Arquivos da etiqueta: Pepe Carreiro
Compostela: Suso de Toro no programa Teño unha peza, do Museo do Pobo Galego
Compostela: As Irmandades da Fala. 100 anos despois
Vigo: presentación de Non debían medrar e Novas crónicas dunha transición intransixente, de Manuel Lueiro Rey, en edición de Ramón Nicolás
O
xoves 6 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Cartabón (Rúa Urzaiz, 125), en Vigo, preséntanse Non debían medrar (editado por Xerais) e Novas crónicas dunha transición intransixente (editado por Laiovento), de Manuel Lueiro Rey, en edición de Ramón Nicolás. No acto participan, xunto ao editor dos dous libros, Manuel Bragado e Pepe Carreiro.
Vídeo da presentación de e Caín, de Paco Souto, na Libraría Cartabón de Vigo
Vigo: presentación de Alén da casta, de Xabier Pérez Davila
Vigo: presentación de Figuras da finitude, de Francisco Sampedro
O
venres 20 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102), en Vigo, preséntase Figuras da finitude, de Francisco Sampedro, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan Pepe Carreiro, Xabier Cordal e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Entregados os Premios Ánxel Casal da Edición de 2014
Desde
a Asociación Galega de Editores:
O gremio editorial galego celebrou este serán en Pontevedra X edición dos Premios Ánxel Casal, nun acto no cal a Asociación Galega de Editores reúne anualmente a representantes do sector do libro de Galicia. (…) O acto foi presentado por María Lado e Lucía Aldao.
O acto contou coa inestimable colaboración do Concello de Pontevedra, grazas á Concelleira de Cultura Anxos Riveiro e asemade do Pazo da Cultura da cidade, con Pilar Portela á fronte, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e de Gadis, que, dende hai varios anos, apoia economicamente o acto.
Os libros finalistas, entre os cales o xurado selecciona os títulos premiados, foron elixidos polos editores mediante votación, realizada entre a proposta de candidaturas realizada por cada unha das editoriais.
O xurado estivo composto por Pilar Fernández Ruíz, bibliotecaria e directora da Biblioteca de Pontevedra; Cano Paz, libreiro da Librería Paz de Pontevedra; Alfonso G. Sanmartín, editor e ex presidente da AGE; Ramón Rozas, xornalista do Diario de Pontevedra; e Kiko da Silva, ilustrador e editor da banda deseñada. Os premios son os seguintes:
– Premio ao libro de ficción co que se pretende recoñecer ó mellor libro de ficción editado polos editores da AGE no ano 2014: A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz. Edicións Xerais.
– Premio ao libro de non ficción co que se pretende recoñecer o mellor libro de non ficción editado polos integrantes da AGE durante o ano 2014: O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco X. Fernández Naval. Edicións Linteo.
– Premio ao Libro de poesía ou teatro, co que se pretende recoñecer o mellor libro do ano 2014: Estrela do Norte, de Luís Rei Núñez, editado por Kalandraka Editora.
– Premio Isaac Díaz Pardo libro mellor ilustrado co que se pretende recoñecer un libro ilustrado editado polos membros da AGE e publicado en galego durante o ano 2014: Leviatán, de Ramón Trigo. Kalandraka Editora.
– Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil co que se pretente recoñecer un libro infantil editado polos membros da AGE durante o ano 2014: Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Edicións Xerais.
– Premio Lois Tobío ao libro traducido co que se pretende recoñecer un libro traducido para o galego editado no ano 2014: As floriñas de San Francisco, de Darío Xohán Cabana. Alvarellos Editora.
– Premio Xosefa Vilarelle ao libro educativo, co que se pretende recoñecer ó mellor libro educativo do ano 2014: Historia das mulleres galegas. Das marchas nómadas á Marcha Mundial das Mulleres, de Pepe Barreiro. Baía Edicións.
– Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora co que se pretende recoñecer a traxectoria creativa dun autor ou autora: María Reimóndez.
– Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa editorial co que se pretende recoñecer o traballo editorial durante o ano 2014: Colección Rescate, de Alvarellos Editora.
– Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural co que se pretende recoñecer o traballo realizado por unha persoa, empresa, entidade ou colectivo ao longo do ano 2014: Bibliotecas Escolares de Galicia.
Radiocrítica do 16-02-2015, por Armando Requeixo
Desde
o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 16 de febreiro en Ames Radio (107.2 FM, accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López de Galleira Passport, de Luís Menéndez (00:45), Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía, de Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez Monxardín (8:45), do colectivo Eno mar cabe quanti quer caber (15:10) amais de Os Bolechas van á Mariña lucense (22:00), de Pepe Carreiro.”
Pódese escoitar directamente aquí.
Santiago: actividades destacadas do luns 28 de abril na Feira do Libro
O
luns 28 de abril continúa a Feira do Libro de Santiago (no Parque da Alameda), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 19:00 h. Presentación do libro Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, publicado por Xerais. Xunto co autor, participarán no acto a escritora Teresa Moure e Manuel Bragado.
– 19:30 h. Pedro Feijóo asinará exemplares do seu libro A memoria da choiva, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Presentación do libro Historia das mulleres galegas, de Pepe Carreiro, publicado por Baía Edicións. Xunto co autor, participará no acto Belén López Vázquez.
– 20:00 h. A escritora Berta Dávila, asinará exemplares do seu libro Raíz de fenda, publicado por Xerais.



