O
mércores 27 de abril, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Historia dun ermo asociativo. Labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo, de Daniel Lanero Táboas, publicado en 3C3. No acto intervirán Ramón Villares, Lourenzo Fernández Prieto, Víctor Manuel Santidrián Arias, X. Amancio Liñares Giraut e o propio autor.
Arquivos da etiqueta: Ramón Villares
Santiago: Homenaxe a Xosé Neira Vilas
Ramón Villares e Henrique Monteagudo falan sobre As linguas neolatinas na Universidade de Porto
(Xornal)
Ramón Villares: “A lingua non pode depender só das accións institucionais”
Entrevista
a Ramón Villares en Galicia Hoxe:
“- Galicia Hoxe (GH): Pero como se restitúe a posición pública do idioma galego?
– Ramón Villares (RV): Mediante medidas de discriminación. E iso unicamente pode darse mediante unha gran mobilización da sociedade civil ou unha acción institucional decidida. A sociedade galega confiou en que os poderes autonómicos fixesen ese traballo, que se manifestou na colocación do galego no sistema educativo e na construción dun sistema cultural.
GH: E dunha industria cultural?
RV: Claro, claro. Hai trinta anos a industria cultural en galego era mínima. Non quero dicir que hoxe sexa boiante, pero hai teatro, cinema, produtoras de audiovisuais, actores e actrices, medios públicos de comunicación en galego. Todo isto forma parte do mellor da autonomía. Pero a lingua non pode depender só das accións institucionais, ha de depender tamén do pulso social. E é aí onde eu percibo unha certa despreocupación. Agora, hai unha minoría que cre que o galego é un problema e hai outra minoría que cre que o é por outra razón, e hai unha ampla franxa social que está instalada nunha especie de comodidade. O galego non ten un nivel de resistencia moi alto desde o punto de vista sintáctico e fonético -é unha lingua romance moi próxima ao castelán e ao portugués- e, ao propio tempo, no seu uso non ten un alto limiar de resistencia. Marca menos falar ou non falar galego que catalán en Cataluña ou éuscaro no País Vasco.
– GH: Esa falta de empuxe da sociedade civil afecta tamén á industria cultural?
– RV: É que o problema está no sistema cultural no seu conxunto. Galicia non é unha potencia económica, e se algo a define é poder presentar no mundo a súa identidade cultural. Nos cinco continentes temos galegos e galegas que non renuncian á súa condición de galegos e galegas. Son pingas no océano, pero pingas importantes que se definen como galegas estean onde estean. Esta é nosa gran potencia. Ás veces, non nos decatamos diso e encerellámonos en debates domésticos esterilizantes.”
Santiago: presentación de A nacionalización do pasado irlandés: 1845-1937, de Xavier R. Madriñán
O
luns 28 de marzo, a partir das 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro A nacionalización do pasado irlandés: 1845-1937, de Xavier R. Madriñán, publicado pola Xunta de Galicia. O acto contará coa presenza de Ramón Villares, Ramón Maíz e o autor.
Ramón Villares: “Manifesto do Teatro Galego”
Santiago: presentación de A agonía do león. Esperanza e traxedia dos escapados, de Carlos G. Reigosa
O
xoves 24 de febreiro, ás 12:30 h., na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi. 2º andar, Praza do Obradoiro de Santiago, terá lugar a roda de prensa de presentación aos medios do libro A agonía do león. Esperanza e traxedia dos escapados de Carlos G. Reigosa, publicado en Xerais. No acto intervirán Ramón Villares, Carlos G. Reigosa e Manuel Bragado. Entrevista en La Voz de Galicia, a través de Xerais.
Vigo: homenaxe a Francisco Fernández del Riego
O
venres 14 de xaneiro, ás 19:30 h, na sala de conferencias do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 24-26) de Vigo, terá lugar unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, organizada pola Fundación Penzol e a Editorial Galaxia. Participarán na homenaxe, para a que se están a recibir numerosas adhesións, Ramón Villares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Bragado, os académicos Xosé Luís Franco Grande e Xesús Alonso Montero, a filóloga e investigadora Malores Villanueva, Marián Vidal, directora técnica da biblioteca e arquivo Penzol, Benxamín Casal e Alfonso Zulueta de Haz (vicepresidente da Fundación Penzol). Antón Pulido entregaralle á Fundación Penzol unha copia do retrato de don Paco que no seu día o pintor realizou para a Real Academia Galega. Tamén se proxectará un vídeo de carácter biográfico realizado por Félix Vidal, mentres que Rosa Aneiros, premio de xornalismo Fernández del Riego, escribiu Unha Alba de Gloria para Fernández del Riego. O acto estará conducido por Víctor Freixanes. Crónica posterior en Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.
Santiago: presentación de Cartas de Poeta. De Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro. 1953-1972
O
xoves 23 de decembro ás 11:30 h., na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, preséntase o libro Cartas de Poeta. De Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro. 1953-1972, editado polo propio Consello da Cultura Galega baixo a coordinación de Luís Cochón e Luís Alonso Girgado. No acto intervirán Ramón Villares, Luís Cochón e Uxío Novoneyra Rei, fillo do poeta. A nova aparece recollida en Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, El Correo Gallego, La Voz de Galicia e Cultura Galega. Pequena escolma en Cultura Galega.

