Arquivos da etiqueta: Míriam Ferradáns
Míriam Ferradáns entrevista a Xavier Alcalá
Desde
Galaxia:
“(…) – Miriam Ferradáns (MF): O título da súa útima novela, The Making of, xa advirte o lector de que estamos ante un proceso de descuberta. A tradución deste título sería algo así como “Como se fixo”. Como pensou Xavier Alcalá esta novela? Como fixo vostede o making of de The Making of? Ten algo que ver a estrutura da novela co feito de que no ano 2007 depositara na RAG seis orixinais de novelas onde se pode ver como se vai ensamblando o proceso creativo?
– Xavier Alcalá (XA): O título da novela corresponde a unha vella teima miña, que xa se mostraba en Tertúlia, a novela “escandalosa” que –despois de esgotar axiña unha edición de 3.500 exemplares– non foi replublicada nin polo editor, Sotelo Blanco, nin por ningún outro.
Sempre me perseguiu a idea de que hai un “como se fixo” por tras de cada obra. En The Making of fixen unha reportaxe novelada de como nos chegou ao Cholo Rey (convertido en personaxe) e a min o coñecemento dunha historia incrible, se non fose porque o Cholo conseguiu os expedientes policiais e xudiciais do caso. Levounos moitos anos –coido que quince– madurala.
– MF: Un enxeñeiro de telecomunicacións que viaxa con frecuencia á Arxentina e –dentro dela– á Patagonia recibe o encargo de facer unha investigación sobre un galego emigrado e desaparecido. El será os nosos ollos en boa parte da novela. Por que ese enxeñeiro non ten nome?
– XA: Non fai falta saber como se chama. Ao lector só lle pode causar certa curiosidade que un tipo “non de Letras” teña a teima de escribir. En todo caso, haberá no texto un intento de demostración de que todos somos fabuladores, con independencia da nosa formación (velaí o Xavier Queipo ou a Antía Yáñez). Tamén, se cadra, pódese ver que os “de Ciencias” temos tendencia a investigar con rigor porque a falta de rigor nas nosas profesións se paga moi cara (se non funciona un cabo de fibra óptica non lles chega a Internet aos usuarios e non hai desculpas).
– MF: Vostede describe aquí unha emigración pouco traballada na literatura e no imaxinario colectivo de quen xa non viviu esa emigración de preto. Definiría vostede The Making of como unha novela innovadora? E como unha novela documental?
– XA: Non sei canto pode ter ese texto de innovador porque non son “técnico” da Teoría da Literatura. Ora, a cantidade de documentos que manexei para aterme aos feitos históricos foi moita. E contei con dúas axudas fundamentais: a sagacidade de sabuxo xornalista do Cholo Rey e a memoria dos vellos galegos perdidos “ao sur do mundo”. Non esquezamos que os profesionais da Historia Contemporánea, sobre todo nos eidos do silenciado por medo a tocar en “asuntos sensibles” (coma a presenza dos nazis na Arxentina), se valen da memoria viva das testemuñas dos feitos. (…)”
Meiro, Bueu: presentación de The making of, de Xavier Alcalá
A Coruña: actividades destacadas na Feira do Libro 2018 para o 7 de agosto
O
7 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Encontro Os poetas e os seus libros. Participan: Xosé Luís Mosquera Camba, Míriam Ferradáns e Carlos Lixó. Modera: Miguel Anxo Fernán-Vello.
– 19:00 h. Ana María Fernández asina Ring, ring!…quen rima?, na caseta de Hércules Edicións.
– 19:30 h. Eva Veiga asina na caseta de Lume.
– 19:45 h. Presentación de Lapis na noite, de Ramón Nicolás, publicado por Xerais. O autor estará acompañado de Mercedes Queixas, María Canosa e Fran Alonso.
– 20:00 h. Pedro Casteleiro na Libraría Azeta.
– 20:30 h. Presentación de Avante todas. O papel do feminismo despois do 8M (Revista Luzes). Con Manuel Rivas, Goretti Sanmartín, Ana Luísa Bouza e Claudia Morán.
– 21:15 h. Presentación de Galicia en bus de María Reimóndez, publicado por Xerais. A autora estará acompañada de Manuel Rivas, Eli Ríos, Emma Pedreira e Fran Alonso.









