O
xoves 12 de marzo, ás 20:00 horas, na Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, terá lugar unha charla-coloquio sobre Mariví Villaverde, homenaxeada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, coa participación de Marga do Val e Francisco Pillado.
Arquivos da etiqueta: Real Academia Galega
A Coruña: A Arte e a Literatura, con Miguelanxo Prado e Xavier Seoane, nos V Encontros Cidade da Coruña: As artes e a literatura
O mércores 11 de abril, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), comezan os V Encontros Cidade da Coruña, baixo o título As artes e a literatura, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, cunha mesa redonda sobre A Arte e a Literatura, onde participan como relatores Miguelanxo Prado e Xavier Seoane. No acto intervirán, previamente, Ana María Fernández Gómez, concelleira de Cultura, e o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
A Real Academia Galega “protesta firmemente” pola condena eclesiástica a Torres Queiruga
“A
recente condena do traballo do teólogo Andrés Torres Queiruga pola Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe acaba de ser respondida desde a Real Academia Galega. A entidade, a sinalar o seu carácter aconfesional, considera que a condena eclesiástica supón “unha grave conculcación da liberdade de pensamento dun grande intelectual e escritor”. Ademais, considera o documento “unha intromisión escandalosa contra a que protesta firmemente”. O antigo presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, xa sinalara en medios de comunciación o seu apoio ao teólogo, que é membro da Real Academia.” Vía Cultura Galega.
Alba Nogueira e Francisco Cerviño son os novos membros correspondentes da RAG
“A
profesora de dereito Alba Nogueira e mais o médico e político Francisco Cerviño son os novos académicos correspondentes da Real Academia Galega. A RAG anunciaba onte os nomes destas incorporacións, que colaborarán coas tarefas científicas da ocupación. Con eles, son xa 45 os membros correspondentes, aínda que os estatutos da Academia contemplan un número máximo de 60.” Vía Cultura Galega.
V Encontros Cidade da Coruña: As artes e a literatura
Chegan os V Encontros Cidade da Coruña, baixo o título As artes e a literatura, que se desenvolverán no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) os mércores 11, 18 e 25 de abril, ás 20:00 horas, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
No desenvolvemento creativo de toda cultura sempre estiveron presentes as máis diversas formas de colaboración entre a artes e a literatura.
É intención desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) facer unha aproximación a esta relación que, da man da literatura galega, as artes plásticas o cinema, a música, tiveron e teñen na cultura galega dentro dun mesmo contexto sociocultural como resposta a unha mesma realidade nun mesmo período temporal.
Ao longo de tres mesas redondas, compartidas por escritores, cineastas, deseñadores e compositores, falaremos da súa relación, das formas de comunicación ou de influencia entre elas e dos froitos que finalmente resultan destas formas de colaboración ou de tan só ter compartido un mesmo tempo histórico.
O programa é o seguinte:
– 11 de abril. Mesa inaugural: A arte e a literatura. Con Miguelanxo Prado e Xavier Seoane.
– 18 de abril. A literatura e o cinema. Con Carlos Amil e Margarita Ledo.
– 25 de abril. A literatura e a música. Con Paulino Pereiro e Margarita Viso Soto.
A Real Academia Galega estrea o seu novo web incorporando o Dicionario electrónico
“O
venres 30 de marzo, ás 12:30 horas, Real Academia Galega presenta o seu novo web. Entre as principais novidades do sitio, atópase a agardada publicación do seu Dicionario electrónico, que incorpora máis de 50.000 entradas, a súa realización sonora e unha serie de aplicacións para difundir socialmente as palabras. O novo web da RAG incorpora tamén noticias, RSS, a axenda da institución ademáis dos recursos documentais xa dispoñibles previamente.” Desde Cultura Galega.
Henrique Monteagudo: “O PP e a Xunta dan ao galego menos apoio do que deberían”
Entrevista
a Henrique Monteagudo en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Do estado de saúde da lingua non fai unha diagnose moi positiva. ¿Tan mal anda a cousa?
