Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria con Manuel Rivas, que tivo lugar o pasado 2 de abril. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Arquivos da etiqueta: Paseos pola Coruña Literaria
Paseos pola Coruña Literaria 2016
Unha
iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña: Paseos pola Coruña da man das escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na cidade.
Desta vez, a inscrición vai ser independente en cada un dos paseos, sempre a partir das 9:00 horas, na conserxaría do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888 a partir dos seguintes días:
- Manuel Rivas. A inscrición está aberta desde o xoves 17 de marzo.
- Estibaliz Espinosa. A inscrición abrirá o luns 11 de abril.
- Yolanda Castaño. A inscrición abrirá o luns 2 de maio.
- Pedro Feijoo. A inscrición abrirá o luns 30 de maio.
Manuel Rivas. Sábado 2 de abril. De 12:00 a 13:30 h.
Con inicio diante da libraría Lume e remate no adro da Igrexa de Santiago.
Temos que ir ao rescate da memoria e así a memoria virá rescatarnos, reactivar o noso presente.
A Cidade é un libro e ese libro contén moitos mundos.
O noso paseo literario será anfibio, polo visibel e invisíbel, co fondo da historia dramática da Cultura e a capacidade de re-existencia, da man de Os libros arden mal, O último día de Terranova e A boca da Terra.
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria do 14 de novembro, con Felipe Senén
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria, da man de Felipe Senén, que tivo lugar o pasado 14 de novembro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria do 31 de outubro, con Pedro Feijoo
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria, da man de Pedro Feijoo, que tivo lugar o pasado 31 de outubro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Paseos pola Coruña Literaria 2015, con Felipe Senén
Paseos pola Coruña literaria é
unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña, na que terán lugar novos paseos pola nosa cidade coas propias escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na Coruña.
INSCRICIÓN: a partir do 5 de outubro (até esgotárense as prazas), na conserxaría do Centro Ágora ou chamando ao 981-189888. Prazas por paseo: 55 / A actividade está dirixida a maiores de 16 anos. Sigue lendo
Paseos pola Coruña Literaria 2015, con Pedro Feijoo e Felipe Senén
Paseos pola Coruña literaria é
unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña, na que terán lugar novos paseos pola nosa cidade coas propias escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na Coruña.
INSCRICIÓN: a partir do 5 de outubro (até esgotárense as prazas), na conserxaría do Centro Ágora ou chamando ao 981-189888. Prazas por paseo: 55 / A actividade está dirixida a maiores de 16 anos. Sigue lendo
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria do 17 de outubro, con Dores Tembrás
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria, da man de Dores Tembrás, que tivo lugar o pasado 17 de outubro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Dores Tembrás: “O pulso poético da Coruña é extraordinario”
Entrevista de Guillermo Pardo a Dores Tembrás en Coruña Daily News:
“En colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o Concello da Coruña retoma o sábado 17 os paseos literarios pola cidade, unha iniciativa que se iniciou e desenvolviu con éxito o ano pasado. Dores Tembrás será a escritora que guíe este primeiro roteiro da tempada, do que apunta algunhas cuestións ao tempo que reflexiona sobre o xeito de pousar a mirada na cidade. (…)
– Coruña Daily News (CDN): – Que Coruña vai descubrir Dores Tembrás aos participantes?
– Dores Tembrás (DT): Agardo que unha Coruña que se ergue entre o íntimo e o público, con poemas d’O pouso do fume e algúns inéditos. Interésame que o paseo sexa un encontro cun tempo pasado, pero tamén coa vangarda da cidade, onde ademais estarán presentes autores moi admirados ligados a ela.
– CDN: En que se debería fixar e deter unha persoa que visita unha cidade?
– DT: Non me atrevo a aconsellar. A min gústame pasear con tempo, visitar os monumentos, os museos, pero sobre todo camiñar, buscar unha papelería, un restaurante agradábel, un parque…
– CDN: E un coruñés que ve a súa todos os días?
– DT: Preparando este paseo descubrín por exemplo unha ruta pola Coruña modernista que me puxo na pista de edificios por diante dos que pasei moitas veces e nos que non reparara. Creo que a cidade é infinda.
– CDN: Para vostede que é poeta, onde está o poesía da Coruña?
– DT: O pulso poético da cidade é extraordinario, dende a oferta cultural, recitais, librerías que alentan as presentacións, número de poetas, os cursos de escrita poética… A pregunta sería: onde non está?
