
“O pasado 5 de maio celebrouse a cerimonia de entrega de premios do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo.
O xurado, composto por Ana Cabaleiro López (representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Esperanza Luz Mariño Davila (representante da Asociación Galega da Crítica), José Ignacio Silva Regueira (primeiro premio na 31ª edición) e Alfredo Ferreiro (director literario do Certame, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por maioría conceder os seguintes premios:
O primeiro premio para Sinfonía a 3 voces sobre unha cidade a tumba aberta, presentada baixo o lema “Unha historia posible” e con autoría de D. Roberto Rodríguez González (no seu nome recolleu o premio por causas xustificadas D. Anxo Sánchez), que contou coa seguinte dotación: 4.000€ e a edición da obra;
O segundo premio para Levidade, presentada baixo o lema “Etérea” e con autoría de D. Agustín Agra Barreiro, que contou coa seguinte dotación: 2000€ e a edición da obra;
O terceiro premio para Endodoncias, presentada baixo o lema “Paki” e con autoría de Dna. Inmaculada Núñez Núñez, que contou coa seguinte dotación: 1000€ e a edición da obra.
Os premios, elixidos entre 55 concorrentes, coñecéronse durante unha cerimonia que presentou Alfredo Ferreiro e contou coa arte musical de Mónica de Nut (acompañada de Luís Martíns) á volta do seu último traballo Raíces aéreas. O arranxo floral do escenario, acorde coa temática do disco da artista, foi responsabilidade do decorador florista Richar del Toro. (…)”
Arquivos da etiqueta: Esperanza Mariño
Finalistas do 32º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo
Vídeo da presentación en Compostela de A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo
Feira do Libro da Coruña 2021: actividades destacadas do 5 de agosto
O 5 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:30 h. Esperanza Mariño asina A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo, publicado por Xerais.
– 19:30 h. Ismael Ramos asina Lixeiro, publicado por Xerais.
– 19:30 h. María Rey e Amancio Liñares asinan a tradución de Vinte poemas de amor e unha canción desesperada, de Pablo Neruda, publicada por Medulia.
– 20:30 h. Presentación e sinatura de Entre donas, publicado por Baía, con Marilar Aleixandre, Antía Yáñez e Rosalía Fernández Rial.
– 20:30 h. Suso Lista asina exemplares de Como a roda no muíño, publicado por Embora.
Compostela: presentación de A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo
O 15 de xullo, ás 18:00 horas, no Museo do Pobo Galego (Costa de San Domingos), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo, con edición de Esperanza Mariño Davila, publicado por Xerais. No acto participarán, xunto á editora da obra, Xusto Beramendi e Fran Alonso.
A Pobra do Caramiñal: presentación de A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo
Esperanza Mariño: “A poesía de Díaz Pardo ten un enorme valor literario e social”
A Pobra do Caramiñal: presentación de A desfeita, de Albert Camus
Compostela: roteiro compostelán de Isaac Díaz Pardo, guiado por Esperanza Mariño
As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de chegada dos correos, tendo preferencia as/os socias/os da AC.O Galo. Cómpre anotarse antes do 24.10.2018 no e-mail ogalo.ac@gmail.com, sendo imprescindibel indicar o nome e apelidos, correo electrónico e teléfono de todas e cada unha das persoas que acudirán ao roteiro.
O Roteiro compostelán de Isaac Díaz Pardo, de Esperanza Mariño Davila, na web
O
Roteiro compostelán de Isaac Díaz Pardo fai un percorrido polos espazos vivenciais e creativos de Isaac Díaz Pardo na cidade de Santiago de Compostela. Con Esperanza Mariño Davila como guía, podemos coñecer os lugares clave na vida compostelá de Isaac, conectando sobre todo as épocas republicana e democrática (adolescencia xunto coa madurez e ancianidade), así como salientar a súa importancia literaria, infravalorada.



