Acta do XLIII Certame de poesía sobre o Nadal

Desde O Belén de Begonte:
“Reunido o xurado do XLIII Certame de poesía sobre o Nadal, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán, formado por: Jesús Domínguez Guizán, Presidente do Centro cultural convocante; Xavier Rodríguez Barrio, escritor e Xulio Xiz Ramil, xornalista, acorda emitir o seguinte fallo:
Conceder o Premio Begonte de poesía, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos ao poema “Lenda do Boedo e do non nado”, presentado co lema “Incognitus”, por Xosé Otero Canto, de Lugo.
O segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos concedeuse ao poema “Pavana de Nadal”, presentado co lema “Clara Campoamor”, por Laura López Esteban, de Lugo.
Pola calidade do poema, concédese unha mención de honra dotada con estatuíña de Sargadelos a “Un belén que nunca pecha”, presentado co lema “Gaiferos de Mormaltán”, por Carlos López Fernández, residente en Vilalba.
Os premios serán entregados o próximo 26 de xaneiro, ás 5 da tarde, no salón de actos do Belén de Begonte.”

Órrea e Meira: 120 anos de Avelino Díaz. Nadal cultural 2017

Antídoto, de Emma Pedreira, gaña o Certame Literario de Vilalba

Desde El Progreso:
“O libro da coruñesa Emma Pedreira titulado Antídoto resultou ser o gañador do primeiro premio do XLIII Certame Literario de Vilalba deste ano 2017, que organiza o Concello de Vilalba. Debido a un cambio de formato no galardón, esta é a única obra premiada aínda que o diñeiro que obtén é maior que o doutros anos, ascendendo a 7.000 euros.
O concelleiro de Cultura de Vilalba, José Antonio Pita, o director da Real Academia Española, Darío Villanueva, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o director do Grupo de Radio Principal, Fidel Fernán Vello, e o xornalista Xulio Xiz, foron os membros do xurado que emitiron o veredito.
A Casa da Cultura de Vilalba acolleu o luns 21 a presentación dos dous libros que resultaron vencedores o ano pasado. O primeiro premio foi entón para Xosé Otero Canto pola súa obra Telúrica. María Xosé Lamas, con Sonetos preposicionais, acadou o segundo posto. Ambos libros xa están á venda tras ser imprimidos pola editorial Alvarellos.”

Vilalba: recital poético solidario internacional Verso, ¿que traes? Esperanza

O vindeiro venres 16 de decembro ás 19:30 horas, no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, agardamos por vós na celebración do III Recital Poético Solidario Internacional, baixo o lema “Verso, ¿que traes? Esperanza”.
Todo o recadado no evento irá destinado á Campaña de Xoguetes da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Vilalba, cuxa iniciativa se chama “Os seus dereitos en xogo”. Con esta causa solidaria pretendemos levar xoguetes a máis dun cento de nenos e nenas da comarca da Terra Chá de entre 0 e 12 anos.
A venda de entradas realízase na Casa da Cultura de Vilalba e no Centro Cultural e Recreativo. Prezo: 3€.
Despois do recital farase un sorteo de libros cedidos e asinados polos autores que van recitar entre os asistentes ó acto.

Xosé Otero Canto e María Xosé Lamas, premiados no XLII Certame Literario de Vilalba

DesdeMaría Xosé Lamas 2014 Terra Chá.xa:
“Os poemarios Telúrica e Sonetos preposicionais -presentado baixo o lema “Un anaco de vida en catorce versos”- obteñen o primeiro e o segundo premio do XLII Certame Literario de Vilalba.
Xosé Otero Canto e María Xosé Lamas resultaron ser os autores de cada obra, respectivamente, polas que obterán 3.000 e 1.000 euros; ademais de flor natural e diploma.
O xurado da XLII edición do Certame Literario convocado polo Excmo. Concello de Vilalba e integrado por José Antonio Pita Paz, concelleiro de Cultura actuando como presidente; Darío Villanueva, presidente da RAE; María Carmen Gueimunde, Xefa Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en Lugo; Fidel Fernán Vello, Director do Grupo de Radio Principal; e Xulio Xiz, xornalista que actúa como secretario; daba a coñecer o fallo este luns 22 de agosto trala súa reunión na Casa da Cultura.”

Ribadeo: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 2 e domingo 3

OFeira do Libro de Ribadeo 2016 domingo 3 finaliza a III Feira do Libro de Ribadeo (no Parque de San Francisco), organizada polo Concello de Ribadeo, cos seguintes actos literarios destacados para estes dous días:

Sábado 2
13:00 h. Vermú literario con Francisco Castro arredor da súa novela Amor é unha palabra coma outra calquera, publicada en Galaxia.
19:30 h. Sinatura de Tempos de norte, con Mónica Justo e Roberto Martínez.

Domingo 3
12:30 h. Presentación de Novas lambetadas dunha larpeira feliz, de Merchi Rodal.
13:15 h. Conversa interxeracional con María Canosa: Dos Druídas ao DisParo.
18:30 h. Presentación de Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos, publicado por Galaxia.
19:15 h. Vicente Araguas presenta Manuel María: un home de mil pezas, publicado por Embora.
20:15 h. Presentación de As Catedrais: portas do misterio, de Xosé Otero Canto. Concellaría de Cultura de Ribadeo.