O martes 27 de decembro, ás 21:00 horas, no Café Bar 13 (Rúa de Santa Clara) de Santiago de Compostela, preséntase o novo libro de Séchu Sende O caçador de bruxas.
Crónica posterior deste acto en Galicia Confidencial.
Arquivos da etiqueta: Sechu Sende
Santiago: Olladas sobre o Museo, recital de poesía no Museo do Pobo Galego
O venres 21 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo do Pobo Galego (Rúa San Domingos de Bonaval) de Santiago de Compostela, desenvólvese a quinta edición de Olladas sobre o Museo na que se convida a persoas de distintas disciplinas para que compartan a súa visión do Museo co seu público. A poesía vai ser, neste 2011, a forma en que o Museo será ollado e interpretado. Anxo Angueira (na voz do tamén poeta Brais González Pérez), Andrea Nunes Brións (na voz da tamén poeta Alicia Fernández), Silvia Penas, Séchu Sende e Xabier Xil Xardón farán dos contidos do Museo anacos de poesía, através do recitado en diferentes espazos da exposición permanente, de poemas creados para mostrar a súa ollada sobre o Museo. Esta actividade celebra tamén as Xornadas Europeas do Patrimonio, que desde 1991 a cidadanía de 49 países ven comemorando con visitas guiadas, itinerarios, exposicións, concertos e todo tipo de manifestacións culturais que achegan ás persoas ao patrimonio cultural. O espectáculo está patrocinado pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela e ten aforo limitado. A entrada será libre ata completar o mesmo.
Salvaterra: actos literarios do XXV Festival de Poesia do Condado, o 2 e 3 de setembro
A XXV edición do Festival de Poesia do Condado, organizado pola S. C. D. Condado, baixo o lema Sem as mulheres nom há revoluçom, na sexta-feira 2 e o sábado 3 de setembro, conta coas seguintes actividades literarias dentro do seu programa:
Sexta-feira 2:
– 22:30 h. Noite nas minas, nas Covas de Dona Urraca. Recital de María do Cebreiro, concerto de De outra margem, e, ao remate, comida, repichoca e festa. Ten aforo limitado e unha entrada de 10 euros (reservas no correo info@scdcondado.org, ou no teléfono 986-658036).
Sábado 3:
– 12:00 h., nas Covas de Dona Urraca. Presentación do libro colectivo de poesía Mulheres entre poesia e luita, publicado pola Assembleia de Mulheres do Condado, coa presenza de Ilduara Medranho, Andrea Nunes e Belém Grandal.
– 18:00 h., nas Covas de Dona Urraca. Presentación do último libro de poemas de Claudio Pato, publicado en Estaleiro Editora.
– Ao longo do día, no mesmo emprazamento, as Covas de Dona Urraca, terán lugar as proxeccións de vídeo-poemas, con obras de María Lado, Ledicia Costas, Lucía Aldao e o Colectivo Rec-deiras.
– 21:00 h. Festival poético-musical, na Zona das Murallas, presentado por Os da Ría. As e os poetas participantes son: Andrea Nunes Brións, Catarina Nunes, Claudio Pato, Iolanda Aldrei, Lorena Souto, Manuel Darriba, María Rosendo, Paula San Vicente, Séchu Sende e Xosé María Álvarez Cáccamo. Os grupos musicais serán Habelas Hainas, Marful, Ulträqäns, Cuchufellos e Maria Alice (Cabo Verde).
Participación galega no I Encontro de Escritores da Lusofonia, no Palácio da Brejoeira
Do venres 29 ao domingo 31 de xullo, no Palácio da Brejoeira de Monção (no Alto Minho) terá lugar o I Encontro de Escritores da Lusofonia, onde “Escritores, músicos, criadores… pessoas de diferentes âmbitos da cultura e das artes vão reflectir sobre a realidade da lusofonia (tentando fugir dos tópicos), sobre as novas tecnologias e a sua relação com a literatura e as artes em geral, e sobre os movimentos do chamado Altermundo (ecoloxismo, empreendedorismo, antibelicismo, feminismo, decrescimento…) e a relação/situação das artes no mundo contemporâneo”. As inscricións pódense realizar aquí. Este é o programa, do que destacamos a participación galega:
* Sexta feira, 29 de xullo:
– 10:30 h. Tras o inicio do Encontro, presentación de Noente Paradise (Ugia Pedreira, Raquel Miragaia e Marina Oural).
– 16:00 h. Palestra: A Lusofonia ‐ uma realidade em construção permanente, coa presentación musicada de Cantos Lusófonos, Cancioneiro galego-português-brasileiro, de José Luís Do Pico Orjais, e a intervención de Carlos Quiroga, entre outros, e posterior debate a partir das 17:30 h.
