Desde
Sermos Galiza:
“Milleiros de documentos que compoñen os arquivos de doce entidades incorporaranse ao Arquivo Histórico do Nacionalismo que se converterá no maior repertorio documental da historia do nacionalismo galego. O portal disponibilizará os fondos para a investigación e consulta.
Fundación Alexandre Bóveda, Fundación Bautista Álvarez, Fundación Castelao, Fundación Galiza Sempre, Fundación Losada Diéguez, Fundación Manuel María, Fundación Moncho Reboiras e Fundación Vicente Risco, xunto con Murguía. Revista Galega de Historia e o Museo do Pobo Galego son as dez entidades que se xuntan para construír o Arquivo do Nacionalismo Galego que reunirá os fondos documentais que custodian cada unha delas no que está chamado a ser un completo repertorio histórico do movemento nacionalista dos séculos XIX e XX.
A foto de familia da presentación da nova iniciativa reuniu esta cuarta feira, día 4 de febreiro, no Museo do Pobo Galego en Compostela representantes das dez entidades no que foi considerado un fito histórico na recuperación da memoria do nacionalismo galego. Milleiros de documentos constituirán, grazas á colaboración das dez Fundacións e entidades, o maior arquivo da historia do movemento nacionalista ao que irán sumando novas aportacións de colectivos e particulares.
As entidades que fan parte da nova iniciativa coinciden á hora de valorar a urxencia de sumar forzas de organizacións e particulares para saldar a eiva da historia documental do nacionalismo. Os arquivos de persoeiros como Manuel María, Alexandre Bóveda, Losada Diéguez, Castelao ou Vicente Risco xúntanse con outros que recolleron a historia documental de organizacións como a Fundación Galiza Sempre ou a Fundación Moncho Reboiras. Canda elas, o Museo do Pobo Galego incorpora ao catálogo legados de figuras como Xaquín Lorenzo, Antonio Fraguas, Manuel Beiras ou os arquivos de Unidade Galega ou o Club Nacionalista Alén Nós.
Para o coordinador do proxecto, Uxío Breogán Diéguez, “o consenso foi absoluto á hora de poñer a andar o proxecto e de valorar a necesidade de mancomunar a documentación. Que estas entidades se xuntaran para desenvolver por vez primeira un proxecto conxunto é un fito histórico”, valora o profesor e investigador. (…)”
Arquivos da etiqueta: Fundación Vicente Risco
Allariz: I Festival do Poemagosto
A verdade nos espellos, de Rubén Eyré, gañadora do XV Premio Risco de Creación Literaria
Desde
o Concello de Ourense:
“A verdade nos espellos é o novo libro gañador do Premio Risco de Creación Literaria que organiza o Concello de Ourense. O xurado vén de resolver a obra gañadora correspondente á XV edición deste certame, que foi elixido dun total de 16 traballos presentados.
A verdade nos espellos é un libro de relatos autoría de Pablo Rubén Jorge Eyré. O xurado destacou que o contexto da literatura galega está moi ligada ao relato tal e como se manifesta neste libro que conecta coa nosa tradición literaria. Asemade subliña como foi artellando os contos, a maneira de traballar os finais, sorprendentes, ben resoltos e destaca tamén a riqueza lingüística do texto e o coidadoso dominio do idioma. Pablo Rubén Jorge Eyré (Rubén Eyré) é natural de Chantada.
O xurado desta XV Edición do Premio Risco de Creación Literaria estivo formado por:
– Rubén Martínez Alonso, gañador da pasada edición.
– María Garrido, profesora de ensino secundario.
– Constantino Pazos Sobrino, profesor de ensino secundario.
– Ánxela Gracián, responsable editorial Sotelo Blanco.
– Luís Martínez-Risco, representante da Fundación Vicente Risco.”
Allariz: Ponme un poema!, roteiro poético con Celia Parra e Aldaolado
Allariz: recital poético na inauguración da exposición Mobilia
Bases do XV Premio Vicente Risco de Creación Literaria
Allariz: presentación de Velaí vai o papaventos, de Celia Díaz Núñez
Allariz: presentación de Conversas com Isaac Alonso Estraviz, de Bernardo Penabade
Convocado o XIX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
As escaleiras do gran hotel, de Rubén Martínez Alonso, premio Risco de Creación Literaria
Desde a Fundación Vicente Risco:
“As escaleiras do gran hotel, de Rubén Martínez Alonso, é a obra gañadora do XIV Premio Risco de Creación Literaria. Trátase dunha trama de intrigas políticas e ideolóxicas previo á Segunda República. A protagonista é unha feminista adiantada ao seu tempo, que racha co modelo familiar da época e soña cun futuro de independencia económica e intelectual.
Esta decisión foi adoptada despois de máis de dúas horas de deliberación, nas que o xurado destaca a gran calidade literarias das obras presentadas. O xurado estivo formado por: María Garrido Rodríguez, Xoán Carlos Feixoo Mirón, Serafín Alonso Pintos, Ánxela Gracián e o gañador da edición pasada Alberto Ramos. (…)”









