A terza feira 3 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, terá lugar unha palestra de Xosé Vázquez Pintor sobre O lume manso dos víveres galegos, dentro do ciclo Língua, Literatura e Naçom da A. C. O Facho.
Arquivos da etiqueta: Xosé Vázquez Pintor
Xosé Vázquez Pintor: “A temática é a fuxida, o marchar lonxe para comer”
Lalín: presentación de Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor
O venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas, no Museo de Lalín (Rúa Ramón María Aller, 9), preséntase Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Concellería de Cultura de Lalín, participan, xunto ao autor, Manuel Bragado e Marisa Vázquez.
Cangas: presentación de Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor
O xoves 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Maraxe (Avenida de Marín, 9), de Cangas do Morrazo, preséntase Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
Xosé Vázquez Pintor: “Esta novela [Antípodas] é un lóstrego na noite”
Tabela dos Libros de febreiro de 2015, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Como cada comezo de mes, na Tabela dos Libros danse a coñecer os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Agolada: Magosto poético e literario nos Pendellos
Melide: I Roteiro de Música e Poesía
Sairá da Praza do Convento ás 11:30 horas e, previa visita ao Museo, levarán música e versos á Praza das Coles, Castelo, A Moa, San Pedro, Biblioteca municipal Xosé Vázquez Pintor, Parque Rosalía de Castro e cruceiro e capela de San Roque.
Algúns dos participantes serán: Xosé Vázquez Pintor, Antom Laia, Xulio Álvarez, Xosé Iglesias, Yeiko, Chago Prado, François Davo, María José Fernández López, Ánxela López, Rodrigo Osorio, Paco Veiga, Soqui Cea, Xosé García Rodríguez, Teresa Ramiro e Diego QS, entre outros. Haberá música a cargo de Xurxo Souto, Carlos Da Aira, Pepiño Blanco, etc.
A Coruña: actos literarios destacados do sábado 9 na Feira do Libro
O sábado 9 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:
– 13:00 h. Paula Carballeira e o ilustrador Xosé Tomás presentan o seu libro A Burra Ramona, con sesión de ilustración e contacontos. Actividade organizada por Baía Edicións.
– 19:00 h. Presentación de Raros e curiosos, de Carlos López, publicado por Edicións Embora. Xunto co autor, participará no acto o escritor e xornalista Carlos G. Reigosa.
– 19:00 h. Diana Varela e Xulio Valcárcel asinarán na caseta de Editores Coruñeses.
– 20:00 h. Xosé Vázquez Pintor presenta o seu libro Columnas de papel 2, publicado por Morgante.
– 20:00 h. Sinatura de libros de Rubén Martínez Alonso na caseta de Consorcio Editorial.
– 20:00 h. Sinatura de O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila e Galiza Mutante: Poder Nuclear! e Alaia e a deusa, de Tomás González Ahola, publicados por Urco Editora, na caseta de Libraría Cartabón.
Radiocrítica do 21-07-2014, por Armando Requeixo
Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 21 de xullo en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López sobre Manual de fútbol, de Juan Tallón (I, 1:05); Columnas de papel 2, de Xosé Vázquez Pintor (II, 0:00); 3 x 3, editado por Antonio Gómez con poemas de Suso Díaz, Víctor Peña e Irene Albert (II, 4:06); Brinca Vai!, de Paco Nogueiras, ilustrado por David Pintor, con reprodución do tema A palabra ten vida (III).”
Pódese escoitar na versión orixinal nestas tres ligazóns.