Arquivos da etiqueta: Xosé Manuel Lobato
Lugo: presentación de Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda
Un libro recolle referencias históricas e actuais de 90 escritores sobre o Pico Sacro
Desde a Televisión de Galicia:
“Seguro que moitos de vostedes coñecen o Pico Sacro, un monte lendario situado en Lestedo, moi preto de Compostela… Xa se ten escrito moito sobre a súa historia, pero agora un libro recolle historias, textos, poemas, todo tipo de referencias, tanto de escritores clásicos galegos coma actuais… Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda é de lectura obrigada porque representa unha parte indispensable da historia de Galicia… A nova pode verse aquí.”
Feira do Libro de Santiago: actividades destacadas do sábado 29 e domingo 30 de abril e luns 1 de maio
O sábado 29 de abril comeza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para o sábado 29 e domingo 30 de abril, e luns 1 de maio:
Sábado 29
– 19:00 h. Concerto-presentación de Volta, revolta e reviravolta, de As Maimiñas, publicado por Galaxia.
Domingo 30
– 19:00 h. Espectáculo musical O mundo de Carliños, de Luís Vallecillo, baseado na figura de Carlos Casares.
Luns 1
– 18:00 h. Obradoiro de escrita, por Fernando M. Cimadevila: “Claves para a escrita e a publicación dunha novela”.
– 19:00 h. Presentación e recital sobre Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, libro coordinado por Miro Villar e Xosé M. Lobato, e publicado por Alvarellos.
– 20:00 h. Presentación de Eugenia Osterberger: A compositora galega da Belle Époque (1852-1932), de Beatriz López-Suevos, Susana de Lorenzo e Rosario Martínez Martínez, publicado por Ouvirmos.
Feira do Libro de Rianxo: actividades literarias destacadas do xoves 21
O xoves 21 de xullo comeza a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 13:00 h. Pregón a cargo de María do Cebreiro.
– 20:00 h. Presentación do libro de poemas O Deserto, de María do Cebreiro, publicado por Apiario, acompañada por Antía Otero e Ismael Ramos. A continuación, coloquio arredor do libro As dúas ourelas, de Xosé Manuel Lobato, publicado por Fervenza, coa participación de Miro Villar e Luís Reimóndez.
Ribeira: acto destacado na Feira do Libro para o xoves 23
O xoves 23 de xuño comeza a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello, con horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 22:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, co seguinte acto literario destacado para este día:
– 21:00 h. Charla-coloquio de Xosé Manuel Lobato arredor do seu libro Elos de cinza, publicado por Ézaro. Participa, xunto ao autor, Fernando Lavandeira.
Convocatoria de textos literarios éditos ou inéditos para o Pico Sacro
“Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016
Estimada/o amiga/o:
A través deste escrito convídamoste a participar nun proxecto editorial que xorde por iniciativa da Asociación Cultural “Mestre Manuel Gacio” (http://www.aaccmestremanuelgacio.gal/) e que coordinamos os escritores Xosé Manuel Lobato, presidente da entidade, e Miro Villar.
O noso obxectivo vai ser a publicación dunha antoloxía literaria, cuxos beneficios económicos (se os houber) serán integramente destinados ás campañas da devandita entidade para a divulgación do patrimonio do Pico Sacro.
A achega de cada escritor/a será un texto literario (poema ou relato) xa publicado ou orixinal e inédito que mencione ou se inspire no Pico Sacro. Se se tratar dunha novela débese extractar un fragmento significativo.
Xa temos compilado algúns textos literarios, mais cómpre agrandarmos o volume para crearmos unha obra importante na cantidade e na calidade textual.
A extensión e a forma dos textos ten absoluta liberdade, porén recomendamos que a colaboración non exceda da páxina nas narracións e dos 100 versos nos poemas e a poder ser escritos en caracteres Times New Roman a tamaño 12.
E cada autor/a debe ceder todos os dereitos de reprodución do texto literario para esta edición, o que non será impedimento para que poida dispoñer do texto da súa autoría para o publicar noutro libro propio ou colectivo.
A fin de irmos organizando todo o material que integrará o volume, cómpre que nos fagas chegar, o antes que che sexa posíbel, a túa creación. Se desexas participar neste proxecto, o prazo de envío remata o vindeiro 30 de xuño.
Os textos literarios (publicados ou orixinais e inéditos) deben enviarse a calquera destes dous enderezos:
codinaenxebre@gmail.com
ou
mirovillar@gmail.com
Adiantando a nosa gratitude por colaborares nesta antoloxía, recibe unha aperta atlántica.
Xosé Manuel Lobato e Miro Villar (coordinadores)”
(Fotografía tirada do sitio web da A. C. Mestre Manuel Gacio)
Sigüeiro (Oroso): presentación de Elos de cinza, de Xosé M. Lobato
No acto participa, xunto ao autor, Miro Villar.
A Pobra do Caramiñal: presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada
A Coruña: actividades literarias destacadas do luns 3
O luns 3 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Presentación de 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo, de Paco Rivas, publicado por Edicións do Cumio. No acto participan, xunto ao autor, Xesús Alonso Montero e Cándido Meixide.
– 19:00 Xosé Manuel Lobato asina exemplares de Elos de cinza, publicado por Ézaro, na Secretaría.
– 19:30 h. Sinatura de Antonio Tizón, autor de A antesala luminosa, publicado en Xerais.
– 19:45 h. Presentación de Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, de Antonio Reigosa, publicado en Xerais, coa participación de Xabier P. DoCampo.
– 20:30 h. Presentación de Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, publicado en Xerais, coa participación de Prudencio Viveiro.
– 21:15 h. Presentación de Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual, de Xesús Alonso Montero, publicado en Xerais, coa participación de Manuel Bragado.