Vigo: conferencia de Francisco Castro

Mañá xoves 12 de febreiro o escritor Francisco Castro impartirá unha conferencia titulada A mirada literaria. Como ven os escritores no Centro Social Caixanova de Vigo, ás oito do serán, dentro do ciclo O traballo literario a través dos escritores. O acto será presentado polo crítico Ramón Nicolás. A entrada é libre.

Santiago: presentación do acordo entre a Editorial Galaxia e Google

Hoxe mércores 11 de febreiro ás 20.00 h na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago celebrarase un acto de presentación do acordo entre a Editorial Galaxia e Google, un importante proxecto cultural que pon os fondos completos de Galaxia ao servizo da comunidade global. No acto participarán Luis Collado, responsable de Google Búsqueda de Libros en España, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, o crítico literario Arturo Casas, e o coordinador de novos proxectos da editorial, Francisco Castro.

Presentación en Vigo da novela As palabras da néboa , de Francisco Castro

A presentación da novela As palabras da néboa (Premio de Novela García Barros 2007), de Francisco Castro, terá lugar en Vigo o próximo xoves 28 de febreiro na Casa do Libro, ás 8 da tarde. e que vén de editar. O acto será presentado polo director literario da Editorial Galaxia Carlos Lema e polo escritor Álvaro Otero.

Cea “García Barros”

«Con posterioridade á entrega do Premio García Barros a Francisco Castro, o Concello da Estrada e Editorial Galaxia organizaron este ano, por primeira vez, unha Cea Literaria na que escritores, críticos e editores reflexionaron ao redor dun tema central relacionado coa obra premiada.

Os novelistas Xerardo AgraFoxo, Alfonso Álvarez Cáccamo, Francisco Castro, Manuel Darriba, Jaureguizar, Xosé Monteagudo, Antón Riveiro Coello, Séchu Sende e Anxos Sumai, na compaña do crítico literario Xosé Manuel Eyré e mais dos editores Víctor F. Freixanes e Carlos Lema, que se encargou de conducir o debate, mantiveron un coloquio sobre “Ficción e verosemellanza: da imitación da realidade á novela histórica”. […]» (Editorial Galaxia)