Arquivos da etiqueta: Eugénio Outeiro
Eugénio Outeiro, escritor: “Desde que empecei a escribir, tiña a idea de facer algo que homenaxease a Illa de Arousa”
Entrevista de María Amigo a Eugénio Outeiro en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Antes de escribir o libro, que papel ocupaba esta historia de represión na súa memoria persoal?
– Eugénio Outeiro (EO): Son historias que escoitei durante toda a vida, desde pequeno na casa, contábaas meu pai. Dalgunha maneira fun crecendo con elas como se fosen algo normal, aínda que eran terríbeis, pero como moitas outras cousas da infancia víaas como algo cotiá, non lles daba importancia. Meu pai decidiu recoller estas historias nun libro, chámase Papel de Estraza (Fernando Salgado e Juan Otero). Cando lin o libro foi cando tomei conciencia da dimensión de todos os feitos do 36. Ao ser unha historia xa coñecida, chegoume máis fondamente. Ademais esta era unha historia de familia até certo punto, aínda que ningún dos mortos era familiar directo meu, a miña familia si que estivo alí.
– ND: Como a contorna da Illa influíu no seu proceso creativo e na escrita?
– EO: Eu son da Illa de Arousa, aínda que vivo fóra, pero penso que todos os que nacemos nunha illa temos unha relación especial con ese territorio. Desde sempre, desde que empecei a escribir, tiña a idea de que quería facer algo para homenaxear a Illa, pero non atopaba a escusa, e isto deuma. A paisaxe aparece citada en moitos versos, sobre todo a paisaxe marítima, o mar é a metáfora máis importante do libro.
Son budista, e na tradición budista, concretamente na Mahāyāna, a metáfora do mar serve para explicar o que é a conciencia fundamental, a Alaya. Esta sería a conciencia depósito onde se gardan as mentes de Karma e da cal sae todo o que existe. Buda viaxa da India a Sri Lanka, que precisamente é unha illa. A metáfora que configura a historia é a do mar, entendendo o mar como algo en si mesmo, como a conciencia fundamental da que saen ondas.
Esta idea está implícita en todo o meu libro, eu mesmo sentinme como unha onda dese mar de conciencia e desa historia. O que quixen foi esculpir unha onda e que esa memoria fose vista. (…)”
Bueu: presentación de Réquiem, de Eugénio Outeiro
Presentación de Réquiem, de Eugénio Outeiro, en Bueu
Bueu: acto de entrega dos Premios de poesía e xornalismo Johan Carballeira
Acto de entrega dos Premios de poesía e xornalismo Johan Carballeira
Eugénio Outeiro, Cláudia Morán e Manolo Broa gañan os Premios Johan Carballeira do Concello de Bueu
Desde o Concello de Bueu:
“Eugénio Outeiro Lojo, Cláudia Morán e Manolo Broa son os gañadores dos Premios Johan Carballeira convocados polo Concello de Bueu. Os xurados, reunidos este sábado 4 de outubro pola mañá, acordaron conceder o premio na categoría de poesía a Eugénio Outeiro Lojo coa obra Réquiem; e a Cláudia Morán e Manolo Broa coa reportaxe ‘Convivir co lume. O baleiro que arde: un territorio a mercé do lume’, publicada orixinalmente no suplemento Sermos Galiza do Nós Diario.
O xurado do premio na modalidade de poesía compuxérono Xosé Luís Mosquera, poeta e gañador da edición anterior, Silvia Penas, poeta, e Manuel Forcadela, crítico literario, escritor e profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Da lectura dos 44 poemarios presentados, o galardón concedeuse á obra de Outeiro Lojo, da que se sobranceou que “está ben artellada e moi acaída para o significado do premio convocante, cunha estrutura e arquitectura poética traballada, delicado no tratamento, nada panfletario que engancha por unha musicalidade evidente, de vocación trobadoresca e que conecta coa oralidade”. Así mesmo, trátase dunha poética máis clásica e diferente da cultivada na actualidade e que formula unha proposta de verdadeiro acto de memoria histórica.
Pola súa banda, o xurado na categoría de xornalismo estivo composto por Lois Pérez, gañador da anterior edición, Diana López Varela, xornalista pontevedresa, e Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johan Carballeira. De entre os dezaseis traballos presentados ao certame, a gañadora foi a reportaxe de Cláudia Morán e Manolo Broa, de cuxo traballo o xurado valorou “a análise das aldeas sen case veciñanza, cunha perspectiva orixinal sobre os tópicos do lume”. A reportaxe establece a correlación entre o despoboamento e os incendios, e o contraste entre o urbano e o rural, así como as distintas vagas de lumes. Atópase, ademais, a análise entre a responsabilidade cidadá e política e o impacto sobre o territorio, ofrecendo unha visión directa do conflito e establecendo unha progresión eficaz no contido da reportaxe. A perspectiva trasloce un proxecto máis global, no que se achegan datos e contexto a un problema non sinxelo como é o despoboamento do rural e os incendios. Chama á reflexión dun xornalismo que reivindica o valor fundamental como elemento democratizador e emancipador da cidadanía contribuíndo á súa autonomía e conformador do espírito crítico.
O xurado desta categoría ademais fixo unha mención especial do traballo presentado por Míriam Ferradáns Ferradás titulado Altri e a erosión da identidade galega: cando o monocultivo enterra a memoria, publicado no Nós Diario.
A entrega dos premios vai ter lugar nun acto público que se celebrará ao longo deste ano. (…)”
Compostela: presentación de Politicamente incorreta, de Teresa Moure, na Festa de Através
O
sábado 29 de marzo, entre as 17:00 e as 20:00 horas, no Centro A Gentalha do Pichel (Rúa Santa Clara, 21), de Santiago de Compostela, terá lugar a Festa da Através Editora, coa presenza de autoras e autores dos libros publicados, concursos, música e a presentación do novo libro de Teresa Moure, Politicamente incorreta, ás 18:30 horas. Previamente, ás 17:50 horas, terá lugar un recital poético de Susana Sánchez Arins e Eugénio Outeiro.
Compostela: presentación de As lavandas adáptanse a todo erro de navegación, de Ramón Neto
Lugo: presentación de As lavandas adáptanse a todo erro de navegación, de Ramón Neto
O
martes 17 de decembro, ás 20:30 horas, no Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, 1, baixo) de Lugo, preséntase As lavandas adáptanse a todo erro de navegación, de Ramón Neto, publicado pola Deputación da Coruña. No acto participan, xunto ao autor, Eugénio Outeiro e Xesús Otero Yglesias (ilustrador do libro).





