Arquivos da etiqueta: Federico Mosquera
A Coruña: Nexos. O son e a palabra, 2019
Foz: actos destacados da Feira do Libro do xoves 18
O xoves 18 de agosto comeza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Inauguración da Feira do Libro. Pregón a cargo de Farruco Graña.
– 20:15 h. Presentación do libro Cantos de poeta. Unha antoloxía musicada da poesía galega, de Gelria. Presentan: Federico Mosquera e Noa López.
– 21:15 h. Presentación do libro O soño de Xoán, de Farruco Graña, publicado por Embora. No acto participa, xunto ao autor, Xavier Rodríguez Baixeras.
Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do mércores 10
O mércores 10 de agosto finaliza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 19:00 h. Federico Mosquera e Noa López asinan exemplares de Cantos de poeta, de Gelria, na caseta de Berbiriana.
Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do luns 8
O luns 8 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Presentación de Caer de cu polo Universo, por Estíbaliz Espinosa, con ilustracións de Lucía Cobo, publicado por Apiario.
– 19:00 h. Presentación de Cantos de poeta, por Federico Mosquera e Noa López, Gelria.
– 19:45 h. Claudio Rodríguez Fer presenta Cinepoemas, publicado por Ouvirmos.
– 20:30 h. Presentación de O Deserto, de María do Cebreiro, publicado por Apiario.
– 21:15 h. Presentación de O perverso goberno de Feijóo. Sete anos en negro, de Manuel Monge, publicado por Laiovento. Participan no acto Camilo Nogueira e Xosé Manuel Sande.
Gelria: de Curros a Chus Pato en 14 cancións
Desde Sermos Galiza:
“Gelria (que tira o seu nome do barco holandés no que embarcou Manuel Antonio) lanzará á venda o próximo 23 de abril o seu primeiro traballo discográfico. Baixo o título Cantos de poeta, o álbum percorrerá a historia da poesía galega contemporánea, desde o Rexurdimento até a actualidade a través dos versos de catorce poetas aos que lles poñerán música. A banda -creada en 2014 por Elena Tarrats (voz), Mario G. Cortizo (percusión) e Federico Mosquera (piano)- estréase así cun proxecto que se presenta en formato de libro-disco acompañado de fotografías e ilustracións e no que, ademais, se incluirán as letras dos diferentes temas en galego, portugués, castelán e inglés.
Cantos de poeta recolle un total de catorce poemas cuxa selección busca trazar un itinerario musical das diferentes etapas da poesía galega contemporánea, ademais de achegar unha radiografía -a través da música e dos versos- do imaxinario colectivo galego. É un disco ecléctico que posúe resonancias de diferentes estilos e xéneros -desde a música tradicional á contemporánea, pasando polo jazz- que propón un percorrido polas diferentes etapas da nosa historia poética. (…)”