Desde a Deputación de Pontevedra:
“A área de Patrimonio e Lingua da Deputación de Pontevedra conmemora este ano as Letras Galegas baixo o lema “A nosa lingua é a nosa identidade”, poñendo en valor o galego como “parte de toda a nosa vida, do ser de Galicia como país”. Durante toda esta semana a institución provincial, por iniciativa da área da deputada María Ortega, desenvolverá unha campaña promocional realizada en colaboración coa Asociaciación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) que consistirá na difusión de 24 vídeos de autores e autoras da provincia lendo fragmentos de diferentes obras de Carvalho Calero que elas e eles mesmos escolleron.
Ortega destaca que a Deputación decidiu levar adiante a campaña a pesar de que os actos oficiais e presenciais das Letras Galegas 2020 non terán lugar o 17 de maio, senón que se adiarán ata outubro debido á crise sanitaria da COVID-19. A nacionalista explica que a Deputación traballa pola defensa e a posta en valor do idioma propio ao longo de todo o ano con accións continuadas e colaboracións con entidades, polo que afirma que manterá esa liña e as axudas a concellos e entidades, actividades e outras iniciativas, ademais de programar eventos nas datas máis sinaladas do calendario. “O Día das Letras non só é un día no ano, para nós son os 365 días“, remarcou.
Ortega salientou a importancia de que as institucións sexan activas desde todos os ámbitos para promocionar e poñer en valor o galego como “parte de toda a nosa vida e do ser de Galicia como país”. Destacou o reto de facer chegar o galego a persoas novas e neofalantes para que utilicen en todos os eidos da súa vida, tanto para a promoción da cultura propia coma no ensino, a ciencia, a economía ou o ámbito sanitario, tan en boga estes días.
Homenaxe a Carvalho Calero
A campaña que lanza a Deputación supón unha homenaxe a Carvalho Calero posta en boca de compañeiras e compañeiros do seu propio gremio. As redes sociais e a páxina web da Deputación difundirán ata o vindeiro domingo 17 de maio 24 vídeos nos que escritoras e escritores da provincia de Pontevedra lerán pequenos fragmentos de obras de todo tipo do creador ferrolán.
As e os autores participantes serán Fina Casalderrey, Carlos Taboada, María Xosé Porteiro, Miguel Anxo Alonso, Eva Mejuto, Rafael Fernández Lorenzo, Miriam Ferradáns, Ramón Caride, Tamara Andrés, Xurxo Esquío, Montse Fajardo, Xosé Luna, Susana Sanches Arins, Xosé Daniel Costas, Lucía Novas, Álex Alonso, Iria Misa, Cruz Martínez, Nee Barros, Ramón Nicolás, Macamen Alonso, Marta Dacosta e Elena Gallego Abad. A deputada María Ortega agradeceulles a todas e todos eles a súa colaboración na iniciativa e o seu traballo a prol da lingua.”
Arquivos da etiqueta: María Xosé Porteiro
Á caza do bestseller galego
Desde La Voz de Galicia:
“A diferenza pódese ensinar cos dedos dunha man. Se hai dez anos servían para contar os nomes de escritoras e escritores galegos de narrativa traducidos con éxito ao castelán, hoxe as dez falanxes non chegan. Ao grupo das firmas consolidadas, Manuel Rivas e Domingo Villar entre eles, hai que engadir fenómenos emerxentes, coma o de Inma López Silva ou Arantza Portabales, dúas apostas de Lumen, unha das marcas do xigante Random House, que tamén fichou a Pedro Feijoo con Ediciones B. Mentres, o Grupo Planeta fixo o propio con Ledicia Costas. Carlos Meixide, Diego Ameixeiras, Berta Dávila, Antón Riveiro Coello, María Xosé Porteiro, Begoña Caamaño, Xesús Fraga -que publicará este ano a tradución ao castelán do seu Premio Blanco Amor, Virtudes (e misterios), en Xordica-, María Solar ou Manuel Gago son outros dos autores que van abrindo camiño. Nesta exportación da cultura galega mesmo a poesía agasalla unha das últimas alegrías. A protagonizada por Ismael Ramos, cuxa versión en castelán de Lumes (Apiario), Fuegos (La bella Varsovia), foi premiada este 2020 polas librerías independentes españolas. As letras galegas están de moda, será esta pasaxeira?
«Non é unha sensación, é un dato que se pode constatar na axencia española da base de datos do ISBN», responde Francisco Castro. O director xeral de Galaxia participa deste boom. Este 2020 publicou en galego, castelán, catalán e vasco Tantos anos de silencio. Algo que nunca sucedera cun título orixinal de narrativa en galego. (…)
Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coinciden na relevancia das últimas traducións, pero o seu presidente, Cesáreo Sánchez, matiza ao respecto: «Está a haber máis traducións de libros galegos ao castelán e a outros idiomas cualitativamente importantes. Cuantitativamente, creo que aínda non son os que unha literatura, coa capacidade e a fortaleza creadora como a galega, debera ter».
O apoio institucional, máis forte en literaturas como a catalá, é unha das eivas que apunta Sánchez: «Merecemos que as nosas editoras teñan todo o necesario para internacionalizar a obra dos nosos escritores. Máis que ingresos cuantitativamente importantes, significan o recoñecemento da necesaria profesionalización do sector». Ademais, hai outro punto positivo: «Este non é un camiño só de ida, tamén trae retorno. As traducións sempre conlevan visibilidade social e cultural». (…)”
María Xosé Porteiro le un fragmento de Buscando a Clara
Desde a AELG recollemos a lectura que fai María Xosé Porteiro dun fragmento da súa obra Buscando a Clara, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Compostela: Ciclo de charlas e libros O mundo desde aquí
A Habana: presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro
O 13 de febreiro, ás 15:00 horas, na Cátedra de Cultura Galega, na Facultade de Artes e Letras da Habana, preséntase Sándalo, de María Xosé Porteiro, publicado por Galaxia.
Gondomar: presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro
O 7 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Libraida de Gondomar (Rúa Rosalía de Castro, 13), celébrase a presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro, publicado por Galaxia. Acompañando á autora, asistirán Camiño Noia, Malores Villanueva e Vicente Montejano.
Compostela: presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro
Lugo: conversa con María Xosé Porteiro, autora de Sándalo
Ares: presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro
Feira do Libro da Coruña 2019: actividades literarias destacadas do 1 de agosto
O 1 de agosto comeza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 12:30 h. Pregón a cargo de Pilar Pallarés.
– 18:00 h. Amador Castro Moure asina Pillabán, pillabán, publicado por Edicións do Peirao, na caseta da Libraría Nobel.
– 19:00 h. Mesa redonda sobre “Mulleres de negro”, coa presenza de Ledicia Costas, Arantza Portabales e María Oruña.
– 19:00 h. Presentación de Quokka Moka, de María Solar, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada.
– 19:00 h. Álex Mene asina Indómita e Semente da da Inmortalidade, publicado por Bululú, na caseta da FNAC.
– 19:30 h. Pinto & Chinto asinan na caseta da Libraría Lume.
– 19:45 h. Conversa entre Érica Esmorís, autora de Quen salva un can e Andrea Maceiras, autora de Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018, publicados en Xerais. Ao remate sinatura de exemplares.
– 20:00 h. María do Cebreiro e Germán Labrador asinan a súa edición de El primer loco, de Rosalía de Castro, publicado por Alvarellos.
– 20:30 h. Presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro, publicado por Galaxia, coa participación, xunto á autora, de Xosé María Paz Gago e Francisco Castro.