– Henrique Monteagudo (HM): Atravesamos unha crise moi seria, non só polo que nos mostran os datos sobre a evolución do galego como lingua falada da poboación, senón tamén polos discursos sociais en expansión que cuestionan a lexitimidade, a conveniencia, a utilización… da normalización lingüística. (…)
– LVG: Afirma tamén que o idioma precisa apoio. ¿Préstallo a Xunta?
– HM: Home, creo que a Secretaría Xeral de Política Lingüística está dando un apoio que lle toca dar. O Partido Popular no seu conxunto e a Xunta no seu conxunto, menos do que deberían dar: con mensaxes contraditorias aquí e en Madrid, buscándolle sempre a volta a calquera cousa que sexa para favorecer o galego… e incluso tomando medidas que nalgúns casos restrinxen o alcance da oficialidade da lingua.
– LVG: Tras a súa incorporación á Academia, a porcentaxe masculina de membros da corporación sobe ao 85,2 %. ¿Que ocorre?
– HM: Creo que a Academia debera pensar niso. Son claramente partidario de que tome nota de que é imprescindible recoñecer a importantísima achega das mulleres á cultura galega. Non por promocionar ou darlle unha cota especial; simplemente, recoñecerlles ese papel.”
Henrique Monteagudo ingresou na Real Academia Galega
Desde
Galaxia:
“Solemnemente, rodeado de familiares e amigos, cunha ampla representacion da vida cultural, política e académica, Henrique Monteagudo Romero, filólogo, especialista en sociolingüística, autor de Galaxia e codirector da revista Grial ingresou con todos os honores na primeira institución da nosa cultura, fundada por Manuel Murguía en 1905, cun discurso sobre o presente e o futuro do idioma, ao que respondeu a académica Rosario Álvarez Blanco.
“O futuro do idioma galego está profundamente vencellado ao proxecto de futuro que sexamos quen de darlle ao noso país. Unha responsabilidade de todos, non só dos especialistas, non só dos intelectuais, non só dos partidos políticos, senón do conxunto da sociedade, homes e mulleres conscientes da significación dun activo tan importante para un pobo como é dispoñer de idioma de seu”, apuntou o novo académico.
“O futuro do idioma está nas mans dos homes e mulleres de Galicia, dos que o falan e mesmo dos que, aínda sen falalo, o consideran patrimonio fundamental da nosa identidade e da nosa historia”, engadiu. “Os pais e as nais han saber transmitilo aos fillos e aos netos. Os políticos teñen a responsabilidade de dotalo de recursos para a súa recuperación. A escola debe incorporalo de xeito activo e inequívoco, para facelo normal, como lingua de uso e vehículo de coñecemento. Pero é a sociedade no seu conxunto, a través das súas institucións públicas e das súas institucións civís, quen debe garantir ese futuro, que nos afecta como pobo, moito máis nestes tempos difíciles de discurso neoliberal, ideoloxía darwinista e globalizacion”. (…)”
O discurso completo pódese descargar aquí.
Santiago: ingreso de Henrique Monteagudo na Real Academia Galega
O
sábado 25 de febreiro, ás 12:00 horas, no Paraninfo da Universidade de Santiago (Facultade de Xeografía e Historia, Praza da Universidade), terá lugar o acto oficial de ingreso de Henrique Monteagudo na Real Academia Galega. O seu discurso leva por título Facer país co idioma, e será respondido pola académica Rosario Álvarez Blanco.
A Coruña: conferencia Brasil, o país do presente, por Vivian Torres de Mello Rangel
A
terza feira 14 de febreiro, ás 20:00 horas, na Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, terá lugar unha conferencia de Vivian Torres de Mello Rangel sobre Brasil, o país do presente. Imagens do Brasil dentro da literatura contemporânea, no ciclo Língua, Literatura, e Naçom da A. C. O Facho.

