e Interpretación, profesionais de bibliotecas e calquera persoa interesada.
– Matrícula:
* Preinscrición: Ata o 30 de marzo de 2012.
* Formalización: Do 16 de abril ao 15 de xuño de 2012.
– Prezo e prazo de pagamento: 90 euros, nun único prazo para matrícula.
– Información:
* Biblioteca NovaCaixaGalicia. Telf. 981 59 34 67. Correo: bibliofundacion@caixagalicia.es
* Universidade de Vigo. Marta Neira Rodríguez. Correo: marta.neirarodriguez@ceu.es
* Universidade de Santiago. Blanca Roig. Correo: blanca.roig@usc.es ou na páxina do Centro de Posgrao.
* Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Correo: oficina@aelg.org
– Organizan:
* Universidade de Santiago de Compostela.
* Departamento de Filoloxía Galega.
* Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
– Colaboran:
* Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades (CRPIH).
* Biblioteca NovaCaixaGalicia.
* Edicións Xerais de Galicia.
* Rede temática As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano.
* Asociacións: ANILIJ e ELOS.
* Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes(CIPPCE)-USC.
Programa parte virtual:
1. As Literaturas Infantís e Xuvenís no marco ibérico. Bibliografía básica.
2. Narrativas xuvenís no século XXI (2000-2010). Tendencias e correntes.
2.1. Estudos teóricos.
2.2. Selección de obras para o mediador.
2.3. Comentarios de narrativas xuvenís.
3. Ferramentas de comunicación: foros, charlas e correo electrónico co alumnado e profesorado.
4. AVALIACIÓN a partir dun comentario sobre o material proporcionado (entregarase ao recoller o material do curso presencial).
Programa parte presencial:
Martes 4 de setembro:
– 09:00-10:00 h. Recollida de material.
– 10:00-11:00 h. Inauguración: Directora do curso e Director da Biblioteca NovaCaixaGalicia.
– 11:00-12:00 h. Informe sobre docencia e investigación 2011-2012 na LIX a partir dos Informes de Literatura (CRPIH): Carmen Ferreira Boo e Mar Fernández Vázquez (AELG/USC).
– 12:00-12:30 h. Pausa.
– 12:30-14:30 h. Os inicios da Literatura Xuvenil: Xosé Neira Vilas. Conversa con Blanca-Ana Roig (AELG/USC).
– 16:00-18:00 h. A ficción científica: Ramón Caride e Anxo Fariña. Conversa con Isabel Mociño (AELG/USC).
– 18:00-18:30 h. Pausa.
– 18:30-20:30 h. Misterio e humor: Santiago Jaureguizar e Pepe Carballude. Conversa con Eulalia Agrelo (AELG/USC).
Mércores 5 de setembro
– 09:00-10:30 h. A tradución das narrativas xuvenís ao galego. Pilar Bendoiro (USC).
– 10:30-12:00 h. Técnicas tradutolóxicas nas narrativas xuvenís. Lourdes Lorenzo (UVigo).
– 12:00-12:30 h. Pausa.
– 12:30-14:30 h. Novela histórica e Guerra Civil: An Alfaya e Francisco Castro. Conversa con Marta Neira (AELG/UVigo.CEU).
– 16:00-18:30 h. Novas formas literarias: Rosa Aneiros e Marcos Calveiro. Conversa con Vanessa Ferreira da Silva (USC).
– 18:30-19:00 h. Pausa.
– 19:00-20:30 h. A construción literaria nas obras de Marilar Aleixandre e António Mota. Conversa con Ana Margarida Ramos (Universidade de Aveiro).
Xoves 6 de setembro
– 09:00-11:30 h. A ilustración destinada ao público xuvenil no proxecto de El Patito Editorial. Fausto Isorna e Gemma Sesar (El Patito Editorial).
– 11:30-12:00 h. Pausa.
– 12:00-14:30 h. A fotografía como ilustración para as narrativas xuvenís. José Mª Mesías (UdC).
– 16:00-17:45 h. Informes dos investigadores da Rede sobre a LX nos ámbitos castelán, catalán, galego, portugués, vasco e no ámbito iberoamericano. Conversa con Isabel Soto (AELG/USC) e Blanca-Ana Roig (AELG/USC).
– 17:45-18:15 h. Os novos portais da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes de autores de LIX: Agustín Fernández Paz (Galicia) e Ema Wolf (Arxentina). Ramón Llorens (Universitat d’Alacant).
– 18:15-18:30 h. Pausa.
– 18:30-20:30 h. Obradoiro de creación literaria. AELG.
Venres 7 de setembro
– 09:00-11:00 h. Contos do demo. Espectáculo de narración oral. Inacio.
– 11:00-12:00 h. Presentación do libro A narrativa xuvenil a debate (2000-2011). Manuel Bragado, Blanca-Ana Roig e Alexia Dotras.
– 12:00-12:30 h. Pausa.
– 12:30-13:30 h. Clausura.
– 13:30-14:30 h. Entrega de certificados de participación. Reitor ou representación, Director do Departamento de Filoloxía Galega, Presidente da AELG, Directora do curso.