Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Literarte é unha asociación internacional de escritores e artistas que posúe sede oficial en Cabo Frio, no estado de Rio de Janeiro. Representada por Mauro Jorge Silva e Sousa, conselleiro da asociación, e mais por Isabelle Valladares, presidenta da mesma, Literarte articulou un desembarco europeo onde contemplan a realización dunha serie de actos que están xa a desenvolver en Lisboa e proximamente no Porto, Viana do Castelo e Frankfurt.
Neste percorrido, o vindeiro venres día 10 de outubro celebrarán unha “tomada de posse”, que acollerá o Hostal dos Reis Católicos, ás 20:30 h., no que a entidade dará a coñecer as súas actividades e propósitos ademais de recoñecer diversas achegas á cultura galega realizadas tanto por algunhas institucións, plataformas ou empresas culturais como por un grupo de diverso de persoas que traballan en ámbitos como a creación literaria, o activismo social, a edición, a música, as artes plásticas, a divulgación ou a comunicación, como son Uxía, Leandro Lamas, David Pintor, a Academia Galega da Língua Portuguesa, Teresa Moure, María Reimóndez, a Livraria Ciranda, Manuel Bragado, Ramón Nicolás, Carme Vidal, A Sega, o sección de Cultura de El Correo Galego, a Libraria Pedreira, a Real Academia Galega, Guadi Galego e Clave de Fado. (…)
Arquivos da etiqueta: Guadi Galego
Rosalía, letrista do ano
Desde
Sermos Galiza:
“Se algunha conclusión se pode tirar conta de discos deste 2013 a piques de rematar é que Rosalía se consolida como a maior letrista para a nosa música. Uxía, Tempo Catro, Najla Shami, Aid, Xosé e Xiana Lastra con María Manuela e Mini e Mero, Narf, Joaquín Pixán con Alejandro Zabala e agora A Cada Canto, entre outras propostas, puxéronlle música aos seus poemas.
Aid con Rapoemas ou Abe Rábade, Anxo Angueira e Guadi Galego con Rosalía XXI adiantaron o que sería o grande ano de Rosalía como letrista, na estala de Amancio Prada, Los Tamara ou Luz Casal, todas elas voces para a grande poeta que vería como o 2013 coa conmemoración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos se convertería tamén nunha explosión de publicacións nas que os seus poemas pasarían a ser cancións nos máis diversos ritmos, en ampla variedade de estilos. (…)”
Santiago: presentación de A máquina do tempo, libro-disco de Juan Carballo e Ramón Núñez
O
venres 28 de setembro, ás 20:30 horas, na Librería Aenea (Rúa Irmáns Rei Alvite, 5) de Santiago de Compostela, preséntase o disco-libro A máquina do tempo, onde Juan Carballo e Ramón Núñez protagonizan unha viaxe íntima e persoal na que mesturan poemas musicados e cancións. Once composicións que contan coa colaboración de artistas como Alejandro Martínez, Guadi Galego, Guillerme Fernández, José A. Vilas, Maite Dono, Paco Cifuentes, Quim Farinha, Sito Suárez, xunto ás ilustracións e deseños de Nuria Díaz.
Santiago: presentación de Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño
O
venres 1 de xuño, ás 20:15 horas, na librería Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase a novela Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, publicada en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan María Xesús Nogueira, Guadi Galego e Guillerme Fernández.
A Coruña: recital poético-musical na entrega dos premios do I Certame de Curtas para Rosalía
O luns
20 de setembro, a partir das 20:30 h., no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, celébrase a entrega de premios do I Certame de Curtas para Rosalía de Castro, organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. No acto haberá un recital poético-musical en homenaxe á poeta coa participación de Anxo Angueira, Abe Rábade e Guadi Galego.
A Coruña: poesía, ciencia e música unidas na Mostra de Ciencia e Cinema
Dentro do variado programa de actividades da II Mostra de Ciencia e Cinema, o vindeiro mércores 28 de outubro o Teatro Rosalía de Castro da Coruña será o escenario do recital Poesía + Ciencia, no que participarán Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. Os autores e autoras citados lerán obras propias e alleas que se achegan a temas, procedementos e personaxes propios da cultura científica. Lucía Aldao conducirá un acto que contará ademais coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. Será a partir das 20:30, con entrada libre até completar a capacidade do recinto.
Máis información: o evento en Facebook