“O
xurado da XXVI edición dos premios Antón Losada Diéguez otorgou o premio de creación literaria a Xulia Alonso, pola súa obra Futuro imperfecto e o de investigación e ensaio a Francisco Calo Lourido, polo seu traballo Os Celtas: Unha (re)visión dende Galicia. O xurado valorou en Futuro Imperfecto a enorme intensidade emotiva que introduce a vida dentro da literatura. Narra unha experiencia vivida que representa tamén a historia dunha xeración que sucumbiu ao engano da droga como negocio manexado por xente sen escrúpulos. A obra está editada pola Editorial Galaxia. Da obra Os Celtas. Unha revisión dende Galicia, editada por Xerais, os integrantes do xurado destacaron o rigor documental, as diferentes fontes de aproximación ao problema histórico dos celtas e do celtismo, así como o seu reflexo en Galicia, nun debate aberto que tivo a súa importancia na configuración da identidade mítica dos galegos.” Vía Asociación Galega de Editores. O xurado estivo composto por Francisco Fernández Rei, Henrique Monteagudo, Francisco Fariña, José Luís Valladares, Anxo Tarrío, Xosé Henrique Costas e Xosé Ramón Freixeiro, actuando como presidente Cipriano Caamaño e vicepresidenta María Josefa Pérez.
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Ames: presentación de A narrativa galega na fin de século, de Dolores Vilavedra
O
sábado 30 de abril, ás 17:00 h., na Praza do Concello de Ames, presentación de A narrativa galega na fin de século, de Dolores Vilavedra, publicado en Galaxia. No acto estará acompañada por Carlos Lema e Inma López Silva.
A Anthology of galician literature. Antoloxía da literatura galega [1196-1981] de Jonathan Dunne chega á Feira do Libro de Buenos Aires
(Xornal)
Freixanes: “A grande épica dos galegos sodes vós” (anuncia Mar Maior, o selo de Galaxia no exterior)
“(…) Antes
de lle deixar paso á presentación multimedia, o editor [Víctor Freixanes] anunciou a creación dun selo co que Galaxia vai capitalizar a presenza mundial dos galegos e galegas da emigración: “Mar Maior é un proxecto no que dende a editorial vimos traballando dende hai tempo. Trátase dun selo editorial que proxectará a cultura galega e Galicia a través da rede social dos galegos no mundo”, explicou.
Freixanes lembrou que “a Galicia exterior existe” e engadiu que “debemos saber aproveitala para construír as nosas plataformas de difusión. Unha cultura que non é quen de estar presente no mundo da globalización, en diálogo coas outras culturas desenvolvidas, é unha cultura con problemas, e a cultura galega ten cartas para xogar nesta partida (…)”.
A nova completa pode verse aquí.
Lembranza de Álvaro Cunqueiro en Buenos Aires
(Galaxia)
O Barco: presentación de Domingos de calcetíns brancos, de Manuel Pérez Rúa
O venres 29 de abril, ás 20:00 h., na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán (Rúa Academia Dequidt, 6) do Barco de Valdeorras, preséntase o libro Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950, de Manuel Pérez Rúa, publicado en Galaxia, que obtivera o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio do 2009. No acto participan, co autor, Eduardo Ojea Arias e Gustavo Docampo Paradelo.
O Barco: presentación de Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz
O
xoves 28 de abril, ás 20:00 h, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán (Rúa Academia Dequidt, 6) do Barco de Valdeorras, preséntase o libro Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz, publicado en Galaxia. No acto a autora estará acompañada por Eduardo Ojea Arias e Arturo Ponte.
A Coruña: presentación de Vivir, unha aventura irrepetíbel, de Mercedes Queixas
O
luns 25 de
abril, ás 20:00 h., na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 2º andar) da Coruña, preséntase o libro Vivir, unha aventura irrepetíbel, biografía de María do Carme Kruckenberg, obra de Mercedes Queixas, publicado en Galaxia. No acto participan Francisco Castro, Mercedes Queixas, e a propia María do Carme Kruckenberg, e dado que a poeta é tan amante do jazz, está prevista a actuación do grupo Tres Azoteas.
Bos Aires: presentación de O libro das Seniguais e do único Senigual, de María Rosa Lojo
O
luns 25 de abril, ás 20:30 h., na Sala Alfonsina Storni, na Feira do Libro de Bos Aires, preséntase O libro das Seniguais e do único Senigual, de María Rosa Lojo, publicado en Galaxia. No acto participan a propia autora, a ilustradora Leonor Beuter e Víctor F. Freixanes. Ademais, contará coa participación do músico Alfredo Beuter.
Mondoñedo: exposición No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro
O venres 15 de abril, ás 13:00 h., no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, inaugúrase a exposición No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro, organizada pola Editorial Galaxia, a Fundación Penzol e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Mondoñedo.
