Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
Arquivos da etiqueta: Jorge Emilio Bóveda
A distopía tornouse realidade: a ficción científica como metáfora do control total
Reportaxe
en Praza:
“(…) Atl gañou o premio Blanco Amor 2011. E chegou ás librarías ao mesmo tempo que 15.724 de Xesús Constela, a historia dunha Patria asentada na mentira. Galaxia editou, tamén hai pouco, 2044 de Eduardo Santiago. A ficción científica é un xénero cada vez máis desenvolvido na literatura galega. Mais a súa presenza nas nosas letras non é un fenómeno recente. O investigador Jorge Emilio Bóveda prepara un ensaio sobre o tema. “A primeira novela que podería considerarse de protociencia ficción galega foi dun galego afincado en Cuba: Luís Otero Pimentel. O libro titulouse Campaña de Caprecórneca (A Habana, 1898) e describía unha viaxe á lúa na liña das dos precursores da ciencia ficción moi anteriores a Xulio Verne”, explica. (…)
“Pero non veríamos un rexistro concreto do xénero ata 1926 cando Rafael Dieste publica no seu libro Dos arquivos do trasno un conto titulado 11926, na liña de A máquina do tempo de H.G. Wells, facendo comezar, ao meu ver, non exactamente o xénero da ficción científica en galego senón o subxénero da utopía negativa (distopía) ou a ucronía, que non estouparía ata os anos setenta coa obra Elipsis e outras sombras de Xosé Luís Méndez Ferrín”, engade. (…)”
Ourense: presentación de A habitación secreta, de Jorge Emilio Bóveda
O
venres 23 de marzo, ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), preséntase A habitación secreta, de Jorge Emilio Bóveda, publicado en Toxosoutos. No acto, xunto ao autor, intervirán David González Couso e José Antonio Santos.
Ourense: presentación de A xanela escura, de Jorge Emilio Bóveda
O
venres 27 de xaneiro, ás 19:00 horas, na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12) de Ourense, preséntase o ensaio A xanela escura, de Jorge Emilio Bóveda, publicado en Urco. No acto, acompañando ao autor, participa o especialista en cinema Valentín Barreiros.
Allariz: presentación de Exogamia 0.3, de Ramón Caride
O
xoves 29 de decembro, ás 20:00 horas, na Fundación Vicente Risco (Rúa San Lorenzo, 3) de Allariz, preséntanse os libros Exogamia 0.3, de Ramón Caride, publicado en Xerais, e El frío azul, do mesmo autor, tradución ao castelán da súa obra O frío azul, publicado en Anaya. No acto, coorganizado coa Libraría Aira das Letras, acompañarán ao escritor Manolo Busto (ilustrador de Exogamia 0.3), Alberto Canal, Jorge Emilio Bóveda e Manuel Bragado.
Ourense: presentación de Aforismo limitado de pensamento e sentido común, de Jorge Emilio Bóveda
O
xoves 29 de setembro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública de A Ponte (Praza Mestre Luis Fernández, s/n.) de Ourense, preséntase Aforismo limitado de pensamento e sentido común, de Jorge Emilio Bóveda, editado en Liberlibro polo propio autor.
Feira do Libro de Santiago: actividades do 30 de abril e 1 de maio
Comeza
unha nova edición da Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), entre o sábado 30 de abril e o domingo 8 de maio. O seu horario é de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., salvo no fin de semana, en que terá un horario de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades do primeiro fin de semana son as seguintes:
Sábado 30 de abril:
– 12:45 h. Actuación da Banda de Música de Santiago de Compostela.
– 13:00 h. Inauguración oficial. Pregón inaugural a cargo de Diego Ameixeiras, gañador do Premio Irmandade do Libro ao mellor libro do ano 2010. No acto inaugural, colabora a Asociación do Traxe Galego.
– 18:00 h. Presentación do libro Golfiño e os invasores, de Fausto Isorna, publicado por El Patito Editorial. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
– 19:00 h. Presentación do libro Svea Kött (carne sueca), de Domingo Tabuyo, publicado en Xerais. Intervirán: Francisco Caamaño, Ministro de Xustiza, Manuel Bragado e o autor.
– 20:00 h. O escritor Javier Alfayate, asinará exemplares do seu libro Aleta de Tiburón: Táctica de un operador en bolsa publicado pola Editorial Grupo de 28 Editores.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
Domingo 1 de maio:
– 12:00 h. A pintora e ilustradora Isabel Pintado asinará exemplares dos libros para nenos Parece unha rosa, de Rosalía de Castro e Cantiga do mazarico, de Emilio Pita, publicados por Edicións Espiral Maior, na colección Lúa Lueira.
– 18:00 h. Obradoiro de baile para todo o público a cargo do grupo Pesdelán, participantes no libro–cd–dvd Na punta do pé publicado por Kalandraka Editora.
– 19:30 h. Presentación do libro A xanela escura, de Jorge Emilio Bóveda, da Colección Alcaián, de Urco Editora. Participarán no acto Denís Fernández Cabrera en representación da editorial e o autor da obra.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
Ourense: presentación de En defensa do poleiro
O
mércores 6 de abril, ás 20:00 h., na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12) de Ourense, preséntase o libro En defensa do Poleiro, publicado por Toxosoutos, libro colectivo, iniciativa da Plataforma en defensa do uso público e educativo do mosteiro de Celanova, que contou coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega e no que participaron máis de 60 escritores galegos. Intervirán: Xoán Carlos Domínguez Alberte (coordinador), Jorge Emilio Bóveda, Álvaro Lago e Teresa Devesa.
Jorge Emilio Bóveda: A xanela escura
“(…) O
xénero fantástico está menosprezado por iso, porque tende a repetirse. En Oriente si se están a facer cousas interesantes; alí teñen menos escrúpulos á hora de amosar, por exemplo, un neno morto. Son máis directos no tratamento do horrible”. Para escribir o libro, comezou o proceso de documentación polo ano 2005. “En Galicia hai moi pouco escrito sobre o tema, do mesmo xeito que hai pouco cine deste xénero, malia que o folclore e a superstición son un bo caldo de cultivo. Armando de Osorio, por exemplo, traballou en Madrid, e recoñeceu a influencia do noso folclore, ou de Bécquer…”. A entrevista completa a Jorge Emilio Bóveda pódese consultar aquí.
Ourense: presentación de A vila das ánimas, de Jorge Emilio Bóveda
O xoves
16 de setembro, a partir das 17:00 h., preséntase na Libraría Duen de Bux, na Praza Maior de Ourense, o libro A vila das ánimas, de Jorge Emilio Bóveda, publicado por Toxosoutos.
