O
xoves 26 de xuño, ás 20:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n) terá lugar a edición número 36 da revista oral O pazo das musas, coordinada por Antonio Reigosa, cunha duración aproximada dunha hora e media.
Neste número, e por primeira vez nos case dez anos de andaina desta revista oral, decidiuse accionar o que chaman Cadeas Creativas. Unha idea para que nin os contidos nin as persoas que participan na revista fosen decididos de antemán, senón que fosen os propios actores os que elixisen aos seus acompañantes.
Así, desde un elo inicial para o que se escolleu unha persoa de renome no campo das artes (literatura, plástica, cine, teatro, narración oral, …), e outra no campo da música, desencadeouse unha fervenza de propostas. As únicas condicións ou regras consistiron en que a persoa a escoller fose de menor idade e de distinto sexo. Como resultado deste experimento van intervir neste número da revista as seguintes persoas, elixidas consonte á orde que se indica e polas persoas que as preceden:
MÚSICA:
Miro Casabella → Pilocha → Marcos Fernández Mosquera → Esperanza Iglesias → Manuel Fernández Gayol → Ana Vila Martínez.
OUTRAS ARTES:
Paco Martín → Marica Campo → Darío X. Cabana → Luz Darriba → Claudio Rodríguez Fer → Verónica Martínez.
A ilustración deste artigo é Mundos de tinta e papel, de Luz Darriba.
Arquivos da etiqueta: v
Lugo: recital-presentación de Tántalo e Moralla, de Yolanda López
O
venres 20 de xuño, ás 19:15 horas, na Libraría Biblos de Lugo (Rúa Salvador de Madariaga, 1, Local 4), terá lugar a presentación dos poemarios Tántalo e Moralla, de Yolanda López. No acto participan, ademais da autora, María José Fernández López, Luís Valle, Alberte Momán, Verónica Martínez Delgado, Iria López López e Ramón González (Factoría Ronsel), acompañados pola guitarra e o oboe de Saleta Rei e Josito Pérez Afonso.
Lugo: recital de poesía e música Versos ao vento
Lugo: presentación de Argola, de Marta Dacosta
Vigo: Recital de Poesía Figurante, con Verónica Martínez Delgado, Eli Ríos e Marta Dacosta
O
venres 11 de abril, ás 20:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, terá lugar un Recital de Poesía Figurante. No acto, presentado por Alberte Momán, participan Verónica Martínez Delgado recitando poemas de Lusocuria, Eli Ríos de Maria e Marta Dacosta Alonso de Argola.
Accésit de Verónica Martínez Delgado no XIII Certame de Poemas de Amor de Foz
Desde
Crónica 3:
“Fallouse a XIII edición do Certame de Poemas de Amor organizado pola biblioteca pública municipal de Foz e a entrega de premios realizarase no Festival dos Namorados que se celebrará o día 15 deste mes, sábado, na Casa da Cultura focense coa actuación de Najla Shami.
Na Categoría de Adulto, o primeiro premio foi para Lucía Barrera López (Foz), por Entre lecturas e choiva, e o accésit especial foi para Verónica Martínez Delgado, por Xa non hai mais….”
Cuestionario Proust: Verónica Martínez Delgado
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a Verónica Martínez Delgado:
«1.– Principal trazo do seu carácter?
– A forza de vontade e o entusiasmo.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A intelixencia.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que continúen a selo.
4.– A súa principal eiva?
– O exceso e a persistencia ou a insistencia.
5.– A súa ocupación favorita?
– Estudar, investigar, ler e escribir.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Deixar de sentir frustación e insatisfacción vitais.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Quedar sen o meu traballo actual.
8.– Que lle gustaría ser?
– O que xa son e nai.
9.– En que país desexaría vivir?
– Neste, pero coas mentes máis abertas e os ollos menos miopes.
10.– A súa cor favorita?
– Violeta.
11.– A flor que máis lle gusta?
– A verónica.
12.– O paxaro que prefire?
– A águia.
13.– A súa devoción na prosa?
– Moitos, pero escollo a Elisabeth Smart e a Berger.
14.– E na poesía?
– Sophia de Mello, Alexandre O´Neill, Lois Pereiro, Silvia Plath, Luisa Castro, Gioconda Belli…, e moitos e moitas excepcionais do noso país que non cito para non esquecerme dalgún importante.
15.– Un libro?
– Moitos pero quédome con Poesía última de amor e enfermidade, co libro sen título, Te regalo un cuento, Minimaladas, O principiño…
16.– Un heroe de ficción?
– O bibliotecario Chen Ching.
17.– Unha heroína?
– De ficción Xiu de O tren de Zhou Yu e históricas: Camille Claudel, María Pita e María Soliña.
18.– A súa música favorita?
– Calquera de Wim Mertens ou de Chef Baker. Tamén algunhas de Carmen Consolli.
19.– Na pintura?
– Kirchner.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Calquera muller do rural ou da costa, da idade da miña nai ou da miña avoa, calquera muller que parira na casa, por poñer exemplos coñecidos, a nai de Alberte Momán ou de Rafa Villar.
21.– O seu nome favorito?
– Brede e Airas.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– O coqueteo sen finalidade e que te xulguen.
23.– O que máis odia?
– Calquera tipo de maltrato, xogar coas debilidades das persoas, a envexa, a falta de congruencia e as mentiras.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Case a calquera gobernante actual.
25.– Un feito militar que admire?
– A Revolución Rusa.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– O de dominar calquera arte, sobre todo a música e a pintura.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– De velliña, na cama, soa, esgotada de vivir.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– O optimismo incondicional.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os que levan a erros cometidos sen mala vontade.
30.– Un lema na súa vida?
– Debes tentalo porque ao mellor, chegas e podes. Nunca volvas atrás.”
Lugo: presentación da Obra reunida (1994-2008) de Verónica Martínez Delgado
A
cuarta feira 5 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Ramón Ferreiro, a dez metros da Praza da Horta do Seminario) de Lugo, preséntase Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado, publicado por Amargord. No acto, xunto á autora, participan José Estévez, Carmen Blanco e Susana Vázquez e María José Fernández López, quen recitarán acompañando á poeta.
Pontevedra: presentación de Lusocuria, de Verónica Martínez Delgado
Betanzos: presentación da Obra reunida (1994-2008) de Verónica Martínez Delgado
A
sexta feira 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, preséntase Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado, publicado por Amargord. No acto, xunto á autora, participa Yolanda Castaño.


