Desde La Voz de Galicia:
“«Pola coherencia dun discurso poético sólido, o potencial evocador das imaxes, así como a orixinalidade das referencias que apelan á dimensión científica do ser humano biolóxico e emocional» o xurado vén de escoller As neuronas irmás, de Estíbaliz Espinosa, como a gañadora do decimoquinto Premio de Poesía Afundación. O poemario foi escollido entre 29 presentados por un xurado composto polas escritoras Berta Dávila e María Neves Soutelo, o escritor Mario Regueira; Xabier Castro, escritor e secretario do xurado, e Luís González Tosar, presidente do Centro PEN de Galicia e presidente do xurado. As neuronas irmás será agora publicada na colección Arte de Trobar, que xa conta con máis dunha ducia de poemarios de autores noveis e consagrados.
Estíbaliz Espinosa escribe dende o enfoque «dunha cultura única -como define a propia autora-: a simbiose entre a ciencia e as humanidades, así como o eixe entre muller, tecnoloxía, palabra e ciencia» (…)”
Arquivos da etiqueta: Premio de Poesía Afundación
XV Premio de Poesía Afundación
Olalla Cociña acada o Premio de Poesía Afundación
Desde Sermos Galiza:
“A poeta de Viveiro vén de facerse coa XIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro Pen de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 33 obras.
O poemario gañador -titulado Vestir a noite– é, en palabras do xurado, “unha proposta poética ben artellada e consciente da súa macroestrutura. Un traballo compacto con grandes virtudes expresivas e que ofrece unha visión harmónica dos espazos e dos tempos. Cómpre destacar a imaxinería naútica e a habelencia na clausura dos textos. Vestir a noite achega ao panorama da nosa lírica unha proposta dinámica e refrescante”.
O xurado, que emitiu o seu dictame na segunda feira 5, estaba composto por Dores Tembrás, escritora; Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro; Ana Abelenda, xornalista e crítica literaria en La Voz de Galicia; e Xabier Castro Martínez, escritor e secretario do xurado. (…)”
Betanzos: presentación de Duración da penumbra, de Miguel Anxo Fernán-Vello
A Coruña: entrega do XIII Premio de Poesía Afundación a Miguel Anxo Fernán-Vello
O venres 20 de maio, ás 19:30 horas, na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8), entrégase o XIII Premio de poesía Afundación a Miguel Anxo Fernán-Vello, pola obra Duración da penumbra, presentada baixo o lema «Sombra do aire».
Confirmación de asistencia a través deste formulario de inscrición ou no teléfono 981 185 060. O premio, convocado polo Centro PEN de Galicia, conta co patrocinio de Afundación e a Xunta de Galicia.
Bases do XIV Premio de poesía Afundación
Miguel Anxo Fernán-Vello gaña o XIII Premio de Poesía Afundación
Desde Afundación:
“O XIII Premio de Poesía Afundación recoñece coa unanimidade do xurado a Miguel Anxo Fernán Vello polo seu traballo Duración da penumbra, presentado baixo o lema «Sombra do aire». Hoxe deuse a coñecer o gañador do premio de poesía máis emblemático de Galicia que, tras a deliberación do seu xurado, reunido na sede da fundación galega en Compostela, decidiu outorgar o galardón a este escritor de Cospeito, poeta, dramaturgo e editor.
O xurado, integrado por Luís González Tosar, presidente do Centro Pen de Galicia, como presidente do xurado; Óscar Xabier Castro Martínez, secretario; Inma López Silva, escritora; Manuel Guede Oliva, dramaturgo e poeta e Luciano Rodríguez Gómez, crítico literario, destaca na obra galardonada «a aposta polo dominio das formas e pola intensidade dos rexistros. O resultado- subliñan na acta do premio- é unha unidade compacta que consegue, con grande habelencia e talento, extraer da realidade máis crúa o lirismo máis elevado. O poeta trascende o seu propio ser a través da autenticidade da palabra, mergullando na escuridade para albiscar o horizonte luminiscente, todo o esplendor deste libro».
Así mesmo, o xurado destacou a alta calidade dos traballos presentados nesta convocatoria, feito que evidencia a boa saúde da creatividade dos poetas galegos e que deixa constancia de que a poesía e a creatividade en lingua galega están a vivir un momento poderoso. (…)”
Convocado o XIII Premio de Poesía Afundación
Entrevistas a Elías Portela, gañador do premio de poesía Afundación
Elías Portela gaña o XII Premio de Poesía Afundación con Bazar de traidores
Desde Magazine Cultural Galego e Sermos Galiza:
“Elías Portela vén de gañar coa obra Bazar de traidores o XII Premio de Poesía Afundación. O xurado, composto por Luís G. Tosar, Xabier Castro Martínez, Bieito Iglesias, Francisco P. Lorenzo e María Dolores Villanueva valorou a “innovación das imaxes e da estrutura da obra, a mestura dos rexistros culto e popular e a capacidade da crítica vitalista acompañada dun notable sentido do humor”.
Afirma ademais na súa acta que “o poeta actualiza o legado da vangarda histórica de Manuel Antonio usando unha linguaxe expresiva dun contexto contemporáneo, cosmopolita e á vez inserido nunha forte identidade persoal”.
Na rolda de prensa posterior á deliberación do xurado, Luís González Tosar afirmou que “foi unha sorpresa abrir a plica e descubrir que gañador é un autor de referencia en lingua islandesa, consagrado de tal maneira, que falar de Elías en Islandia é falar da renovación da súa poesía nacional”. (…)”