Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Raúl Gómez Pato publica en Espiral Maior o poemario Máscaras de espellos. Pode accederse á entrevista aquí.”
Arquivos da etiqueta: Máscaras de espellos
Guitiriz: presentación de Máscaras de espellos, de Raúl Gómez Pato
O mércores 7 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa Habanera (Rúa do Concello, 42), en Guitiriz, Raúl Gómez Pato presenta o libro Máscaras de espellos, gañador do I Premio de poesía Xosé María Díaz Castro, publicado por Edicións Espiral Maior. No acto participan, xunto ao autor, Miguel Anxo Fernán-Vello, Armando Requeixo, Ánxela Gracián e Luís González Tosar.
Entrevista a Raúl Gómez Pato sobre Máscaras de espellos
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Raúl Gómez Pato gaña con Máscaras de espellos o I Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Raúl Gómez Pato gaña o I Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía
Desde o Concello de Guitiriz:
“No salón de sesións do Concello de Guitiriz, as 13:00 horas do venres 19 de febreiro, o Xurado do 1º Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía composto por:
– Miguel Anxo Fernán-Vello. Presidente.
– Ánxela Gracián. Vogal.
– Armando Requeixo. Secretario.
Emitiu o seu fallo, resultando como gañador:
RAÚL GÓMEZ PATO
Título: Máscaras de Espellos.
Lema: Sólido Níquel.
O xurado estimou que a obra ofrece unha escritura de grande altura estética, que amosa un excelente dominio da fórmula versal e o emprego dunha imaxinería neosurral que abisma na interioridade de universos líricos de fascinio, atento tanto ás escenas do mínimo cotián como aos grandes sucesos do devir colectivo.
Poderosa dicción, contención e fulguración na palabra revelan neste poemario unha voz senlleira que moito presta visitar.
O Xurado salienta o alto grado de participación, así como a excelente calidade dos traballos, que evidencian a simpatía coa que goza esta primeira convocatoria, que leva o nome do máis insigne poeta de Guitiriz, que é o seu mellor embaixador.”