Arquivos da etiqueta: Feira do Libro de Ribeira
Ribeira: actos do 13 de xuño na Feira do Libro 2019
Ribeira: actos destacados na Feira do Libro para os 23 e 24 de xuño
O 24 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios durante o fin de semana de 12:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:
Sábado 23
– 20:00 h. Escritores de Ribeira na Feira do Libro. Lectura e coloquio con Carlos Callón (Galegocalantes e galegofalantes) e Carlos Lixó (As Casas). Modera Manuel Cartea, presidente da A. C. Barbantia. Posterior sinatura de libros.
– 21:15 h. Manuel Miragaia presenta Galeguia, publicado por Chiado Editora.
Domingo 24
– 13:00 h. Charla-coloquio sobre o libro O valor das palabras. A enfermidade como unha oportunidade, por ASEM Galicia.
– 19:00 h. Presentación de Camiños, de Magín Blanco, publicado por Fol Música.
– 21:00 h. Acto en lembnranza de Plácido Betanzos.
Ribeira: acto destacado na Feira do Libro, 22 de xuño
O 22 de xuño continúa a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa para este día:
– 21:00 h. Escritores de Ribeira na Feira do Libro. Lectura e coloquio con Antonio Tizón (Un home estraño), Francisco Sánchez Fraga (Corrubedo en prosa e verso) e Xosé Antonio Ventoso (Un vento furioso que pasa de repente).
Ribeira: inauguración da Feira do Libro, o 21 de xuño
O 21 de xuño comeza a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa para este día:
– 13:00 h. Inauguración coa actuación de O Rueiro dos fillos de Palmeira e pregón a cargo de Paula Carballeira.
Ribeira: actividades destacadas na Feira do Libro o sábado 24 e domingo 25
O domingo 25 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello), con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados para estes dous últimos días:
Sábado 24
– 20:00 h. Os premios literarios, chave da porta da literatura, encontro das persoas gañadoras do Concurso Internacional de Novela Curta Cidade de Ribeira. Participan Goretti Fariña (Orlando pendurado), David Pobra (Liña azul), Amadeo Cobas (A cacería) e Antonio Tizón (Un home estraño), nun acto coordinado por Pilar Ponte Patiño.
– 21:00 h. Presentación de Corredora, de María Reimóndez, publicado por Xerais.
Domingo 25
– 20:30 h. Lectura dramatizada de Xosé Neira Vilas, a cargo de Palabra Viva.
Ribeira: acto destacado na Feira do Libro para o xoves 23
O xoves 23 de xuño comeza a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello, con horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 22:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, co seguinte acto literario destacado para este día:
– 21:00 h. Charla-coloquio de Xosé Manuel Lobato arredor do seu libro Elos de cinza, publicado por Ézaro. Participa, xunto ao autor, Fernando Lavandeira.
Ribeira: actividades destacadas na Feira do Libro o sábado 18 e domingo 19
O domingo 19 de xullo finaliza a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello), con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados para estes dous últimos días:
Sábado 18
– 21:30 h. David Pobra, autor de Liña azul, conversará sobre o detective Palmeira.
Domingo 19
– 13:30 h. Presentación de Rubicundo, de María Canosa, publicado en Xerais.
– 21:00 h. Presentación de Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, publicado en Xerais. No acto participa tamén Quico Cadaval.
Ribeira: actividade destacada na Feira do Libro o venres 17
O venres 17 de xullo continúa a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:30 h., co seguinte acto literario destacado para este día:
– 20:30 h. Presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de Xosé Ricardo Losada, publicado en Xerais. No acto acompañan ao autor Manuel Cartea e Manuel Bragado.
Ribeira: comeza a Feira do Libro o xoves 16
O xoves 16 de xullo comeza a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:30 h., co seguinte acto literario destacado para este día:
– 20:30 h. Inauguración, co pregón de Yolanda Castaño.