Arquivos da etiqueta: Irmandades da Fala
A Coruña: inauguración da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!
Compostela: Irmandades em lilás
Centenario das Irmandades da Fala, Justo Beramendi
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Entrevista a Justo Beramendi. “As Irmandades foron un punto de inflexión moi importante na evolución non só do galeguismo político, do nacionalismo, senón tamén na do conxunto do país”. Pode escoitarse aquí.”
Ora Galega inicia na Coruña unha xira polas cidades e vilas onde houbo unha Irmandade da Fala
“Hai algo máis de un ano creouse un comité promotor ‘Ora Galega’ para impulsar unha declaración no Parlamento galego para que o ano 2016 fose declarado ANO DAS IRMANDADES. Logrado ese obxectivo ORA GALEGA comeza na Coruña unha xira por todas as cidades e vilas onde houbo unha Irmandade da Fala cun autobús que leva unha exposición que explica a historia e o pensamento das xentes das Irmandades. A primeira parada dese bus será na Coruña o vindeiro sábado 21 de maio. Varias asociacións da cidade estamos chamando ás persoas amigas para facer algunha actividade de lectura de textos para animar á xente a achegarse e coñecer o que alí se mostra.
O autobús estará no Obelisco de 10:00 a 22:00 h. As lecturas faranse pola tarde de 18:00 a 20:00 h. Poden ser de textos das Irmandades que ti coñezas ou podes achegarte e alí chos proporcionamos.
Se queres confirmarnos a túa presenza e indicarnos o que vas ler, por favor faino neste correo irmandadesdafala@gmail.com“
A Coruña: acto literario e musical no Centenario da fundación das Irmandades da Fala
A Coruña: Conversas en Irmandade, José-Maria Monterroso e Pablo González Mariñas lembran a Jenaro Marinhas del Valle
A Coruña: E o teatro fixo país, con Carlos Biscaínho, nas Conversas en Irmandade
Compostela: presentación do número 32 da revista Murguía
O venres 8 de abril, ás 20:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, terá lugar unha palestra-presentación do número 32 da Revista Murguía, dedicada ás Irmandades da Fala e a Galiza do seu tempo, coa intervención de Justo Beramendi e Uxío-Breogán Diéguez, director da publicación.