O martes 15 de marzo, ás 20:00 h., no Centro Social Novacaixagalicia (Antes Centro Social Caixanova, Avenida da Mariña, s/n.) da Coruña, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) presenta o libro Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), de Francisco Rodríguez, editado pola propia AS-PG.
Arquivos da etiqueta: Rosalía de Castro
Rosalía de Castro: Revolución en forma e en fondo
Santiago: actividades de xaneiro de Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, na Cidade da Cultura
Os
sábados 15 e 29 de xaneiro, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolven na Cidade da Cultura, terán lugar estas actividades:
– 15 de xaneiro. Rosalía, a voz dun pobo:
12:00 | Relatorio: María do Cebreiro Rábade Villar. Poeta, profesora e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente desenvolve un estudio no que aborda diferentes aspectos da obra de Rosalía de Castro.
13:00 | Ao raso coas lebres (60’), da compañía CasaHamlet. Textos de Rosalía de Castro dramatizados e musicados a cargo desta compañía dirixida por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández.
Presenta: Helena Villar Janeiro, presidenta da Fundación Rosalía de Castro.
– 29 de xaneiro. Manuel Antonio: “venador” de horizontes:
12:00 | Relatorio: Xosé Luís Axeitos. Catedrático de Lingua e Literatura Castelá e Secretario da Real Academia Galega. Experto na obra de Manuel Antonio, ten publicado varios libros sobre a poética do visionario rianxeiro.
13:00 | Manuel Antonio e mais dispois (35’). A poeta performática María Lado acompañada polo xenial pianista Nacho Muñoz interpretan textos de Manuel Antonio que mostran a súa concepción radical da creación artística.
María do Cebreiro: “Rosalía, Muller e galega”
A Xunta lembra a modernidade e a vertente social da obra de Rosalía
Santiago: homenaxe a Rosalía de Castro, con Pilar García Negro e Yolanda Castaño, polo Instituto da Muller
Xosé Azar desvela o lado erótico de Rosalía
Laura Seara: “Aínda hai mulleres discriminadas, como o foi Rosalía”
(Xornal)
Lugo: presentación de O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de Pilar García Negro
O
xoves 28 de outubro, a partir das 20:00 h., no Museo de Lugo (Praza da Soidade, s/n.), preséntase a obra O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de Pilar García Negro, publicada en Sotelo Blanco, e gañadora do XV premio Vicente Risco de Ciencias Sociais.
Padrón: Ao raso coas lebres, de Casahamlet
O venres 8 de outubro, a partir das 20:00 h., na Casa-Museo Rosalía de Castro de Padrón, terá lugar a representación de Ao raso coas lebres, por Casahamlet, coa participación de Manuel Lourenzo, Santiago Fernández e os músicos Manu Clavijo e Brandan Lourenzo, con motivo do 152º aniversario do casamento de Rosalía de Castro con Manuel Murguía. Ao raso coas lebres tenta mostrar a lucidez e a rebeldía dunha muller que, adiantándose ao seu tempo, desvela a situación do pobo e da cultura galega, comezando pola lingua, que ten nela a primeira usuaria con forza suficiente para inaugurar un tempo novo marcado pola consciencia e polo orgullo, así como pola contundencia fronte ás agresións.
