O
mércores 12 de novembro, ás 18:00 horas, na Fundación Eduardo Pondal (O Couto, Ponteceso), Rosa Aneiros pronunciará a conferencia A literatura galega actual, dentro dos actos organizados no XIX Simposio Pondaliano.
Arquivos da etiqueta: Fundación Eduardo Pondal
O Couto, Ponteceso: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
mércores 5 de novembro, ás 18:00 horas, na Fundación Eduardo Pondal (O Couto, Ponteceso), Xurxo Souto presentará o seu libro Contos do mar de Irlanda, publicado por Xerais, dentro dos actos organizados no XIX Simposio Pondaliano.
O Couto, Ponteceso: conferencia de Manuel Ferreiro, Perfil biográfico de Pondal
O
sábado 1 de novembro, ás 17:00 horas, na Fundación Eduardo Pondal (O Couto, Ponteceso), Manuel Ferreiro pronunciará a conferencia Perfil biográfico de Pondal, dentro dos actos organizados no XIX Simposio Pondaliano.
O Couto, Ponteceso: Xabier P. DoCampo no Festiletras
O Couto, Ponteceso: Xosé Neira Vilas no Festiletras
Ponteceso: actividades do Outono Pondaliano 2013
Salvador García Bodaño e Miguel Anxo Fernández, entre os Premios da Cultura 2012
“Un
xurado
formado por representantes da Xunta de Galiza, do Consello da Cultura Galega, das tres universidades, da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Belas Artes, ademais de catro persoas do mundo da cultura, escolleron como premiados nesta edición dos Premios da Cultura Galiza a Salvador García Bodaño na categoría das Letras; o grupo de teatro Airiños (Rianxo) na das Artes Escénicas; Manuel Quintana Martelo na das Artes Plásticas; a Asociación Internacional Estudos Galegos en Promoción Cultural de Galicia; a Fundación Eduardo Pondal en Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural; Manuel Rodeiro en Música; e Miguel Anxo Fernández na modalidade de Creación Audiovisual. Estes galardóns crearonse no ano 2008 co nome de Premios Nacionais da Cultura Galega. Desde a chegada do PP ao goberno da Xunta non levan o nome de “nacionais” e non dispoñen de dotación económica algunha.” Desde Sermos Galiza.






