Desde Galaxia:
“Nun salón ateigado con case medio cento de mozos e mozas do Instituto Alexandre Bóveda de Vigo, o xoves 5 de febreiro, ás doce da mañá, na Casa Galega da Cultura, tivo lugar un acto académico-escolar organizado pola Fundación Penzol para conmemorar o centenario do nacemento de Xosé Mª Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985).
No mesmo contouse coa colaboración e presenza de tres dos seus fillos: Xosé Mª, que fixo unha breve semblanza do pai e mais da súa obra; Alfonso, autor dunha cronobiografía do homenaxeado que se repartiu ao remate, e Berta, que agasallou aos asistentes cunha serie de poemas do escritor ilustrados por ela. Pola súa banda, o alumnado do Departamento de Música do citado centro, Alexandre Bóveda, pechou o acto interpretando tres fermosas cancións compostas por eles e baseadas en senllos poemas de Álvarez Blázquez. Antes, o alcalde de Vigo Abel Caballero, que asistiu acompañado de tres dos seus concelleiros, glosou brevemente a figura do egrexio galeguista, e puxo en valor a súa relación e querencia pola cidade olívica, na que viviu durante moitos anos ata o seu falecemento, e da que foi Cronista Oficial.
Como complemento a este acto, nunha pequena exposición podían verse e consultarse unha ampla selección de libros da autoría de Álvarez Blázquez, así como outros sobre el, editados maiormente no 2008, co gallo do seu nomeamento como persoeiro do Día das Letras Galegas. Os tres expositores das paredes amosaban material documental vario dos ricos e importantes fondos doados á Penzol no 2012 polos seus heredeiros.
A imaxe que acompaña este artigo é de Noel Queipo.”
Arquivos da etiqueta: Xosé María Álvarez Cáccamo
Manuscritos: Xosé María Álvarez Blázquez
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Hoxe cúmprense cen anos do nacemento de Xosé Mª Álvarez Blázquez (Tui, 1915- Vigo, 1983). Caderno da crítica quere tributarlle un recoñecemento a un autor que sempre admirou e que abrazou con convicción a polifacecia cultural -editor, poeta, narrador, arqueólogo, investigador, libreiro, promotor do libro galego, docente….- ao servizo do seu país.
Por esta razón incorpórase abaixo o manuscrito do poema “Solpor” -por cortesía de Xosé María Álvarez Cáccamo-, unha magnífica composición publicada postumamente nas páxinas do Faro de Vigo o 31 de marzo de 1985, aínda que foi asinado orixinalmente en Coruxo en agosto de 1982. Ás persoas interesadas na intrahistoria do poema remito ás edicións das Obras completas do autor tanto a cargo de Rodríguez Baixeras como a do propio Pepe Cáccamo.
Embaixo de “Solpor”, e por cortesía de Alfonso Álvarez Cáccamo, velaí unha tarxeta de presentación do autor, xunto cun breve texto manuscrito. A miña gratitude pola cesión de ambos documentos.”
Pontevedra: programa de actividades do Culturgal 2014
O diálogo entre Pepe Cáccamo e Baldo Ramos, Cara Inversa, preséntase en Culturgal na exposición Do papel ao xesto
Xosé María Álvarez Cáccamo reúne dous poemarios no libro Tempo de cristal e sombras que publica Espiral Maior
Imaxes e palabras en CaRa inversa, o último libro de Baldo Ramos e Pepe Cáccamo
Vigo: presentación de Cara inversa, de Xosé María Álvarez Cáccamo e Baldo Ramos
Compostela: presentación de Raíñas do meu xardín, de Xosé Manuel G. Trigo
Pontevedra: presentación de Poemas da Mariña, de Miguel Anxo Mouriño
O mércores 5 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás de Pontevedra (Rúa de Don Filiberto, 9-11), o Ateneo desta cidade organiza un relatorio arredor do libro autoeditado Poemas da Mariña, de Miguel Anxo Mouriño. O autor estará acompañado por Xosé María Álvarez Cáccamo.
Moaña: presentación de Raíñas do meu xardín, de Xosé Manuel G. Trigo
O mércores 1 de outubro, ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Moaña, preséntase Raíñas do meu xardín, de Xosé Manuel G. Trigo, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Xosé María Álvarez Cáccamo, Víctor F. Freixanes e José Fervenza Costas.