Arquivos da etiqueta: Luís González Tosar
Ourense: coloquio Narradores arredor de Carlos Casares
Entrevista a Luís González Tosar en Zig-zag
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Luís González Tosar acaba de ser nomeado académico corresponsal da Real Academia arxentina das Letras en España, en representación de Galicia. A entrevista pode verse completa aquí.”
Santiago: Poetas arredor de María do Carme Kruckenberg
Arcadio López-Casanova gaña o Premio Voz de Liberdade do PEN Club Galicia
Desde
a Real Academia Galega:
“O xurado, formado polo presidente do PEN Club Galicia, Luís González Tosar, pola académica Fina Casalderrey e por Inma López Silva, Manuel Guede, Armando Requeixo, Luís Menéndez, Bieito Iglesias e Xabier Castro Martínez, acordou por unanimidade conceder o Premio Voz de Liberdade 2015 a Arcadio López-Casanova en recoñecemento á súa “fidelidade á lingua galega ao longo de máis de cinco décadas” e ao “seu permanente compromiso coa liberdade de expresión”.
“Estou moi agradecido, porque é un premio do PEN Club Galicia, unha institución decisiva para a difusión e a universalización da nosa cultura”, expresa o galardoado, que ingresou na Real Academia Galega como membro de honra no ano 2013 cun discurso sobre a modernidade poética de Rosalía de Castro. “Entendo que é un recoñecemento a unha actitude en defensa do país, en defensa da nosa identidade, da nosa lingua, algo que desde mozo intentei facer coa miña obra”, engade o académico, que recollerá o premio o vindeiro 25 de novembro nun acto que se celebrará no Consello da Cultura Galega. (…)
A súa propia evolución poderá apreciarse de novo na antoloxía que está a piques de publicar, A palabra compartida, na que recolle poemas “que son retratos e homenaxes” escritos ao longo de medio século de vida, desde 1963 ata 2013. “Van desde Rosalía ata os amigos máis novos que teño, pasando polos grandes mestres da galeguidade e doutros poetas nosos que sempre tiven como compañeiros de lectura”, detalla.
Non é a única novidade editorial do creador e ensaísta lugués. Tamén en breve publicarase unha obra de teatro infantil e un cancioneiriño que escribiu nos primeiros anos 70. “A obra de teatro tíñaa esquecida. Atopeina remexendo en carpetas vellas. Emocionoume moito atopala, podela refacer e que saia agora na editorial Ir Indo. E co cancioneiriño pasou o mesmo. Refixen os dous textos, amplieinos un pouquiño e van saír en pouco tempo”, conclúe.”
A VII Festa da Palabra reivindica a figura do galeguista e xornalista Francisco Luís Bernárdez
Desde
Galicia Hoxe:
“A VII Festa da Palabra, que se celebrou este sábado na Insua dos Poetas, na Esgueva (Madarnás, O Carballiño), reivindicou a figura do xornalista, poeta, diplomático e galeguista Francisco Luís Bernárdez (Bos Aires 1900-1978). A súa vida e obra recóllese nun libro no que varios autores rescatan do esquecemento a este ilustre galeguista, e como afirmou o poeta e presidente do Pen Galicia, Luís González Tosar, coordinador da publicación, “é de necesidade manter viva a lembranza de quen fixo tanto pola nosa lingua e pola nosa cultura”.
O volume que recolle a traxectoria vital e profesional de Bernárdez é unha edición que conta co apoio da Deputación de Ourense, da Xunta e do Pen Galicia. Tosar foi precisamente o encargado de abrir o acto nesta xornada festiva para a palabra na nosa lingua. Con el estaba o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o presidente da Academia Arxentina das Letras, José Luís Moure; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o vicepresidente do Parlamento, Miguel Santalices, xunto a persoeiros dos ámbitos institucional, social e cultural de Galicia.
Na clausura do acto Manuel Baltar afirmou que a palabra “é compromiso e progreso” e defendeu a Ourensanía, “un horizonte amplo e plural, o noso xeito de percorrer o mundo, como a definiu o propio Tosar: “Sólida mestura de astucia pándiga e de íntima e fonda reflexión dos que máis sabemos dos camiños do mundo, porque os percorremos case todos, a pé e detrás da roda”. Baltar, quen agradeceu a todos os que achegan “ilusión e vitalidade a este territorio único e singular, comprometidos coa cultura e coa lingua propias de Galicia”, reafirmou que somos ourensáns, “coñecedores do bo e do ruín, sufridos, narrativos e agudos”.
O presidente do goberno provincial dixo coincidir co que Risco –e tamén Bernárdez- expresaba en 1917 na revista neosófica “La Centuria”, onde escribiru: “Ourense está moito máis preto de Nova York que de Madrid”, “Aínda que isto no sexa certo en canto a distancias, explicou Manuel Baltar, si é verdade desde unha perspectiva cultural, na que cómpre ter en conta o papel da Ourensanía, porque os ourensáns, moi amantes do noso, que non entendemos de fronteiras nin de dogmas, preferimos ser máis ben rebeldes e inadaptados. Gústanos sorprender. E como me dixo nunha ocasión Ogando Vázquez a modo de consello: “Hai que rebelarse de voz”. Rematou afirmando o presidente da Deputación que hoxe, “na festa das festas”, “as palabras son compromiso, porque poden que as leve o vento, máis ditas quedas”. (…)
A Esgueva, O Carballiño: VII Festa da Palabra, en lembranza de Francisco Luís Bernárdez
Ourense: mesa redonda sobre Carlos Casares e a fotografía
O
xoves 9 de abril, ás 20:00 horas, na Sala de Tertulia de Liceo de Ourense, terá lugar unha mesa redonda sobre Carlos Casares e a fotografía, onde participan Vítor Vaqueiro e Luís González Tosar, coa moderación de Gustavo Adolfo Garrido.
A Esgueva, Madarnás, O Carballiño: Auga, árbore e poesía na Insua dos Poetas
A Coruña: recital de Luís González Tosar e Robert Pinsky no Ciclo Poetas Di(n)versos, o luns 2 de marzo
O
luns
2 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Luís González Tosar e Robert Pinsky. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos marzo 2015.





