Resolucións dos concursos literários da A. C. O Facho

A Agrupaçom Cultural O Facho tem a bem de informar das Resoluçons dos Concursos Literários convocados para o ano 2018.

Concurso de Contos de nenos para nenos
– Prémios da Categoría A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos):
Primeiro prémio: “O orfanato” de Marta Rodríguez González
Aluna do C.E.I.P Emilia Pardo Bazán (Corunha)
Segundo prémio: “A fábrica de nubes” de Andrea Ramos Casal
Aluna do IES Eduardo Pondal, Toronho-Culheredo (Corunha)
– Prémios da categoría B. (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos):
Primeiro prémio: “A princesiña peideira” de Rosiña García Iglesias
Aluna do C.P.I. Cruz do Sar, Bergondo (Corunha)
Segundo prémio: “Catro segundos” de María Carballo Rodríguez (Corunha)

Concurso de Poesia
Obra Ganhadora: “Dialética”. Autor: Daniel Barral Calvo

Concurso de Teatro Infantil
Obra Ganhadora: “Pingas”. Autora: Adela Clorinda Figueroa Panisse

O acto de entrega de prémios celebrara-se em:
Dia: 01 de Junho do 2018 – Hora: 7,30 do serám
Local: Portas Ártabras. Rua Sinagoga 22
Cidade Velha – Corunha

Corunha, 17 de Maio do 2018
J. Alberte Corral Iglesias
Presidente d’O Facho”

José Alberte Corral Iglesias doará á RAG os seis mil libros da súa biblioteca persoal

Desde a Real Academia Galega:
José Alberte Corral Iglesias lega no seu testamento á Real Academia Galega os seis mil volumes que compoñen a súa biblioteca persoal. Así o anunciou nun acto no que, acompañado da súa dona, Dores Valcárcel Guitián, e do presidente da RAG, fixo entrega simbólica dunha pequena mostra da doazón que inclúe o álbum de Xaime Quessada Imaxen surreal de Galicia (1977). Xesús Alonso Montero agradeceu a decisión do doador e salientou que coa futura entrega dos seus libros a RAG pasará a custodiar “unha das bibliotecas marxistas máis importantes que hai en Galicia”.
José Alberte Corral Iglesias xustificou a escolla da RAG para esta doazón na defensa que a institución fai da lingua e da cultura galega, así como na importancia que esta tivo para el desde moi novo precisamente por ese motivo. “Para min a Real Academia Galega é unha institución de referencia desde a adolescencia, foi fulcral para a toma de conciencia cívica dos galegos (…). Con esta doazón quero contribuír á base do estudo e a investigación de cara ao futuro”, expresou.
O doador perdeu a súa primeira biblioteca persoal en Latinoamérica, onde marchou escapando da represión franquista. Refuxiouse no Chile gobernado por Salvador Allende, pero alí tamén sufriu a barbarie da ditadura. “Aquela biblioteca inicial queimáronma cando o golpe de estado”, recorda. Entre as páxinas destruídas polo lume figuraban primeiras edicións de hoxe clásicos galegos que lle acababa de enviar o seu pai nun baúl. Os seis mil volumes que pasará a custodiar a RAG tras o seu pasamento son os que foi mercando posteriormente, entre os que figuran algunhas edicións históricas de obras de Eduardo Blanco Amor ou Ramón Otero Pedrayo que conseguiu de regreso a Galicia en tendas de vello. Pero o que máis abonda nesta biblioteca son os títulos de ensaio e de literatura latinoamericana adquiridos durante os anos que viviu en Arxentina e Venezuela, con numerosos exemplares difíciles de atopar a esta beira do océano e non reeditados desde hai tempo, detalla.
José Alberte Corral é escritor e preside a Agrupación Cultural O Facho, á que leva décadas vinculado. A entidade, nada na Coruña en 1963, xogou un papel activo na defensa da lingua e da cultura galegas nos duros anos do franquismo. En 2012 O Facho doou á Real Academia Galega os fondos da súa biblioteca, ademais de numerosos cadros, unha importante colección de carteis e o seu arquivo documental.”

Vigo: presentación de A Pena do Vigia, de José Alberte Corral Iglesias

AJosé Alberte Corral Iglesias quinta feira 24 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102), en Vigo, preséntase A Pena do Vigia, de José Alberte Corral Iglesias, publicado por Guímaro Editora. No acto, o autor estará acompañado por Carlos Garrido.

Lugo: Cultura ciclostil. Xornada de pequena edición

Cultura ciclostil

A Coruña: presentación de A Pena do Vigia, de José Alberte Corral Iglesias

A José Alberte Corral Iglesiasterza feira 26 de abril, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, preséntase A Pena do Vigia, de José Alberte Corral Iglesias, publicado por Guímaro Editora. No acto, o autor estará acompañado por Xabier P. DoCampo.

Ferrol: presentación de A Pena do Vigia, de José Alberte Corral Iglesias

A José Alberte Corral Iglesiassexta feira 8 de abril, ás 20:00 horas, na Fundaçom Artábria (Travessa de Batalhons, 7), de Ferrol, preséntase A Pena do Vigia, de José Alberte Corral Iglesias, publicado por Guímaro Editora. No acto, o autor estará acompañado por Maurício Castro.