Arquivos da etiqueta: Espazo Enocultural Vide Vide!
Compostela: coloquio arredor de O marxismo hoxe e a cuestión nacional
Compostela: presentación-palestra de Desvendando Rosalía e a súa obra, de Francisco Rodríguez
Compostela: presentación de A cohesión da auga, de Ramona Giráldez Domínguez
Compostela: palestra arredor dos campos de refuxiados en Europa e a obra Serei os teus ollos en Idomeni, de Exidio Cuíñas
O 7 de maio, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural Vide Vide (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10), en Santiago de Compostela, con entrada libre ata completar capacidade, a editora Lobisome Producións organiza unha palestra arredor dos campos de refuxiados en Europa, na cidade de Santiago. O drama de miles de persoas atrapadas polo peche da ruta dos Balcáns, é vista dende os ollos de dous voluntarios galegos desprazados á vila grega de Idomeni para axudar aos refuxiados sirios e afgáns acampados alí: Azucena e Xabier. O acto realízase con motivo do lanzamento da obra baseada en feitos reais do escritor cambadés Exidio Cuíñas, titulada Serei os teus ollos en Idomeni en conversa a tres voces, as das persoas voluntarias, os composteláns Azucena e Xabier, e o autor da obra, co editor Antón Mascato.
Compostela: presentación de Cento doce viaxes na miña terra, de Xoán Colazo
Compostela e Vigo: presentacións de Independencia é revolución, de Albert Botran
Compostela: coloquio-presentación de Del Riego xornalista
Compostela: recital poético-musical arredor de Mátria, de Adela Figueroa Panisse, e Versos a mulher poeta, de Benito Eladio Rodríguez Fernández
Compostela: mesa-debate arredor de Problemática nacional e colonialismo. O caso galego
O 22 de setembro, ás 20:00 horas, no Espazo Etnocultural Vide-Vide de Santiago de Compostela (Rúa Fonte de Santo Antonio, 10), a A. C. O Galo organiza unha mesa-debate con motivo da saída do prelo da 2ª edición de Problemática nacional e colonialismo. O caso galego, da editora Tempo Galiza. Neste acto os autores do libro analizarán a vixencia dos postulados que nel formulan, podendo o público enriquecer o debate, perante as mudanzas políticas e económicas acontecidas neste tempo últimos 44 anos. Interveñen os autores, Ramom López-Suevos e Francisco Rodríguez Sánchez, moderando María Antonia Pérez.