O
xurado do XVII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela outorgou, por unanimidade, o galardón a Héitor Picallo por catro artigos publicados no Diario de Arousa. No fallo valórase ante todo o grande dominio do xénero xornalístico do premiado, así como a linguaxe cultra, rica e variada que “amosa o autor, transmitindo ao lector a importancia do uso do galego, en perfecta convivencia con calquera outra lingua”. A defensa do idioma, engade o xurado, “está feita dende o máis fondo respeto, sensibilidade e tolerancia”. Vía El Correo Gallego.
Arquivos da etiqueta: Héitor Picallo
Xosé Lois García gaña o II Premio MOME de Teatro Varela Buxán
“O
chantadino Xosé Lois García é o gañador do II Premio MOME de Teatro Varela Buxán, convocado polo concello da Estrada coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O venres 8 de xuño a Sala de Xuntas do Concello da Estrada reuniu o xurado para fallar o gañador desta II edición do Premio de Teatro. Formado polo mestre e escritor Olimpio Arca Caldas, a profesora Rocío Calviño Cerviño, o escritor e investigador Héitor Picallo Fuentes, e polo Xerente do Mome, que actuará como secretario, Xosé Luna Sanmartín acordou nomear como obra gañadora A cerna, de Xosé Lois García.” Vía Fervenzas Literarias.
Santiago: presentación da obra poética completa de Xosé Lois García
O
martes 11 de outubro, ás 19:45 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntanse Por ninguén aloumiñada e No sangue dos bardos, os dous tomos que conforman a obra poética completa de Xosé Lois García, publicados en Toxosoutos. No acto, acompañando ao autor, participan Héitor Picallo, Uxío Novoneyra Rei e David González Couso.