Arquivos da etiqueta: UNED
Madrid, 18-19 setembro 2014: Xornadas Internacionais UCM-UNED Literatura galega: identidade, alteridade e exilio, do 18 ao 19 de setembro
As Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 Literatura galega: identidade, alteridade e exilio pretenden facer unha posta en común das liñas de investigación que se están a desenvolver nos Centros Galegos das universidades do mundo e noutras institucións, nomeadamente no ámbito da literatura galega fóra de Galicia e do estudo da identidade, a alteridade e o exilio. Procúrase, por outra parte, favorecer o contacto entre profesores, investigadores e estudantes interesados no coñecemento e no estudo da literatura galega, así como fomentar o intercambio científico entre os relatores e os asistentes. Ademais, con estas Xornadas quérese abrir e estimular o diálogo entre as distintas xeracións pertencentes á colectividade galega.
Os seus destinatarios son: profesores, investigadores e estudantes, Departamentos de Romanística, Centros Galegos en España, Portugal, Hispanoamérica e no resto do mundo, Escolas Oficiais de Idiomas e outras institucións interesadas no estudo da lingua, da literatura e da cultura galega.
Está organizado pola Universidade Complutense de Madrid (UCM), Centro de Estudos Galegos e a UNED, está dirixido por Carmen Mejía Ruiz (UCM) e Xavier Frías Conde (UNED). O comité científico está formado por Ana Acuña (Universidade de Vigo), Xesús Alonso Montero (Real Academia Galega), Antonio Domínguez Rey (UNED), Alberto Gómez Bautista (Universidade de Aveiro), María Victoria Navas Sánchez-Élez (UCM), André Pociña López (Universidad de Extremadura), Eugenia Popeanga Chelaru (UCM) e Juan Miguel Ribera Llopis (UCM).
Pódese descargar o programa definitivo aquí.
Madrid, 18-19 setembro 2014: Xornadas Internacionais UCM-UNED Literatura galega: identidade, alteridade e exilio
As Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 Literatura galega: identidade, alteridade e exilio pretenden facer unha posta en común das liñas de investigación que se están a desenvolver nos Centros Galegos das universidades do mundo e noutras institucións, nomeadamente no ámbito da literatura galega fóra de Galicia e do estudo da identidade, a alteridade e o exilio. Procúrase, por outra parte, favorecer o contacto entre profesores, investigadores e estudantes interesados no coñecemento e no estudo da literatura galega, así como fomentar o intercambio científico entre os relatores e os asistentes. Ademais, con estas Xornadas quérese abrir e estimular o diálogo entre as distintas xeracións pertencentes á colectividade galega.
Os seus destinatarios son: profesores, investigadores e estudantes, Departamentos de Romanística, Centros Galegos en España, Portugal, Hispanoamérica e no resto do mundo, Escolas Oficiais de Idiomas e outras institucións interesadas no estudo da lingua, da literatura e da cultura galega.
Está organizado pola Universidade Complutense de Madrid (UCM), Centro de Estudos Galegos e a UNED, está dirixido por Carmen Mejía Ruiz (UCM) e Xavier Frías Conde (UNED). O comité científico está formado por Ana Acuña (Universidade de Vigo), Xesús Alonso Montero (Real Academia Galega), Antonio Domínguez Rey (UNED), Alberto Gómez Bautista (Universidade de Aveiro), María Victoria Navas Sánchez-Élez (UCM), André Pociña López (Universidad de Extremadura), Eugenia Popeanga Chelaru (UCM) e Juan Miguel Ribera Llopis (UCM).
O programa provisional é o seguinte:
18 de setembro (UNED)
Mañá
– Apertura e conferencia de inauguración: Literatura galega no exterior.
– Sesións paralelas de comunicacións.
Tarde
– Sesións paralelas de comunicacións.
– Mesa redonda: Coloquio cos escritores do Grupo Bilbao.
– Peche: Recital poético.
19 de setembro (UCM)
Mañá
– Sesión inicial: Presentación de proxectos de investigación e publicacións fóra de Galicia.
– Sesións paralelas de comunicacións.
Tarde
– Mesa redonda: Literatura galega e outras literaturas.
– Sesións paralelas de comunicacións.
– Peche: Acto de clausura.
– Cea de clausura.
Participación
Para alén de asistires ás xornadas, podes participar cun relatorio (comunicación 20′ + 10′ debate). As liñas de interese priorizadas no congreso serán as seguintes:
– Literatura galega no exterior.
– Literatura galega e outras literaturas.
– Novas investigacións no ámbito da literatura galega: do medieval ao moderno.
– Literaturas peninsulares comparadas.
– Literatura galega, arte e cine.
– Literatura galega e identidade(s).
De estares interesado en participar cun relatorio nas Xornadas Internacionais UCM-UNED, só tes que nos enviar a túa proposta (título do relatorio e resumo aproximado de 300 palabras) e os teus datos persoais a través do formulario de inscrición dispoñíbel neste sitio web.
As linguas oficiais do simposio son o español, o galego e o portugués. Tanto se es asistente como relator, terás dereito a un certificado de asistencia ou de comunicación e, de ser o caso, un certificado que acredite os créditos (de grao ou de licenciatura) solicitados.
Prazo de envío de propostas: até o 30 de abril.
Notificación das contribucións aceptadas: 15 de xuño.
Tendes toda a información na 1ª circular do simposio. Podes consultarnos calquera dúbida no formulario de contacto ou ben neste enderezo electrónico: xornadasliteraturagalega@gmail.com.
Ferrol: conferencia de Darío Xohán Cabana
O xoves 1 de marzo, ás 19:30 horas, no salón de actos da Aula UNED de Ferrol (Rúa María, 52-54), e dentro do ciclo de conferencias As miñas lecturas favoritas, Darío Xohán Cabana falará sobre Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, Queixumes dos pinos, de Eduardo Pondal e Se o vello Sinbad volvese ás illas, de Álvaro Cunqueiro.
Ferrol: conferencia de Xulio López Valcárcel
O xoves 16 de febreiro, ás 19:30 horas, no salón de actos da Aula UNED de Ferrol (Rúa María, 52-54), e dentro do ciclo de conferencias As miñas lecturas favoritas, Xulio López Valcárcel falará sobre Poesía, de Celso Emilio Ferreiro, O deserto dos tártaros, de Dino Buzzati (versión galega de Xavier Rodríguez Baixeras) e Herba aquí e acolá, de Álvaro Cunqueiro.