– CDN: Déanos unha exclusiva para o Coruña Daily News. Que está a escribir? Está traballando na publicación dalgunha nova obra?
– DT: Agora estou máis centrada no labor editor e de formación en Apiario. Pero teño un par de proxectos abertos aos que espero regresar no vindeiro ano.”
A Coruña: Paseos pola Coruña Literaria 2015, con Dores Tembrás, Pedro Feijoo e Felipe Senén
Paseos pola Coruña literaria é
unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, na que terán lugar novos paseos pola nosa cidade coas propias escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na Coruña.
17 de outubro
A Coruña, unha cidade ao descuberto, con Dores Tembrás.
Saída: Xardíns dos Cantóns.
A cidade que se abre nunha cartografía infantil, unha urbe que se pon ao descuberto por medio das historias dos avós pero tamén dos referentes literarios coñecidos na adolescencia. Unha pequena deriva pespuntada palabra a palabra:
e as pegas rebuldás
cubriron as rúas
o asfalto nevado de noces
e todos
cos zapatos de Dorothy
en compaña do lobo
choutando nelas.
31 de outubro
A Coruña de Rosalía e Murguía: tras o vento da negra sombra, Pedro Feijoo.
Saída: Praza do Humor.
Teñen todas as cidades unha outra vida que, por veces, non se ve. Ou si, se se observa cos ollos adecuados… Unha vida feita da textura das letras, de sangue de tinta, e alma vestida nas historias. Nas que foron e nas que non foron… Desta volta, eu propóñovos un paseo por esoutra cidade, A Coruña de Rosalía e Murguía. Un paseo após as pantasmas daqueles nomes, de Gala, de Alejandra, de Anxo Aian e de Aurelio Aguirre, desde as miserias de rúa Tabernas, axustando as contas da Real Academia Galega, até as sombras do cemiterio de San Amaro e as súas tebras, a escuridade na que, moitas veces, vive a luz verdadeira. Se é que tal cousa existe, claro está. E todo, por suposto, sen deixar de lado o humor, que por algo hai na cidade unha praza a el adicada. Ou acaso non vos parece suficientemente gracioso que veña un de Vigo a ensinarvos a cidade? ;) Espero que sexa do voso maior agrado!
14 de novembro
De conversa co “Genius loci” dunha cidade vella, con Felipe Senén
Saída: Porta do Xardín de San Carlos.
Adentrarémonos na Prehistoria e na Historia desa croa ou croio de pedra rosa que é a Coruña. Dende o baluarte Vello ou Xardín de S. Carlos, ás 12 do mediodía dese sábado 14 de Novembro, cando aínda celebramos por Galiza adiante aos dous santos homonimos das Panoias, aos San Martiños de Tours e mais ao de Dume, cando aínda arrecenden na memoria as lumeiradas e as castañas asadas dos Magostos. Encetaremos unha pequena xeira arredor das luces e das sombras, na busca da conversa co “genius loci” dese couto ou “locus amoenus”, entre as pantasmas de Xerión, de Moore e de lady Sther Stanhope, de Porlier… polas paisaxes e as paisanaxes inspiradoras de Aguirre, Pondal, Rosalia, o Murguía dos Precursores, Francisca Herrera… sen librarnos da Condesa. Escudos, campas, epígrafes, lendas, mitos e ritos que se perden e que lembraremos baixo o Arco do Arquivo do Reino de Galiza… a carón do templo dos Domine-Cane, das fratellas de San Francisco e a carón dunha imaxe que foi Venus, feita Virxe da Estrela para os nautas do Mar dos Ártabros…Porto de Compostela.
A Coruña é cidade serea, ben o sabía Lugrís, da María das Batallas, de Ines de Ben, de Xoana de Vega, de Concepción Arenal, de Rosalía, Carolina Herrera, María Barbeito, Luisa Villalta que facía música coa palabra. Aqueloutra Coruña que cheiraba a tabaco e chicolate e un raparigo abríase ó mundo entre o amor e a morte, Pabliño Picasso. Marineda atlántica, de castros, altares, torres e muiños a beilar movidos por un vento toleirón… A Cidade amada de Garcés, de ida e volta de Manuel María, de atlántidas… Unha conversa en alto para coñecer, querer e defender realidades fronte a virtualidades, a orixe, a orixinalidade fronte á macdonalización´.
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria do 16 de maio, con Xurxo Souto
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria, da man de Xurxo Souto, que tivo lugar o pasado 16 de maio. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.