Afonso Becerra, dramaturgo: “Prefiro as luces de Becerreá que as de Vigo”

Entrevista a Afonso Becerra en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Que é o Pandrama?
– Afonso Becerra (AB): O pandrama, así mesmo, vai máis aló do que entendemos por un drama clásico, sería máis ben o posdrama. Escollín este nome para o libro porque o certo é que a pandemia de covid-19 foi un drama para todos nós, e quixen xogar co seu significado. Non houbo ninguén que puidese escapar do pandrama. Trátase dun libro breve de contos con pezas teatrais. (…)
– LVG: Como ve o panorama cultural no eido rural?
– AB: Está todo un pouco adormecido, pero é certo que cada vez hai máis asociacións, como Rente o Couce, As Candelas ou Abrente en Ancares, que fan moito por manter viva a cultura. Eu mesmo alucinei coa decoración de Nadal deste ano, porque é todo artesanal. Eu, que vivo en Vigo, o parque temático das luces, prefiro antes as de Becerreá. Teñen máis identidade. (…)”

Vigo: actividades dos 2 e 3 de xullo da Feira do Libro 2022