Arquivos da etiqueta: Xan Fraga Rodríguez
Carballo: actividades do sábado 27 de agosto na Praza dos Libros
Dentro
da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolve entre o xoves 25 e o domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o sábado 27 de agosto:
– 12:30 h. Presentación de Luís Suárez. Fútbol de seda, de Xan Fraga, publicado en Baía Edicións. No acto participan, co autor, Marcos Trigo e Manolete, ex-xogador do Deportivo da Coruña.
– 20:30 h. Presentación de In vino veritas, de Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por María Canosa.
O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.
A Coruña: presentación de Luís Suárez. Fútbol de seda, de Xan Fraga
O
sábado 4 de decembro, a partir das 19:00 h., no Kiosko Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez) da Coruña, preséntase a biografía Luís Suárez. Fútbol de seda, de Xan Fraga, publicado en Baía. No acto participarán, alén do autor e Luís Suárez, Arsenio Iglesias, prologuista da obra, e o concelleiro de Deporte, Xan Martínez Caxigal.
Santiago: presentación de En defensa do poleiro
O
martes 16 de novembro, a partir das 19:30 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase En defensa do poleiro, publicado por Toxosoutos, libro colectivo, iniciativa da Plataforma en defensa do uso público e educativo do mosteiro de Celanova, que contou coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e no que participaron máis de 60 escritores galegos. No acto estarán presentes Xoán Carlos Domínguez Alberte, coordinador do volume, con David Otero, Mariña Pérez Rei, Xan Fraga, Lourdes Maceiras, Xosé Manuel Lobato e Baldo Ramos. Tamén se proxectará o audiovisual: O Iesplicable.
Santiago: presentación de libro e concerto de Miro Casabella
Mañá xoves 12 de marzo no local da Asociación Cultural O Galo (Patio de Madres, 15, Baixo, Santiago) presentarase o libro Miro Casabella e a Nova Canción Galega, de Xan Fraga, editado pola Editorial Galaxia. No acto participará o autor e o propio Miro Casabella, que logo amenizará a velada cun concerto acústico no que fará un repaso dos seus éxitos e nos sorprenderá con novas versións e temas do seu amplo repertorio. Será a partir das 21:30, con entrada libre.
