Entrevista a Xosé Vázquez Pintor, autor da novela Antípodas

DesdeXosé Vázquez Pintor o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Pilar G. Rego conversa co escritor Xosé Vázquez Pintor sobre a súa nova obra Antípodas, unha das súas novelas máis poéticas. O libro narra a historia de Plinio, un neno da inclusa que ten os ollos abertos cara ás antípodas. Na brevidade dunha noite e acompañado polo seu can, relata as circunstancias do seu mundo e a vida nunha cidade de mar. A entrevista completa pode verse aquí.”

Cristina Pavón fala do seu libro A busca da orixe perdida das especies

DesdeCris Pavón o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Coa novela A busca da orixe perdida das especies, a escritora viguesa Cristina Pavón gañou o Premio Carvalho Calero de Ferrol na modalidade de creación literaria. A obra é un conxunto de relatos que falan da memoria desde diferentes puntos de vista e con elementos de ficción científica nalgúns deles.” A entrevista pode verse completa aquí.

María Solar fala sobre o seu libro O meu pesadelo favorito

DesdeMaría Solar o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O programa ZigZag Diario recibe a visita da xornalista, escritora e presentadora da TVG María Solar, gañadora do Premio Lazarillo 2014 polo seu último libro infantil, O meu pesadelo favorito, que ten como protagonista un neno con febre a quen os antitérmicos que lle subministran os seus pais lle provocan o efecto secundario de producir uns soños do máis fantasioso e cheos de personaxes pintorescos. A entrevista completa pode verse aquí.”

Carlos Callón presenta o poemario Atravesar o fantasma

DesdeCarlos Callón o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Carlos Callón fai unha peneira da poesía que escribiu desde a súa adolescencia ata os 35 anos, debruzándose sobre dous temas centrais na vida de calquera ser humano: o eros e o tánatos. A ausencia do pai, a pegada na infancia, a descuberta da sexualidade, o tabú da morte e a homosexualidade constrúen unha obra que é finalista dos Premios Ánxel Casal, Atravesar o fantasma. A entrevista completa pode verse aquí.”