* Sábado, 30 de xullo:
– 16:00 h. Baixo a moderación de Santiago Veloso, presentación do libro-disco Cores do Atlântico, e intervencións de Iolanda Gomis e Séchu Sende, entre outros, con debate posterior ás 17:30 h.
– 18:30 h. Monólogo teatralizado de Quico Cadaval.
– 22:00 h. Concerto Poesia nas Margens com Aline Frazão, Fred Martins e Ugia Pedreira.
* Domingo, 31 de xullo:
– 10:00 h. Intervencións sobre Os movimentos Altermundistas e a sua relação com a literatura (ecologismo, feminismo, empreendedorismo social, antibelicismo…), baixo a moderación de João Guisan Seixas.
– 16:30 h. Proseguen as intervencións, baixo a moderación de Lourdes Carita, entre outros, de Carlos Taibo e Iolanda Zúñiga.
– 21:00 h. Concerto de João Afonso e Uxía.
Crónica posterior de Séchu Sende no seu blog.
Braga: Dia Galaico-Minhoto na Feira do Livro
O sábado 7 de Maio desenvólvese o Dia Galaico-Minhoto na Feira do Livro de Braga, co seguinte programa:
– 15:00 h. Presentación da obra Ayes de mi País, o primeiro e até agora inédito cancioneiro de música popular galega, unha compliación feita por Marcial de Valladares a mediados do século XIX. Editado e presentado por José Luís do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartin.
– 16:00 h. Mesa de escritoras e escritores da Galiza, que darán visibilidade á literatura galega na Feira. Coa presenza de Carlos Quiroga, Séchu Sende, Lucía Novas, Andrea Nunes Brións, Raquel Miragaia, Román Raña, Marilar Aleixandre, Mario Regueira e Marta Dacosta, esta última como representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Coa intervención musical da cantora galega Uxía e o músico brasileiro Sérgio Tannus.
– 20:00 h. Encontro de escritoras e escritores da Galiza e do Minho nunha cea ofrecida pola Feira do Livro e que permitirá estabelecer e estreitar relacións aos dous lados da Raia. Neste encontro participarán os profesores Elias Torres Feijóo pola Universidade de Santiago de Compostela e Carlos Cunha pola Universidade do Minho. Estará amenizado por Uxía e Sérgio Tannus.
– Ás 18:30 h., no Salão Nobre do Edifício dos Congregados, terá lugar unha conferencia-concerto de José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartin sobre a edición crítica do primeiro e até agora inédito cancioneiro de música popular galega, Ayes de mi País, unha compilación feita por Marcial de Valladares no século XIX e da que interpretarán algúns temas.
A Coruña: presentación de Animais, de Séchu Sende
A cuarta-feira, mércores, 9 de febreiro, a partir das 21:00 h., no C. S. Gomes Gaioso (R. Marconi, 9, baixo) da Coruña, preséntase o libro Animais, de Séchu Sende, publicado en Através Editora.
Santiago: Implícate, noite de música e palabra solidaria 2011
O domingo 9 de xaneiro, ás 20:30 h., no Teatro Principal de Santiago de Compostela, terá lugar o especial Implícate, noite de música e palabra solidaria 2011, que contará coa actuación musical de Leilía, Som do galpom e Wöyza, a danza do Centro Coreográfico Galego, o teatro con Life is a paripé, con Iolanda Muíños, César Goldi e Mos, e Quico Cadaval, e a presenza literaria de Ánxela Gracián, Lino Braxe, Marica Campo e Séchu Sende. Todo isto conducido co saber facer de Yolanda Castaño e Luís Tosar. Organizado por Implicadas no desenvolvemento. Máis información aquí.
Ponteceso: conferencias de Sechu Sende no Outono Pondaliano
O martes 16 de novembro, a partir das 16:00 h., na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, proseguen as actividades do Outono Pondaliano, coa conferencia de Sechu Sende sobre Os prexuízos lingüísticos desde Eduardo Pondal ata hoxe. O programa completo pódese consultar aquí. Vía Fervenzas Literarias.
Presentación de Made in Galiza, de Sechu Sende, en Istambul
(Galaxia)
Ourense: presentación de Denso recendo a salgado, de Manuel Portas
O venres 29 de outubro, ás 20:00 h., na Livraria Torga (rúa da Paz, 16) de Ourense, preséntase o libro Denso recendo a salgado, de Manuel Portas, publicado por Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Marta Arribas, Sechu Sende e Manuel Bragado.