Arquivos da etiqueta: Ismael Ramos
Estro Montaña e Pablo Escudero Abenza gañan o Torrente Ballester da Deputación da Coruña
Desde a Deputación da Coruña:
“O XXXVII Premio Torrente Ballester de narrativa, convocado polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña, xa ten gañadores. Na modalidade en galego, o premio recaeu en José Montaña Louzao, ‘Estro Montaña’ (Betanzos) pola novela Non hai paz no paraíso, mentres que na modalidade en castelán o galardón foi para Pablo Escudero Abenza pola obra Biblioteca familiar.
O galardón busca recoñecer a excelencia narrativa tanto en lingua galega como en castelán, consolidándose como un referente literario. O premio está dotado con 15.000 euros para cada modalidade.
O xurado da modalidade en galego, composto por Ismael Ramos, Lara Dopazo, Ana Varela, Manuel Esteban e Loli Rodríguez (gañadora da pasada edición), salientou da obra gañadora o estilo coidado e o uso dunha linguaxe moi rica en matices. A peza ofrece un percorrido histórico pola sociedade galega da primeira metade do século XX, a través dunha serie de personaxes poliédricos que reflicten a complexidade política e social da época. (…)”
Un Torrente de conversas, con Ismael Ramos e Andrea Fernández Plata
Betanzos: Un Torrente de conversas, con Ismael Ramos e Andrea Fernández Plata
Compostela: presentación de A falsa autónoma, de Yolanda Castaño
Marín Vila do Libro 2025
Compostela: Le Comigo 2025
A Coruña: presentación de A falsa autónoma, de Yolanda Castaño
Compostela: actividades do 21 de marzo no Festival Alguén que respira!
Crónica videográfica do Congreso de Narrativa 2024 (I)

O Congreso de Narrativas, actividade da AELG co apoio da Deputación da Coruña, CEDRO e o Centro Ágora, tivo lugar o vindeiro 14 de decembro na Aula 9 do Centro Ágora da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe o seguinte vídeo:
– Presentación do Congreso e mesa redonda Outras narrativas: historias e relatos na rede, na prensa e no audiovisual: con Cesáreo Sánchez Iglesias, María Yáñez, Ismael Ramos, Álvaro Gago e Berta Dávila:

















