Desde
Galicia en el Mundo:
“O sábado 29 de novembro, tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame Literario Rosalía de Castro 2014, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), que este ano acada a súa 28ª edición na modalidade de poesía en lingua Galega e a 11ª na de narrativa, e no que foron galardoados cos primeiros premios: Miriam Ferradáns, en poesía, e Alba Sánchez, na modalidade de narrativa.
O acto de concesión dos premios foi precedido dunha charla-coloquio a cargo da escritora Elí Ríos, filla de pais emigrantes galegos en Londres e residente en Galicia, que presentou o seu ultimo libro, Anamnese, un poemario co que ven de gañar o II premio de poesía Manuel Lueiro Rey. (…)
O presidente do xurado do certame, Jordi García Guitart (Rexedor delegado da Cidade da Lectura e Política Lingüística do Concello de Cornellà), e composto por persoas relevantes da cultura galega, deu a coñecer aos gañadores da edición deste ano 2014.
Na modalidade de poesía, na 28ª edición do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, os gañadores foron os seguintes:
– Primeiro premio: Miriam Ferradáns, de Bueu, polo seu poema titulado O sangue que corre polas rúas. Dotación, 500 euros.
– Segundo premio: Verónica Martínez e Alberte Momán, de Lugo, polo poema Test de embarazo positivo. Dotación, 300 euros.
– Terceiro premio: Xosé Otero Canto, de Lugo, polo seu traballo Rolando o vento para o Nordés. Dotación, 200 euros.
Na modalidade de narrativa o mesmo xurado concedeu o premio da 11ª edición do Certame de Narrativa Rosa Reboredo, ao traballo en Galego presentado por Alba Sánchez Ares, de Santiago, polo seu traballo Querida Lola. Dotación 500 euros.”
Arquivos da etiqueta: v
Ferrol: presentación de Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado, e Da Vida Conclusa, de Mário Herrero
A
sexta feira 5 de decembro, ás 20:00 horas, na Fundaçom Artábria (Travesa de Batallóns, 7), en Esteiro, Ferrol, preséntanse Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado, accésit do VIII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, e Da Vida Conclusa, de Mário Herrero Valeiro, II Prémio de Poesía O Figurante.
Allariz: I Festival do Poemagosto
Verónica Martínez e Alberte Momán: “Falamos do aborto con absoluta liberdade, tratando cuestións que tradicionalmente se silencian por incómodas”
Entrevista
a Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán en Compás da Costa da Morte:
“(…) – Compás da Costa (CC): Gañadores do IX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Esperabades o galardón?
– Verónica Martínez e Alberte Momán (VMAM): A verdade é que non podiamos intuír a concesión do premio polas propias particularidades do libro co que nos presentamos. Para poder ter algunha opción o xurado debía posuír un concepto do erotismo moi aberto e tamén podía ser que non considerasen os textos dentro da catalogación requirida.
– CC: O xurado sostén que se trata dunha proposta literaria “arriscada”. Canto de atrevemento hai no libro?
– VMAM: Consideramos o libro arriscado porque se aborda o tema do aborto con absoluta liberdade, tratando cuestións que tradicionalmente se silencian por incómodas, así como o propio deterioro intencionado da Sanidade, para facer desta unha simple mercadoría. (…)
– CC: Por outra parte, a poesía erótica segue a ser un xénero minoritario na sociedade. Credes que son necesarias máis iniciativas como a de Malpica?
– VMAM: O erotismo é tan minoritario como o son as coplas de tradición oral. Non podemos esquecer que temos unha historia marcada pola expresión do erotismo en diferentes formas. Para a cultura audiovisual isto é unha ferramenta empregada até a extenuación. Neste último caso, falamos dun erotismo reaccionario utilizado, maioritariamente, para perpetuar estereotipos de xénero. O que fai falta é un erotismo que rache esas dinámicas. Neste sentido, premios como o que convoca a Asociación Caldeirón xunto co concello de Malpica, son un recurso fundamental.”
O episodio, de Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán, é a gañadora do IX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas
Desde
o Concello de Malpica e Sermos Galiza:
“Alberte Momán e Verónica Martínez Delgado son os gañadores do IX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas de Malpica polo poemario O episodio. O xurado deu a coñecer o fallo na Cea das Letras celebrada o sábado 8 de novembro no restaurante A Cunca, de Buño, na que tamén se presentaron as obras premiadas na pasada edición, xa publicadas. (…) Nesta ocasión Alberte Momán e Verónica Martínez escribiron a catro mans a obra seleccionada polo xurado entre as 24 presentadas, unha proposta literaria “arriscada”, segundo os privilexiados membros do xurado. O resto do público terá que esperar para opinar a que vexa a luz dentro dun ano. (…)”
A Coruña: presentación de Da Vida Conclusa, de Mário Herrero
A
sexta feira 31 de outubro, ás 20:00 horas, na Livraria-Café Linda Rama (Rúa Porta de Aires, 4) da Coruña, preséntase o libro gañador do Premio de Poesía Figurante na edición de 2014, Da Vida Conclusa, de Mário Herrero Valeiro. No acto, acompañando ao autor, estará Verónica Martínez Delgado.
Madrid, 18-19 setembro 2014: Xornadas Internacionais UCM-UNED Literatura galega: identidade, alteridade e exilio, do 18 ao 19 de setembro
As
Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 Literatura galega: identidade, alteridade e exilio pretenden facer unha posta en común das liñas de investigación que se están a desenvolver nos Centros Galegos das universidades do mundo e noutras institucións, nomeadamente no ámbito da literatura galega fóra de Galicia e do estudo da identidade, a alteridade e o exilio. Procúrase, por outra parte, favorecer o contacto entre profesores, investigadores e estudantes interesados no coñecemento e no estudo da literatura galega, así como fomentar o intercambio científico entre os relatores e os asistentes. Ademais, con estas Xornadas quérese abrir e estimular o diálogo entre as distintas xeracións pertencentes á colectividade galega.
Os seus destinatarios son: profesores, investigadores e estudantes, Departamentos de Romanística, Centros Galegos en España, Portugal, Hispanoamérica e no resto do mundo, Escolas Oficiais de Idiomas e outras institucións interesadas no estudo da lingua, da literatura e da cultura galega.
Está organizado pola Universidade Complutense de Madrid (UCM), Centro de Estudos Galegos e a UNED, está dirixido por Carmen Mejía Ruiz (UCM) e Xavier Frías Conde (UNED). O comité científico está formado por Ana Acuña (Universidade de Vigo), Xesús Alonso Montero (Real Academia Galega), Antonio Domínguez Rey (UNED), Alberto Gómez Bautista (Universidade de Aveiro), María Victoria Navas Sánchez-Élez (UCM), André Pociña López (Universidad de Extremadura), Eugenia Popeanga Chelaru (UCM) e Juan Miguel Ribera Llopis (UCM).
Pódese descargar o programa definitivo aquí.
Radiocrítica do 04-08-2014, por Armando Requeixo
Desde
o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 4 de agosto en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López sobre Escrito en cafetarías, de Miguel Anxo Murado (I, 1:00); Obra reunida, de Verónica Martínez Delgado (I, 6:30), Crónicas dun tempo escondido, de Sabino Torres (II, 2:51) e As señoras cousas, de Helena Villar Janeiro (III, 00:24).”
Pódese escoitar na versión orixinal nestas tres ligazóns.
Vigo: presentación da Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado
O
sábado 12 de xullo, ás 21:30 horas, na Asociación Cultural Bou Eva de Vigo (Rúa Terzo de Afora, 11), preséntase Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado, publicada por Amargord. No acto participa a propia autora.





