Desde o Concello de Carral:
“O poemario escrito conxuntamente por Sara Plaza e Baldo Ramos vén de ser elixido como a obra gañadora do 29º Premio de Poesía Concello de Carral. É a primeira ocasión no que o certame premia unha autoría dobre.
O premio está dotado con 3.500 € e a publicación da obra en Edicións Espiral Maior.
Dun total de 77 obras presentadas ao concurso, o xurado, por unanimidade, decidiu premiar Porcelana e chumbo pola súa voz elexíaca, grave e meditativa. Pon en valor que a escrita aparece como unha forma de acompañar a perda, a cegueira e a memoria moi presentes en todo o traballo. Destaca tamén a madurez expresiva, a densidade poética, as imaxes innovadoras que afondan nos grandes temas universais: a soidade, o paso do tempo e o valor do íntimo. Ademais o xurado quere salientar a orixinalidade que supón crear un poemario a dúas voces.
O xurado estivo constituído pola concelleira de Cultura, Isabel López, que exerceu de presidenta, as poetas Branca Trigo, Miriam Ferradáns e Modesto Fraga, e o técnico de Cultura e coordinador do certame, Carlos Lorenzo, como secretario con voz e sen voto. (…)
O acto de entrega do premio, así como a presentación da obra gañadora na pasada edición, Especies invasoras, de Branca Trigo, terá lugar o venres 5 de xuño na Casa da Cultura.”
Arquivos da etiqueta: Modesto Fraga
Fisterra: velada literaria con Roberto Traba e Modesto Fraga
Velada literaria con Roberto Traba e Modesto Fraga, en Fisterra
Cee: Gaza. conferencia Un xenocidio televisado, por Mohamed Safa
Presentación de As almas da fisterranía, de Modesto Fraga
Cee: presentación de As almas da fisterranía, de Modesto Fraga
Corcubión: presentación de As Almas da Fisterranía, de Modesto Fraga
Carballo: presentación de As almas da fisterranía, de Modesto Fraga
‘As torres abolidas’, o poemario escrito por Xosé Miranda Ruíz, é a obra gañadora do XXIII Premio de Poesía Afundación
“As torres abolidas, de Xosé Miranda, gañou o XXIII Premio de Poesía Afundación. O xurado composto por Luís González Tosar, Míriam Ferradáns, Marica Campo, Manuel Filgueiras Fernández e Modesto Fraga Moure, destacou que dentro das 44 obras presentadas, “este poemario permitiulle descubrir un traballo poético cuxo tratamento da nosa mitoloxía, con lucidez e acerto, elévao ao nivel das mitoloxías clásicas”. “O xurado tamén celebra que o autor galardoado sexa un recoñecido escritor cunha traxectoria consolidada nas nosas Letras. Isto pon de manifesto a vitalidade da poesía galega de hoxe, con claro carácter interxeracional.”
O galardón está dotado cun único premio de 7 000 euros e será publicado na colección ‘Arte de Trobar’, editada polo Centro PEN de Galicia, coa colaboración de Afundación e a Xunta de Galicia, cumprindo así o principal obxectivo deste galardón: estimular a escrita e a produción literaria de calidade na nosa lingua.”







